audiovisual

A cineasta Uxía Gayoso foi galardoada pola curtametraxe 'Noitevella 1999'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Uxía Gayoso: "A curta 'Noitevella 1999' naceu a raíz de atopar a cámara que regalaran aos meus pais ao casaren"

Uxía Gayoso foi galardoada co Premio Supernova no Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto pola súa obra 'Noitevella 1999', unha curta que reproduce as gravacións atopadas dunha familia que agarda con incerteza o cambio de século e as súas posíbeis consecuencias.
'A rabia', de Alberto Díaz.
star
CULTURA

Vilagarcía vibra co cinema fantástico e de terror

En poucos anos, o 'Curtas. Festival do Imaxinario' de Vilagarcía de Arousa, que estes días celebra a súa 51ª edición, logrou converterse no gran referente galego do cinema fantástico, ademais de manterse como o festival de cinema máis veterano do país. Porén, a organización -que só conta co apoio do Concello- segue soportando numerosos obstáculos para financiar o evento, e busca nova fórmula para que o evento non desapareza do mapa cultural da Galiza.
Marcos Gallego é operador de cámara e realizador audiovisual (Foto: Sam Ponsford).
Contracultura

Marcos Gallego: "Moita xente non sabe que na ría de Pontevedra se cazaban baleas coincidindo coas festas"

Marcos Gallego (A Veiga, comarca de Valdeorras, 1958) é un dos organizadores de Mares da Fin do Mundo, un festival comprometido coa creación audiovisual, mais tamén co medio marítimo e o sector pesqueiro, e que se celebrará en Outes (comarca de Noia) até o 5 de novembro.
'Mmrrssmm... Xeosónica', de Andrés Mahia, un dos filmes a concurso.
star
Mares da Fin do Mundo

Outes mostra a cultura marítima desde o cinema

Mares da Fin do Mundo é unha mostra de cine documental que, desde Outes, conéctase con todo o mundo por vía marítima. A cultura do mar, vista desde as máis dispares perspecytivas, é analizada nos filmes que se proxectarán do día 1 ao 5 de novembro, nun festival comprometido coa defensa e difusión dos mares e cos valores da pesca artesanal.
Fotograma do filme ' Alicia fai cousas'.
star
CULTURA

Imaxes e pensamento en movemento

Esta fin e semana remata o festival Intersección na Coruña. Ao longo destes días, a mostra exhibiu unha escolma de traballos galegos realizados nos dous últimos anos que inclúe propostas que abordan temáticas a través das cales podemos debuxar a cartografía dos intereses e conflitos da Galiza -e do mundo- contemporánea.
A cineasta Marta Valverde recibiu o galardón GZ_00 no festival de cinema FICBueu (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Marta Valverde: "Coa miña curta quería facer que a xente se preguntase cousas que nunca antes pensara"

Marta Valverde, cineasta, recibiu o galardón na categoría GZ_00 do FICBueu pola súa curta 30’ 70 60’ 120, na que busca retratar unha cara da prostitución “que non ten nada que ver coa imaxe que temos normalmente na nosa cabeza”.
Acto de clausura do Curtocircuíto.
Cinema

Palmarés: estas son as películas gañadoras do Festival Curtocircuíto

O popular certame pon o ramo á súa vixésima edición.
Ilustración do Xabarín Club realizada por Kiko da Silva.
LINGUA

A Mesa denuncia que "non se están a cumprir" os acordos da Iniciativa Xabarín que conta con 33.000 sinaturas

A Cámara galega aprobou por unanimidade varios puntos da iniciativa Xabarín que comprendían accións como que a Corporación de Radio Televisión da Galiza aumentase a oferta en galego destinada á infancia e mocidade a través do reforzo e a promoción das catro canles dixitais Xabarín coas que conta a CRTVG.
Fotograma de 'O corno'. (Foto: Esnatu Zinema)
Cinema

CRÍTICA | 'O Corno': comendo amoras

Crítica da película 'O corno', de Jaione Camborda, polo xornalista do diario vasco Berria Urtzi Urkizu.
Fotograma de 'O corno'. (Foto: Esnatu Zinema)
Cinema

