Axuntar

comité expertos axuntar
LINGUA

Asturianos galegofalantes denuncian ante o Consello de Europa as políticas de "exterminio amábel" do galego no Principado

Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias, trasladou o “trato incorrecto” que o Goberno do Principado dá a esta lingua. A poboación asturiana que ten o galego como lingua nai baixou 38% en 30 anos.

Presentación do 'II Informe sobre a lingua del Eo-Navia' o mes pasado en Santalla de Ozcos. (Foto: Axuntar)
LINGUA

O galego de Asturias, unha lingua en desvantaxe ante o asturiano e o español

O galego de Asturias, que se fala principalmente na comarca do Eo-Navia, padece unha tripla minorización ao carecer de regulación especial, ao estar "abandonado" por parte dos responsábeis políticos e lingüísticos asturianos e polo feito de que estes últimos non utilicen un "glotónimo" conforme á súa dignidade como idioma, denuncia Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias.