audiovisual

Rodaxe hoxe no cárcere vello de Lugo. (Foto: Nós Diario)
Cinema

'Prefiro condenarme', o novo filme de Margarita Ledo que iniciou hoxe a rodaxe

O filme, igual que outros da autora como A cicatriz branca ou Nación, volverá estar producido pola produtora Nós.
Un fotograma da serie.
Televisión

‘Os Argonautas e a Moeda de Ouro’, a nova serie que poderás ver en galego

A serie infantil está dispoñíbel na nova plataforma dixital da TVG.
María Vázquez en 'Matria' de Álvaro Gago.
Cinema

173 producións preséntanse este ano aos Premio Mestre Mateo: estas son as candidatas

Producións de grande éxito como O corno ou Matria, entre os filmes a concurso.

Un fotograma da curtametraxe 'Habitar', de Anxos Fazáns (Foto: Nós Diario).
star
CULTURA

O festival Norte Cinema Diverso busca curtas en galego

As curtametraxes de temática LGBT+ serán as protagonistas na Coruña entre o 29 de febreiro e o 2 de marzo por iniciativa da asociación Palestra. A cita comezará no Teatro Colón da cidade herculina co visionado da obra Habitar, de Anxos Fazáns.
A artista Miriam Rodríguez crea pezas de videopoesía (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Miriam Rodríguez: "Busco unha terceira narrativa: as imaxes din unha cousa, o texto outra e ao xuntalas hai un diálogo"

Miriam Rodríguez (Mos, comarca de Vigo, 1984), vén de ser galardoada no Certame de Curtas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) pola súa peza Arden as bruxas, realizada a partir do poema homónimo de Paula Carballeira.
Fotograma de 'Nación', de Margarita Ledo. (Foto: Nós Produtra Cinematográfica Galega)
Cinema

Filmin cataloga máis de 80 filmes de autoría galega ou en galego

Ficción, real, clásicos e estreas en Cinemas_Gal.
Benedicta Sánchez e Amador Arias, nun fotograma de 'O que arde' (Foto: 4A4 Productions / Miramemira / Tarantula).
star
CULTURA

Galiza e Portugal, unha identidade que traspasa fronteiras: Porto expón obras que se interrogan sobre o territorio común

A exposición 'Norte Silvestre e Agreste', patente na Galería Municipal do Porto até o vindeiro 10 de marzo, interrógase sobre a identidade dese territorio que abrangue a Galiza e o norte de Portugal a través dunha indagación no territorio e nunhas formas de vida, mitoloxías e narrativas que se transforman co tempo mais que manteñen trazos comúns que permiten falar dunha identidade compartida.
O cineasta Jorge Boquete (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Jorge Boquete: "Ser a primeira serie en galego en recibir o galardón a Mellor episodio piloto é un orgullo"

Jorge Boquete (A Coruña, 1991) é o director da webserie A arte de ser (mal) pai, que fora galardoada co premio do público durante a pasada edición do Carballo Interplay e que vén de ser recoñecida como a primeira serie en galego en alcanzar o galardón mellor episodio piloto do Festival Serielizados.
Presentación de 'Un ronsel de futuro'.
CULTURA

Unha webserie documental explora a Rede de Museos de Lugo

O obxectivo fundamental do proxecto é amosar os contidos materiais e emocionais dos museos a través dunha historia de ficción, así como documentar a historia e o patrimonio. 
O actor Richard Franklin encarnando o capitán Mike Yates na popular serie 'Doctor Who'. (Foto: BBC)
Obituario

Morre o actor Richard Franklin, coñecido por 'Doctor Who' e 'Star Wars', aos 87 anos

O intérprete levaba un longo tempo loitando contra unha enfermidade da que a súa familia non deu moitos detalles e finalmente faleceu este día de Nadal.
Álvaro Pérez leva máis dunha década traballando no sector cultural galego. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Álvaro Pérez: "É un orgullo poder sentarnos a falar empresas, profesionais e asociacións sindicais"

Álvaro Pérez (A Coruña, 1989) é o presidente da Academia Galega do Audiovisual, unha das sete entidades que conforman a recentemente creada Mesa do Audiovisual Galego xunto coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia, a Asociación Sindical Galega de Guionistas, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, o Clúster Audiovisual Galego, a Asociación de Profesionais da Dirección e Realización e a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema.
Un fotograma de 'A procura da estrela'.
Pontevedra

Todo sobre a oitava edición de Novos Cinemas

O programa do festival contempla a proxección de pezas do taller que Novos Cinemas realiza en colaboración coa Universidade de Vigo e impartido polo cineasta Berio Molina.

