A escritora e profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino público, Arancha Nogueira analiza para 'Nós Diario' a reacción a redor do filme 'As Bestas'.
Desde o ton próximo da conversa o eu lírico achégase á convivencia coa nai que é, á fin, a convivencia de dúas formas de produción, dúas formas de transformar as vivencias persoais en obxecto artístico.
Arancha Nogueira (Ourense, 1989) fala no seu último poemario, Antese, do medo que sentimos todas as persoas e tamén da necesidade e a urxencia de perdelo. Desde esa ollada, e coa pandemia polo medio, escribiu estes versos que entroncan coa súa poética anterior. Licenciada en Xornalismo pola USC, conta cun mestrado en Literatura Comparada e Crítica Cultural e outro de Educación. Considerada unha das voces máis interesantes da poesía actual, a súa obra mereceu algúns dos premios máis importantes do país.