A asemblea que demandou máis autogoberno para Galiza volve 500 anos despois
O Centro Sociocultural Mingos de Pita, en Melide, acolleu a presentación dunha publicación que documenta a Asemblea de Melide decorrida en 1520, xuntanza que tivo consecuencias políticas no Reino da Galiza.
Actualizar o Estatuto sería unha viaxe a ningunha parte, di Feixoo
Era 2010 e Alberto Núñez Feixoo levaba un ano como presidente da Xunta cando expresou o seu compromiso de presentar naquela lexislatura (2009-2012) unha "reforma constitucional" do Estatuto de Autonomía. Máis dunha década despois, aquel “compromiso” non só fica pendente senón que Feixoo é contrario a abordalo.
12 anos sen transferencias e a Xunta só ve un "atraso"
Galiza leva sen conseguir novas transferencias desde que hai 12 Alberto Núñez Feixoo chegou á Xunta. Porén, o Goberno galego estima que "o ritmo" de transferencias só se "atrasou".
O PP rexeita solicitar novas competencias para Galiza
A Xunta considera que antes de pedir novas competencias para Galiza, é preciso que o Estado financie aquelas coas que xa se conta. Pospoñen así o avance do autogoberno galego, logo de que durante os 12 anos dos Executivos de Núñez Feixoo non se lograse ningunha nova transferencia.
A aposta do PSdeG para Galiza: reforma estatutaria e máis autogoberno
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu o "compromiso federalista" da súa formación nun acto con motivo do 40º aniversario do Estatuto de Autonomía de Galiza, en que tamén participaron o ex ministro do Goberno español Francisco Caamaño e o catedrático da USC Ramón Maiz.
Día Nacional (e laboral) no País de Gales
Urkullu reclama unha consulta “legal e pactada” sobre o futuro de Euskadi
O lehendakari vasco considera que cómpre levala a cabo para “modernizar, afondar e garantir” o autogoberno. EH Bildu pídelle que lidere o “salto cualitativo da autonomía á soberanía” e o PP acúsao de estar “a xogar con lume”.
Feijóo, o presidente das cero transferencias
Ningunha nova transferencia de competencias para Galiza en case nove anos de goberno. O balanzo de Núñez Feijóo mostra ás claras a idea e visión que o PP ten do autogoberno, máis próxima a unha simple oficina de xestión administrativa supeditada ao centro de decisión política de Madrid do que a un goberno de seu dunha nacionalidade histórica (como estabelece a constitución española do 78).
A manifestación pola liberdade dos “Jordis” convértese nun clamor contra a supresión do autogoberno
O president da Generalitat, Carles Puigdemont, e o resto do seu Govern encabezaron, da man de entidades e forzas políticas soberanistas, a manifestación que reclamaba a liberación de Jordi Sánchez (ANC) e Jordi Cuixart (Òmnium). A mobilización foi a primeira réplica, multitudinaria -450 mil persoas segundo a Garda Urbana-, á validación das medidas coercitivas anunciadas por Mariano Rajoy na mañá do sábado.
Contra a corrupción, o espolio e o centralismo: Democracia, Autogoberno, Soberanía
Hoxe non é un día para grandes conmemoracións pero si para renovar as nosas reivindicacións.
A Constitución do 78, nacida dun pacto cos poderes herdeiros do franqismo moribundo, tentou poñer cancelas á democracia e non nos recoñece como pobo, non nos recoñece como nación.
Por iso os nacionalistas daquela non a refrendamos.
Feijóo eludiu demandar máis autogoberno e centrouse na suposta melloría da economía
A estratexia de Monte Pío no debate foi a de vender que o país está mellor que hai un ano.
Ao benestar polo autogoberno
As políticas da austeridade e recurtes da dereita europea non foron respostadas a xeito polos partidos socialdemócratas estatais. Velaí que o sistema que máis calidade de vida xerou na historia recente da humanidade fose recurtado en grande medida sen que o centro-esquerda fose quen de propór con forza, no nível europeo, un discurso do crecemento e da cohesión social.