Aquaplus

Alejandro Argibay. (Foto: Aquaplus)
star
Entrevistas

Alejandro Argibay: "A auga da billa é un dos produtos máis seguros que consumimos"

A Galiza é un país de auga, diso non cabe ningunha dúbida. Onde queira que miramos, a auga forma parte de todo. Das cooperativas gandeiras e agrícolas; das fábricas... Está presente no ocio, na contorna laboral e, como non, no noso día. Sen auga non habería vida, e por iso cómpre preguntarse cara a onde vai o modelo de auga neste país. Alejandro Argibay, administrador de Augaplus, unha compañía que se dedica ao filtrado de auga, ten unha idea máis ou menos clara de por onde pasa o futuro hídrico na Galiza.