O director Lois Patiño. (Foto: Julia Llerena)
star
Reportaxes

Lois Patiño, camiño de perfección

Premio Especial do Xurado na competencia "Encounters" do Festival de Berlín, a terceira longametraxe do galego Lois Patiño, Samsara, estréase nos cinemas o próximo 20 de decembro. E é a través da comuñón colectiva dunha sala escura como mellor se pode gozar a sublime experiencia meditativa e sensorial que nos propón este filme cargado de emoción e de beleza, unha das obras maiores de 2023.
Itizar Castro, na estrea da película 'Black Panther: Wakanda Forever' en Madrid, o pasado ano. (Foto: Francisco Guerra / Europa Press)
Obituario

Falece aos 46 anos a actriz Itziar Castro

No plano artístico Itziar Castro destacou pola súa participación en series de televisión como 'Vis a vis' ou 'Paquita Salas', e tamén na 'gran pantalla' con títulos como 'Campeones' ou 'Pieles', que lle valeu a candidatura a 'mellor actriz revelación' nos Goya.
'Emigrantas' de Kirenia Danza.
CULTURA

Unha serie audiovisual mostra oito experiencias singulares da danza contemporánea

O que pode a danza é o novo produto audiovisual co que o Consello da Cultura Galega (CCG) se achega ao sector das artes do movemento.
Fotograma de 'Matria', do director vigués Álvaro Gago. (Foto: Vinte Media)
Cinema

María Vázquez, candidata a mellor actriz nos Premios Feroz por 'Matria'

'O Corno', candidata a mellor cartel, e a serie 'Rapa', rodada na Galiza, suma dúas candidaturas.

Fotograma de 'Toxos', de Jacqueline Reimúndez e Anxo Cambón.
Cinema

Facom Fest, o festival de cinema do estudantado galego

A selección inclúe numerosas estreas, pero tamén obras con traxectoria previa en festivais. O festival comezará a próxima semana.
O director vigués Bruno Arias. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Bruno Arias: "Xela morreu cando eu tiña cinco anos; o documental fala sobre esa ausencia"

Bruno Arias vén de estrear a súa primeira película no Festival Cineuropa, en Santiago de Compostela. Neste documental, 'Os espazos en branco', o director vigués trata desde unha perspectiva moi persoal a ausencia na súa vida da súa tía, a escritora Xela Arias; o sentimento de perda na familia e como é coñecer un ser querido a través dos relatos doutras persoas.
A artista Janet Novás. (Foto: Antonio Urquijo)
star
Entrevistas

Janet Novás: facendo que o corpo conte

Que ninguén pense que o de Janet Novás (O Porriño, 1982) foi chegar e bicar o santo. O éxito como protagonista de 'O Corno' (Jaione Camborda, 2023) chégalle tras dúas décadas bailando, nas que se esforzou en investigar sobre o corpo como ferramenta de comunicación. Todo o achado pono agora en mans doutras bailarinas cunha montaxe, 'Proto (SN1806)', que xira arredor das supernovas, das estrelas que ao morrer estoupan. Como elas, Janet quere que o fulgor da película sirva de foco para darlle visibilidade á súa gran paixón: a danza.
Meania Cruz nunha escena da película.
CULTURA

Bruno Arias debuta como director cun filme sobre a figura de Xela Arias

'Os espazos en branco', producida por Serea Films, reflexiona sobre esas persoas que nos inspiran e que admiramos e sobre como esas persoas constrúen as nosas personalidades, intereses e ambicións.