Defensa da Ría reitera a demanda de que a illa de Tambo sexa declarada Espazo Natural de Interese Local
Lamenta os “titubeos” ao respecto da Comisión de Seguimento da Illa de Tambo, da que di que agora aposta por un Plan de Usos.
Lamenta os “titubeos” ao respecto da Comisión de Seguimento da Illa de Tambo, da que di que agora aposta por un Plan de Usos.
A Asociación Pola Defensa dá Ría (APDR) denunciou a aparición dunha vertedura no Lérez, á altura das pontes do tren sobre o río. Segundo informan fontes do Concello de Pontevedra á axencia Europa Press, trátase dunha vertedura de terras procedente da rede de pluviais da marxe esquerda do río Lérez. "Están a tratar de ver o lugar de procedencia, pero ao vir de pluviais non resulta moi fácil", explica. Nun comunicado, a APDR explica que a pasada terza feira observouse unha vertedura na zona coñecida como Salóns do Lérez, un lugar de elevado interese ambiental. Aínda que parecía puntual e de "escasa entidade", "continúa producíndose e alcanza xa unhas dimensións máis preocupantes no que á zona de influencia refírese".
A mobilización partirá o domingo 18 de xuño simultaneamente desde as alamedas de Marín e Pontevedra.
Unha proposta da Escola Superior de Arquitectura da Coruña estuda e detalla as actuacións máis acaídas para a renaturalización da contorna de Ence en Lourizán no suposto dunha ría sen celulosas. O proxecto contou coa colaboración da APDR e o Concello de Pontevedra.
Mariscadoras e bateeiros denuncian a inxustiza de que non se controle a actuación das eléctricas nos encoros. O sector pide estar na mesa de negociación da conca hidrográfica para regular o seu uso.
A Asociación pola Defensa da Ría avisa que, en cumprimento da lei, a adscrición dos terreos que actualmente ocupa Ence en Pontevedra ao Porto de Marín depende de que a pasteira abandone ese emprazamento. A APDR desmonta así a proposta da Xunta para cambiar a titularidade dos terreos que ocupa a factoría co obxectivo de eludir así a sentenza que obriga Ence a abandonar Lourizán.
Lamentan a “asiduidade” de verteduras procedentes dos labores de pintado de barcos.
Vaticina que restan dous anos para que a pasteira deixe Lourizán.
A anual marcha contra a presenza de Ence na ría de Pontevedra volveu xuntar unha multitude ás portas da pasteira. “Fóra xa”, foi o berro unánime este domingo, 4 de xullo, nunha mobilización cargada de duras críticas ao Goberno de Alberto Núñez Feixoo pola súa defensa da permanencia da fábrica en plena ría.