Aurelia Rey

SOCIAL

"Non van facer máis negocio comigo; eu só falo cos da rúa, son os que me defenden"

Aurelia Rey desminte taxativamente o ruxe-ruxe que a situaba este sábado ás dez da noite nun plató da canle española privada Telecinco como convidada no programa El gran debate

EDITORIAL Aurelia como símbolo

  A historia da anciá coruñesa Aurelia Rey -a quen estes días atrás tentaron despexar da súa morada por se demorar no pagamento de apenas un mes de aluguer- simboliza á perfección como vai a partida da crise, quen gaña por goleada e quen perde. Temos no goberno do estado un ministro, o de Facenda, que promoveu unha lexislación para os ladróns de luva branca poderen branquear os seus botíns.
SOCIAL

O TSXG non vai paralizar o despexo de Aurelia: "o problema social é alleo ao xudicial"

O presidente do Tribunal, Miguel Ángel Cadenas, di que "ninguén pode escoller que leis cumprir" e fai extensíbel esta declaración non só á comisión xudicial encarregada da execución hipotecaria, senón tamén a policía local e bombeiros
SOCIAL

A Radio Galega di de Aurelia que "só se move por cartos"

Foi este o titular empregado nos informativos da emisora pública para resumir a situación da anciá da Coruña que podería quedar sen casa por demorar no pagamento dun mes de alugueiro. Namentres, o apoio aos bombeiros que non quixeron facer parte do despexo medra e xunta máis de 30 mil sinaturas
SOCIAL

Stop-desafiuzamentos A Coruña: "Estamos a aturar unha ideoloxía neoliberal e opusdeísta"

A plataforma quéixase da actitude da familia Pereira, propietaria do edificio en que mora Aurelia Rey. O avogado, fillo da dona da casa, non se atopa na cidade estes días. Aínda sabendo que o desafiuzamento de Aurelia estaba marcado para a segunda feira, día 18, marchou a Roma para asistir aos actos de despedida do papa Bento XVI

Aurelia resiste! O pobo avanza!

As engurras que agochan 85 anos de vivencias, o sorriso delicado, a tenrura nos ollos... Mais non é fráxil. Aurelia Rei, a veciña da Coruña sobre a que pesa unha orde de desafiuzamento, amosa a súa bravura cada vez que descende os chanzos que a levan ao portal do número 9 de Padre Feijóo, onde a esperan, con entusiasmo, as centos de persoas que desde o luns impiden o desaloxo da anciá.
Aurelia
Galiza

Juárez nega as cargas ante o portal de Aurelia e afirma que a policía "só opuxo a forza dos seus corpos contra outros corpos"

O delegado do Goberno español en Galiza, Samuel Juárez, non debe ter acceso nin as fotografías de imprensa nin a imaxes de televisión. Por iso nega que houbese cargas policiais esta segunda feira perante o portal de Aurelia. Segundo a versión, a actitude da policía foi só defensiva. "A policía só opuxo a forza dos seus corpos contra outros corpos, dixo, alén de enfatizar que non se empregaran medios antidisturbios. O despexo de Aurelia podería ter sido aprazado até a vindeira semana. Porén, Stop Desafiuzamentos non se fía e manterá as quendas. Aurelia só aceitaría mudarse a unha morada na contorna daquela na que vive.


SOCIAL

Aurelia Rey: "Se me van botar, por que non o fan polas boas no canto de mallar na xente?"

A presión da rúa e a desobediencia reiterada de dúas unidades de bombeiros permitiron que esta coruñesa de 85 anos nos atenda aínda na súa casa
SOCIAL

Centos contra o despexo de Aurelia

SOCIAL

Antidisturbios mallan no deputado Jorquera e en edís de BNG e EU, mais non conseguen botar Aurelia da casa

A policía española emprendeu unha carga contra @s manifestantes por volta das 13.45h, aproveitando que a convocatoria estaba practicamente disolta ao lles comunicaren ás 13h que o desafiuzamento desta muller de 85 anos non se executaría hoxe. Dúas unidades de bombeiros negáronse a facer parte da execución hipotecaria e desobedeceron a orde de cortar a cadea do inmoble
SOCIAL

Amoréase a xente na rúa para apoiar a Aurelia

En apenas 15 minutos despexan Aurelia, unha ancián de 85 anos, por demorarse no pagamento do seu alugueiro. Hai xa unha morea de xente na rúa Padre Feixóo, na Coruña, en solidariedade con esta nova vítima da lei que regula os desafiuzamentos.