Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A oferta de Médicos Residentes Ausentes (MIR) resulta insuficiente para cubrir as 1.533 baixas por xubilación que se producirán nestes anos. Os rexistros do país son os peores de todo o Estado español.
A Atención Primaria enfronta unha situación límite na Galiza. Neste sentido, os propios informes elaborados polo Ministerio de Sanidade sitúan os centros de saúde galegos entre os peor dotados do Estado. A elevada media de idade do colectivo médico apunta a un empeoramento da calidade asistencial.
A falla de facultativos déixase notar na calidade asistencial do sistema sanitario galego. Os recortes aplicados polas diferentes Administracións teñen provocado unha redución e un envellecemento nos cadros de persoal.As escasas ofertas de prazas MIR da Xunta teñen agudizado o problema na Galiza.