A Administración ignora o libro galego
Fundada en 1983, a Asociación Galega de Editoras conmemorará este 2023 os seus 40 anos de existencia a través de varias actividades, cunha publicación e a renovación da súa imaxe corporativa. As feiras internacionais do libro de Boloña, LIBER (Madrid), Frankfurt e FIL Guadalaxara (México) centrarán a axenda exterior da AGE coa contratación e xestión dun espazo propio, sen a colaboración da Xunta de Galiza.
Comeza un Culturgal dirixido a apoiar ao tecido profesional da cultura
Na edición do Culturgal deste ano, a programación dirixida a profesionais adquire un corpo destacado cun panel de 30 actividades nas que están implicadas boa parte das asociacións sectoriais e profesionais que operan na cultura galega. Ser de utilidade para as persoas e entidades que traballan en xestión cultural, é unha das apostas desta 15ª edición.