Artes escénicas

roda de prensa de hoxe fetega 2
Artes Escénicas

Éxito de público e crítica nun Festival de Teatro do Carballiño con Vidal Bolaño na memoria

A cita pon o ramo cun amplo apoio do público (42% máis que en 2014) e coa entrega a Isabel Risco do premio á mellor actriz, a Celso Fernández de mellor actor, a 'O Furancho' o mellor espectáculo e a Roberto Vidal Bolaño como premio de honra.

Teatro Airiños

Teatro ‘exprés’ -con cantar de cego- para salvar o xeito

A loita dos xeiteiros de Rianxo pola defensa deste arte contra as pretensións de prohibila de Bruxelas salta aos escenarios nun espectáculo que esta fin de semana percorrerá as parroquias do concello barbanzán.

Byzantium
Artes Escénicas

'Byzantium', unha de vampiros para esta fin de semana

Un ruinoso hotel é o lugar en que se desenvolve esta historia de vampiros traída aos tempos modernos por volta da cal ofrecemos esta crítica de cinema.

lara
Artes Escénicas

''Menos mal que no teatro aínda quedan grupos que pasamos a gorra e actuamos en todas as partes''

A compañía Histeria Teatro anda de xira coa súa última obra, Hamster, ao tempo que cocen a lume morno a súa vindeira estrea, Berlín. Entre ensaio e ensaio aténdenos unha das súas integrantes, Lara Rozados.

scorsese
Artes Escénicas

Martin Scorsese: ''Wall Street é o equivalente moderno da mafia''

Falando sobre o seu filme mais recente, explica a equivalência que identifica entre os métodos do capital financeiro e os da mafia: ambos acumulam riqueza sem olhar a meios. Mas enquanto os gangsters são socialmente proscritos, os banqueiros são vistos como exemplo do estofo necessário "para vencer".

hobbit
Artes Escénicas

'O Hobbit': a desolación de Smaug

Naceu como novela en 1937 e foi levada ao cinema por Peter Jackson. Após a primeira entrega, Unha viaxe inesperada, chega esta segunda parte cuxo prato forte é, sen dúbida, o dragón Smaug. A terceira entrega estrearase en decembro.

critica1
Artes Escénicas

A vida secreta de Walter Mitty

Na primeira versión que se fixo da historia de James Thurber, o protagonista evadíase da abafante atmosfera en que decorría o seu día a día imaxinando que era un superheroe. Nesta segunda versión a imaxinación volve ser o medio de transporte escollido para visitar paraxes xamais imaxinadas. 

1
Artes Escénicas

Futbolín, fai unha partida?

Xa é sexta feira. Publicamos unha nova crítica de cine asinada por Andrés Castro. Nesta ocasión arredor dun estreno, Futbolín. 

eurozone
CULTURA

O FIOT de Carballo consolídase como escaparate de novidades escénicas con trinta espectáculos

Trinta espectáculos, medio cento de actividades, un mes de programación e un cento de artistas son os principais números do Festival Internacional Outono de Teatro que do 3 de outubro ao 3 de novembro converterá a Carballo no escaparate das principais novidades escénicas da tempada. 

Artes Escénicas

Crítica de cinema: Pacific Rim

Chega, o que parece ser, unha nova moda de intentar revitalizar as películas de monstros xigantes tipo Godzilla.

Artes Escénicas

Crítica de cinema: Os bolseiros. Demasiado pouco, até para os menos exixentes

Vince Vaughn e Owen Wilson fan de dous perdedores que tratan de encamiñar o seu futuro na empresa Google sen entender papa de informática. O que a priori pode ser gracioso non ten apenas graza. É unha película plana e previsible con toques de comedia lixeira

Artes Escénicas

A Regadeira de Adela: microteatro para andar na casa

Son profesionais mais o seu escenario non é unha grande sala de teatro senón un roupeiro que non chega aos 8 metros cadrados. É a Regadeira de Adela, unha Microcasa de Artes que ofrece en Compostela unha alternativa cultural

Hamlet de Laurence Oliver
Artes Escénicas

Shakespeare, o mellor guionista da historia do cine

O director arxentino Matías Piñeiro presentou, a pasada semana no CGAI, Viola, inspirada en Noite de Reis. Con este filme como punto de partida, Sermos Galiza fai un breve percorrido das mellores adaptacións ao celuloide dos textos do dramaturgo de Stratford. Imaxe capa: Hamlet de Lawrence Oliver

Artes Escénicas

Mulleres de cine: mozas, realizadoras e independentes

O CGAI proxectou esta semana o ciclo Girls on Fire en colaboración co Festival Internacional de Cine de Tarragona. Tres filmes realizados e protagonizados por mulleres, inéditos nas salas do Estado mais que ao seu paso polos festivais se converteron en obras de culto, conformaron o cartaz

Protesta na Cidade da Cultura da Plataforma Artes Escénicas
CULTURA

O conselleiro foxe d@s representantes das artes escénicas, en pleno "escrache"

A segunda xornada de 'escrache' ao conselleiro tivo lugar tamén no Gaias. Á saída da presentación dunha nova exposición do museo recibiu os apupos do sector entre berros de "demisión". Vídeo da protesta e a contestación do conselleiro no interior.
Viaxe a ningunha parte de Sarabela teatro
Artes Escénicas

Dezasete espectáculos convértense en finalistas dos XVII Premios María Casares de Teatro

'Viaxe a ningunha parte', de Sarabela, con dez candidaturas; e 'Tokio3', de Voadora, con nove, son as montaxes con maior número de nomeados nos galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galiza
CULTURA

Protesta das Artes Escénicas e Musicais á entrada do Gaiás polos Premios da Cultura

CULTURA

As Artes Escénicas e Musicais convocan concentración o día da entrega dos Premios á Cultura Galega

A convocatoria a través das redes sociais está aberta a todo o mundo da cultura "aos que se nos está privando o dereito a traballar" e á cidadanía en xeral.
A Plataforma Cultura no Gaiás
Galiza

A escena pide a demisión do conselleiro após a policía lle vedar o acceso á Agadic

A policía impediu hoxe que a escena galega puidese realizar unha comparecencia perante a imprensa na Agadic, no Gaiás. Perto de cento profesionais do sector voltaron á Cidade da Cultura após teren sido desaloxados onte á noite. Si atenderon os xonralistas ao ar libre, entre os berros dos manifestantes. Exixiron os cesamentos do conselleiro e do secretario xeral de Cultura, Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo, respectivamente.
A Plataforma Cultura no Gaiás
CULTURA

Actores, actrices e músic@s voltan ao Gaiás

O desaloxo da Plataforma Galega das Artes Escénicas e Musicais do seu feche no Gaiás non desanimou o sector. Hoxe recibiron aos medios de comunicación na mesma porta de AGADIC.