CRÓNICA | Festival de Donostia: dando a luz unha sororidade cinematográfica

Crónica do xornalista cultural do diario vasco Berria Urtzi Urkizu sobre a 71ª gala de premios do Festival Internacional de Cinema de Donostia, no que a cinta galega 'O corno' levou a Cuncha de Ouro.
Jaione Camborda, coa Cuncha de Ouro. (Foto: Raúl Terrel / Europa Press)
Cinema

Jaione Camborda fai historia con 'O corno': "A diversidade enriquécenos e fainos máis libres"

A cinta é a primeira rodada en galego e de produción galega en gañar un festival de cinema de clase A.
O equipo do filme 'O Corno', onte en Donostia (Euskadi). [Foto: Xunta da Galiza]
Cinema

'O Corno', primeiro filme en galego que compite pola Concha de Ouro, debuta en Donostia

"Espero que o festival poida darnos unha visibilidade que no cinema de autor sempre é necesaria para chegar ao público", sinala a directora da cinta, Jaione Camborda, sobre a nominación na sección oficial do Festival de Donostia.
A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividad González; o director de Agadic, Jacobo Sutil; a concelleira de Capital Cultural de Santiago, Miriam Louzao, e o director artístico do festival, Pela del Álamo. (Foto: Europa Press)
CULTURA

Curtocircuíto celebra o 20º aniversario con máis de 50% de películas dirixidas por mulleres en competición

O festival reinvéntase cunha nova sección, Cosmos, para "romper barreiras territoriais e de xénero e co estigma do experimental".

A cineasta Diana Gonçalves. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Diana Gonçalves: "O Chanfaina Lab, alén da experimentación e da creación, xera vínculos co lugar e coas persoas"

A cineasta Diana Gonçalves foi unha das convidadas da oitava edición do Chanfaina Lab, tres días de creación audiovisual colectiva en San Sadurniño (Ferrolterra) nos que participan persoas de diversas idades, traxectorias e experiencias.
Presentación da sétima edición dos Premios 'Youtubeiras' en Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Aberto o prazo de inscrición da sétima edición dos Premios Youtubeiras: como podo participar?

Os galardóns repartirán até 7.500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías, incluído o premio do público.
Anunciador da Semana de Cine de Lugo nunha rúa da cidade (Foto: Nós Diario).
star
Cinema

A semana de cine de Lugo celebra 45 anos cunha homenaxe aos irmáns Coira

A sétima arte será, outro ano máis, o protagonista por estas datas, da programación cultural lucense. O Grupo Fonmiñá trae á cidade 135 filmes, entre sección oficial e outras, cunha importante presenza de obras galegas.
Fotograma do filme 'Farha', de Darin J. Sallam.
CULTURA

Un ciclo de cinema para reivindicar os dereitos da infancia

A Fundación Araguaney convida a acudir ao ciclo 'Cinema e dereitos da infancia. Construíndo un mundo mellor'.
'Rainer, a Vicious Dog in a Skull Valley', de Bertrand Mandico.
star
Cinema

A vangarda audivisual cítase en Curtocircuíto

A Sección Oficial do festival Curtocircuíto de Santiago de Compostela xa ten feitas as súas escollas e o resultado é heterodoxo e heteroxéneo: cine narrativo, ensaio fílmico, documental, cinema abstracto... Algúns dos nomes máis audaces da creación cinematográfica actual estarán presentes no encontro, no que o 50% das producións están lideradas por mulleres.
Dorothé na vila.
Agora

O documental 'Dorothé na vila', sobre o legado de Schubarth, xa en aberto

A pasada semana finou en Xenebra a etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, unha das persoas que máis fixeron pola recuperación e posta en valor do folclore musical da Galiza. E co gallo do seu pasamento os directores Alejandro Gándara e Olaia Tubío veñen de pór en aberto, a través da plataforma Vimeo (nesta ligazón), o documental Dorothé na vila, unha obra que segue o rastro de Schubarth no seu percorrido pola Galiza desde finais dos anos 70, nun periplo que as levou a descubrir as historias que se agochan tras o Cancioneiro Popular Galego.
Crianzas dunha Escola Semente (Foto: Semente).
Ensino

VÍDEO | Das Irmandades da Fala á Semente: un documental afonda nos cen anos das Escolas de Ensino Galego

A rede de escolas Semente presenta o documental 'Aprender na língua própria'.