Asociación de Matronas: "Os contratos ofrecidos polo Sergas están a provocar a marcha cara Euskadi e Catalunya"
Consumo quere eliminar o 902 nos servizos de atención á clientela
Perto dun ano de espera pola tramitación da dependencia
Facenda veta o galego na atención telefónica
Mentres circula a campaña “Eu declaro en galego. É lóxico. Por dereito”, Facenda ordena ás traballadoras e traballadores empregar o castelán para a atención telefónica. Veta o galego, o catalán e o vasco.
A Mesa denuncia que a exclusión do galego na atención telefónica provoca despedimentos
Máis unha empresa do sector da atención telefónica vén de comunicar un ERE que lle afecta a 205 traballadores e traballadoras do centro da Coruña. A Mesa pola Normalización Lingüística advirte da necesidade de reclamar atención en galego para evitar os despedimentos.
Unha cadea humana une Malpica pola atención educativa domiciliaria
De “éxito absoluto”. Así cualificou Javier Sánchez, o presidente das ANPAS galegas, a cadea humana que uniu a casa de Hadrián á escola para reclamar unha correcta atención educativa domiciliaria.
A Confederación de Anpas reclama garantir a atención educativa domiciliaria
A Confederación de Anpas esíxelle á Xunta de Galiza que garanta a educación educativa domiciliaria, a través dunha serie de medidas que beneficiarían casos como o de Hadrián, o rapaz con leucemia que carece dunha atención domiciliaria acorde coas súas necesidades.
As prestacións sociais blindadas polo PP: a educación en castelán e a atención sanitaria na privada
A reversibilidade dos dereitos sociais nun contexto de crise é unha mostra máis da necesidade de superar este marco constitucional. As prestacións sociais son hoxe coma un acordeón cun fol que abre ou pecha ao arbitrio das reformas lexislativas e orzamentarias e sen o amparo constitucional que teñen outras previsións que comprometen o orzamento, caia quen caia, como é o pago da débeda do artigo 135. Por iso é preciso camiñar cara unha blindaxe dos dereitos sociais co principio de non regresión como guía.
Reclaman da Xunta que poña fin ao "desastre" na atención oncolóxica
O servizo de radioloxía oncolóxica no Meixoeiro, en Vigo, está nunha situación extrema despois do fiasco xudicial que obrigou a devolver o novo acelerador. O BNG reclama explicacións e pide que se integre na xestión pública.
O BNG reclama da Xunta que poña fin ao "desastre" na atención oncolóxica en Vigo
O servizo de radioloxía oncolóxica no Meixoeiro, en Vigo, está nunha situación extrema despois do fiasco xudicial que obrigou a devolver o novo acelerador. O BNG reclama explicacións e pide que se integre na xestión pública.
O Sergas contrata a atención telefónica por un ano cun custe de 830.000 euros
No Diario Oficial de Galiza publicouse o anuncio de licitación do contrato para a atención telefónica do Sergas, por un periodo de un ano (prorrogábel), e cun custe de 830.000 (co 21% de IVE incluído).
652 sinaturas por un convenio galego para os centros de atención á discapacidade
O persoal destes centros, pertencentes á consellaría de Traballo, reclaman pasos en prol da súa integración nunha Rede Pública e face un convenio propio que regule as súas condicións laborais e "que se axuste á nosa realidade" sen dependenren do español.
Xaquín Rubido: “O xuízo do Prestige xerou pouca tensión porque os responsábeis non sentaron no banco dos acusados”
O próximo mércores día 13, xusto cando se fan once anos do inicio da catástrofe do Prestige, farase pública a sentenza despois dun xuízo que durou once meses. Só tres persoas, o capitán Apóstolos Mangouras, Nikolaos Argyropoulos, xefe de máquinas e o que fora director xeral da Mariña Mercante, José Luís López Sors, sentaron no banco dos acusados dun xuízo que para o voceiro de Nunca Máis, Xaquín Rubido, foi “eivado” pola ausencia dos verdadeiros responsábeis políticos da traxedia.
Os "parches" da Xunta na exclusión sanitaria a inmigrantes tapan só o 10% dos casos
A denuncia realizárona en San Caetano as organizacións Foro galego da inmigración, SOS Sanidade pública, Médicos do mundo e a Asociación galega de medicina familiar.
Renfe abre unha oficina de atención a [email protected] de Angrois... en Madrid
O ministerio de Fomento habilitou un departamento nas instalacións que Renfe ten na avenida Ciudad de Barcelona e informa de que, para alén de procuraren axuda médica, tamén se lles dispensará atención psicolóxica
“Os catro independentistas só fixeron unha chamada de atención para que se respectase Galiza como pobo”
Após seis anos afastado das táboas, ao músico e cineasta vasco Fermín Muguruza, aínda non lle chegou a derradeira danza de guerra. Inmerso nunha xira mundial, regresa a Galiza para actuar no festival Revenidas de Vilaxóan de Arousa onde, asegura, se volverá demostrar “a irmandade dos pobos galego, vasco e catalán”
Máis un protesto na Coruña en defensa dos COF e a atención á saúde sexual e reprodutiva das mulleres
O Sergas deixa sen cubrir a única praza de xinecoloxía no centro de orientación familiar do Ventorrillo e contrata unha xinecóloga un día á semana que consulta no hospital Materno infantil e carrexa desde xaneiro unha lista de agarda de 300 mulleres. Unha concentración cidadá convocada polo Grupo de apoio aos COF transladou as súas reclamacións ao centro hospitalario
A Mesa advirte a Gas Natural Fenosa que denunciará ante Consumo calquera paso atrás na atención en galego
Susana Méndez, vicepresidenta da Mesa: “Animamos a cidadanía a presentar queixas nas oficinas de Consumo se a compañía lles nega a atención en galego”.
A Xunta deixa a atención á saúde sexual e reprodutiva das mulleres na man da Igrexa
O PP volve votar en contra de que se manteña en funcionamento o Centro de orientación familiar do Ventorrillo, na Coruña, deixando sen cubrir a única praza de xinecoloxía. Mentres organizacións católicas compoñen a guía de atención a mulleres grávidas da Secretaría xeral de Igualdade.