Un activista de 74 anos enfróntase a un xuízo polo desafiuzamento de Aurelia Rei
Nicanor Acosta, activista de Stop Desafiuzamentos, será xulgado este martes na Coruña por participar nas mobilizacións contrarias ao despexo da anciá Aurelia Rei en febreiro de 2013.
A xustiza avala a sanción contra o bombeiro que rexeitou desafiuzar a Aurelia Rey
O xulgado do contencioso-administrativo da Coruña ratificou a multa de 600 euros imposta a Roberto Rivas por "alteración da seguridade cidadá".
O bombeiro que se negou a desafiuzar a Aurelia Rey será xulgado por “alteración da orde”
O bombeiro que se negou a cortar a cadea que bloqueaba o portal da casa de Aurelia Rey será xulgado o vindeiro xoves día 4 por “alteración da orde pública”.
[email protected] pola defensa de Aurelia terán que presentar novas alegacións
A instrutora non admite as probas testificais solicitadas [email protected] activistas e intenta impedir que poidan rebater directamente a versión policial.
[email protected] pola defensa de Aurelia terán que presentar novas alegacións
A instrutora non admite as probas testificais solicitadas [email protected] activistas e intenta impedir que poidan rebater directamente a versión policial.
Novas multas de Subdelegación do Goberno por se mobilizar contra despexo de Aurelia
Stop Despexos informa que esta semana chegaron propostas de sanción a outras dúas persoas, sendo xa 13 as represaliadas por participar nos protestos de Auelia Rey
[email protected] por evitar o despexo de Aurelia recorren as multas que lles impuxo Juárez
Un cento de persoas acompaña a presentación de recurso contra as multas impostas por participar nas mobilizacións contra o desafiuzamento, entre elas Francisco Jorquera e varios bombeiros, que contaron co apoio de [email protected] polas preferentes. Denuncian a “criminalización” que practica o delegado do Goberno
AGE pide a medalla do mérito para os bombeiros que se negaron a despexar a Aurelia
Alternativa solicitará en Comisión parlamentar que se recoñeza a desobediencia contra o desafiuzamento da coruñesa que a subdelegación do goberno español castigou con multas que tamén recibiron concelleiros de BNG e EU ou o portavoz nacionalista Francisco Jorquera.
Delegado do Goberno acusa a Jorquera de manipular politicamente o despexo de Aurelia e pídelle ao BNG unha condena clara de RG
Samuel Juárez afirma, nunha entrevista en La Voz de Galicia, que no expediente aberto ao portavoz parlamentar nacionalista a policía “aturou acometidas de bárbaros”. Aliás, sinala que cando goberna o PP "hai partidos interesados en incendiar a rúa" e di que Resistencia Galega comparte obxectivos con "grupos políticos".
O Goberno español expedienta o deputado Jorquera e dous edís da Coruña en relación ao despexo de Aurelia Rey
Son oito as persoas ás que a subdelegación da Coruña impuxo unha pena pecuniaria que ascende a 600 euros. A policía española considera que era o voceiro parlamentar do BNG a "cabeza visíbel" do protesto que logrou frear até dúas veces en poucas horas o despexo da anciá de 85 anos e sanciona tamén os edís Xosé Manuel Carril (BNG) e César Santiso (EU) por "impedir a actuación da comisión xudicial". O bombeiro que se negou a cortar a cadea do portal é outro dos expedientados
O “sotaque” de Aurelia
A cobiza axexando a costureira. Sainete ou drama? Podería ser un cantar de cego, unha forma de absurdo contra o silencio especulador. O desaloxo pola forza dunha anciá. A súa voz soa (fermosa moradía) contra os especuladores: o seu seseo (implosivo e explosivo), as ultracorreccións en castelán, esa prosodia de arrastre. Porque digámolo xa, o “sotaque” do galego de Aurelia tamén ten algo de desafiuzamento. A muller é despoxada dun espazo que non será de seu, pero que xa lle pertence en recendos, en sabores, en memoria viva. Coma a súa fala, que posúe o sabor da lingua de antano. “Pa onha pallosa que vaian eles! Son ghente muy hodida!” Semella que nacese da súa voz un desaloxo máis amplo. Estandariza o trazo cotián nun harmónico de pronuncias que saben a centeo.
Triunfa o 'mobbing inmobiliario': Aurelia Rey xa fixo a mudanza
Após botala fóra por demorar no pagamento dun mes de arrendamento, á propietaria quédalle libre a vivenda, nunha das rúas máis cotizadas da Coruña
Suspendido o xuízo contra 4 activistas que frearon o despexo de Aurelia
A policía non especificou cal é o delito que lles imputa. Unha visita de estudantes do colexio privado Peñarronda, vinculado ao Opus Dei e financiado pola Xunta, fixo que familiares e persoas que quixeron solidarizarse coas e co [email protected] tivesen que ficar fóra da sala do xuízo