Arteixo

O porto de Arteixo (Foto: Concello de Arteixo).
SOCIAL

Ferrovial solicita instalar unha fábrica de eólica mariña no porto exterior de Arteixo

O BOE publica o inicio do trámite de competencia de proxectos en relación coa solicitude de construción e explotación dun hub industrial, loxístico e portuario asociado á eólica mariña.
Porto exterior de Punta Langosteira. (Foto: Autoridade Portuaria da Coruña)
Agora

Continúan as tarefas de extinción do fogo no barco mercante en Punta Langosteira

Os bombeiros continúan traballando na extinción do incendio declarado a pasada terza feira na carga dun buque mercante que transportaba carbón e que se encontra no porto exterior de Punta Langosteira. Os servizos de extinción interromperon as súas tarefas ao redor das 23 horas da propia terza, cando aínda non fora extinguido na súa totalidade o fogo iniciado sobre as 11.20 horas da mañá e que obrigou a activar o plan de autoprotección nas instalacións situadas en Arteixo.

Visita dunha delegación do Bloque ás instalacións de Inditex en Arteixo. (Foto: BNG)
POLÍTICA

Pontón destaca a "importancia" de Inditex na Galiza, unha compañía "referente a nivel mundial"

Representantes do BNG visitaron as instalacións da multinacional téxtil en Arteixo para pór en valor o seu "peso" no tecido económico galego.
Leo Leíño.
Axenda

Contacontos en Arteixo: "Habelas Hainas" de Leo Leíño

O espectáculo de Leo Leíño poderá verse a partir das 18.30 horas na Biblioteca 'Antón Castro' de Arteixo
Pakolas.
Axenda

"Ramona Órbita, a dona do tempo" de Pakolas chega a Arteixo

O espectáculo "Ramona Órbita, a dona do tempo" poderá verse a partir das 18.30 horas no Centro Cívico de Pastoriza
Trinke Trinke.
Axenda

Contos en Arteixo: "Aprendendo a Querer" de Trinke Trinke

O espectáculo de Trinke Trinke terá lugar a partir das 18.30 horas na Biblioteca do Froxel Francisco A. Vidal
Luar na Lubre fai parte hoxe do festival de Sisalde.
Axenda

IV Festival de Folk Sisalde en Arteixo

Luar na lubre, Astarot e D'Urria serán algúns dos protagonistas do Festival de Folk Sisalde
David Maestro.
Axenda

Maxia en Arteixo co mago David Maestro

O espectáculo de maxia de David Maestro terá lugar a partir das 19.00 horas na Praza do Balneario

Punta do Campelo. Destaca a presenza nas rochas de dobras nunha serie metamórfica de xistos, neises e migmatitas.
star
Andar e Ver

Costa de Arteixo

Unha costa dunha grande diversidade e dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística.
Cartel indicador no Polígono de Morás, en Arteixo (Foto: Arxina)
SOCIAL

"Non" ao parque eólico de Pedra Queimada, en Arteixo: BNG e PSdeG presentan alegacións contra o proxecto

O Goberno local, en mans do PP, tamén mostrou o seu rexeitamento frontal ao parque eólico.
Reunión dos alcaldes de Carballo, Laracha e Arteixo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Os alcaldes de Carballo, Laracha e Arteixo propoñen unha liña ferroviaria

O obxectivo final dos tres Concellos é converter este "importante eixo industrial e residencial" nunha gran área loxística de Punta Langosteira.
Silvia Penide.
Axenda

Concerto en Arteixo: "A porta aberta" de Silvia Penide

O concerto de Silvia Penide englóbase dentro do ciclo "Elas son artistas" de Arteixo
Charo Pita durante a peza teatral.
Axenda

Teatro en Arteixo: “Teatro dos Vieiros” de Charo Pita e Xoán Curiel

Charo Pita e Xoán Curiel presentan a súa obra “Teatro dos Vieiros” no Auditorio de Arteixo
Imaxe do bar difundida nas redes sociais (Orgullo galego)
MEMORIA E HISTORIA

Debe unha marca de cervexas apoiar un bar que fai apoloxía do franquismo?

As redes sociais continúan denunciando o patrocinio dun estabelecemento de Arteixo que fai apoloxía do franquismo.

Cartel indicador no Polígono de Morás, en Arteixo (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

O maior polígono industrial da Galiza comeza a carburar case dúas décadas despois

Case dez anos despois da aprobación do plan sectorial e case dúas décadas da sinatura do convenio para a súa creación, o polígono de Morás (Arteixo), o parque empresarial máis grande da Galiza, está listo para acoller as primeiras empresas. A Xunta prevé realizar a poxa de 36 parcelas a vindeira semana.
En cor morada, os tres concellos con maiores restricións; en cor vermella, os 116 municipios no nivel 'máximo' de alerta (Infografía: Nós Diario).
As novas medidas entrarán en vigor na madrugada da cuarta á quinta feira

A Xunta suspende o deporte federado e aumenta as restricións en 56 concellos

Sanidade suspende as competicións de deporte federado e suma 56 concellos ao nivel máximo de restricións. En Arteixo, Viveiro e Xinzo fecha a hostalaría e prohíbe toda actividade non esencial.
386 repor 2
star
Reportaxes

Arteixo: 'sous les pavés, la plage'

O éxito do máis popular entre os moitos slogans usados polos aspirantes a revolucionarios durante o Maio do 68 francés baseouse en que, como a Biblia ou os datos macroeconómicos do Goberno, está aberto a interpretacións. Mais aplicado á realidade da localidade de Arteixo adquire matices de literalidade. Baixo a invasión de pavés, de lastros, de asfalto, de chemineas, de fume, existe unha pequena pero vibrante realidade cultural e artística que crece fóra dos radares do oficialismo e fai lembrar que Arteixo leva a palabra arte no nome. 
jesús sergas
SOCIAL

O Sergas prohibe servir no interior dos bares en Arteixo e nun barrio de Lugo

O conselleiro de Sanidade tamén anuncia que as reunións en ambas zonas quedarán limitadas a un máximo de cinco persoas que non convivan. A semana próxima haberá restriccións aos eventos masivos e os que se celebren esta fin de semana deben ser comunicados á Xunta para que se poida levar un control das e dos participantes.
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Aumentan a 55 os casos do foco relacionado cun ximnasio de Arteixo, seis máis

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Oito novos casos elevan a 47 os positivos polo foco relacionado co ximnasio de Arteixo