Apalpador

O Apalpador.
CULTURA

Zamarra, barba, pipa, castañas... tamén con Nós Diario chega o Apalpador!

A noite do 24 ou a do 31 son as que a tradición recolle para a chegada do Apalpador, baixando das montañas do Courel para percorrer os fogares da Galiza.  Por iso, ao longo da vindeira semana, Nós Diario publicará unha serie de relatos e historias de xentes do campo da cultura ou a memoria e que teñen este carboeiro como protagonista. 
Anxo Moure caracterizado de Apalpador (Irene Pin)
star
Reportaxes

O Apalpador: o rastro dun mito contemporáneo

No Courel, as siluetas dondas da montaña flotan sobre a pegada difusa das nubes. Entre a brétema esténdese o territorio fronteirizo no que acontece o mito, onde a realidade deixa espazo ao que reside nos seus pregos. Sobre esta paisaxe onírica, habitamos a lenda. Na devesa, alá no alto, contaban as máis idosas que vivía un carboeiro: o Apalpador. Hoxe, nun rural adoecido polo abandono, son moi poucas as testemuñas que aínda atesouran a lembranza desta personaxe que, resgatada desde esta serra, normalízase na Galiza como alternativa propia para celebrar o solsticio de inverno.
Anxo Moure caracterizado de Apalpador (Irene Pin)
Entrevistamos Anxo Moure (o Apalpador)

"Fronte á masculinización das personaxes de Nadal, é necesario introducir a Apalpadora"

Anxo Moure é o Apalpador. Cando menos, nos espectáculos que leva anos oferecendo para dar a coñecer entre as crianzas de todo o país esta personaxe da serra do Courel, recuperada como unha forma propia de celebrarmos o Nadal. Escritor e contacontos, enfoca o seu traballo de divulgación cara aos valores do ecoloxismo e o ecopacifismo, aproveitando a figura do carboeiro de maneira pedagóxica.
O Apalpador e as suas trasnas em Compostela.
As escolas Semente organizam a tradicional ruada esta sexta feira 20 de dezembro

Ruada do Apalpador em Compostela

O Apalpador percorrerá as ruas de Compostela esta sexta feira e a partir das 18 horas. O do Courel sairá com as suas trasnas desde Santa Clara para caminharem por distintas ruas do casco histórico até chegarem á praça do Pam (Cervantes), lugar onde dará o pregom.

axenda_o_castinheiro_do_apalpador
SOCIAL

Un Nadal de noso

Cantares de Reis, Apalpador, bacallau con coliflor, o Natarego ou tizón de Nadal... Tradicións que se manteñen a través do tempo e que van da man con outras que se recuperan após períodos de esquecemento e ostracismo.

[Imaxe: Leandro Lamas]
O Apalpador da ilustración salta ao vídeo

Canta co Apalpador. Agasalla un diario en galego!

Non hai moitos anos, coincidindo co día de San Silvestre, nas aldeas do Courel preparábanse para a visita do Apalpador. Viña sempre tras a celebración familiar da Noite Vella. As nenas e os nenos marchaban axiña para a cama e cando aínda non lles dera tempo a prender no sono, baixaba o carboeiro da devesa para apalparlles a barriga, deixarlles unha presa de castañas e desexarlles un ano novo cheo de fartura. Desde antigo, o rito facíase cadrar co solsticio de inverno. Hoxe perdura como expresión cultural propia. O Apalpador de Leandro Lamas que ilustra esta reportaxe no semanario salta ao vídeo! VÍDEO NO INTERIOR.

O apalpador de orixe chairega

Chega o Nadal e con el, en Galicia, medra cada día a implantación da figura autóctona do Apalpador

O Apalpador nos tempos da fame

Como cada ano, o Apalpador baixa das montañas para visitar polo Nadal aos máis cativos e cativas da casa e comprobar de primeira man, que non están a pasar fame. 

Desculpas públicas ao Apalpador

Meu ben querido Apalpador:

Sentía a necesidade de che escribir porque teño moitas explicacións que darche. Ti a min coñécesme de sempre, como a todas as nenas e nenos da Galiza, mais eu a ti non te coñecía.

Paco Nogueiras
CULTURA

Rap para o magosto ou reggae para o Apalpador... “Brinca vai!” con Paco Nogueiras

Rap para o magosto? Reggae para o Apalpador? con Paco Nogueiras é posíbel e dos máis variados ritmos componse o seu primeiro cd-dvd-libro Brinca vai!, (Kalandraka) doce cancións que visitan o Samaín, o Entroido, o Verán, a natureza ou os afectos, materiais acaídos para animar a escola e a casa con humor e alegría. 

Apalpador
Galiza

O Apalpador: Un "borracho" e "sobador de niños gallegos" inventado polo nacionalismo

A caverna mediática española non permite nin a mínima recuperación de calquer sinal de identidade propia de Galiza. Nin sequer figuras relacionadas co Nadal, época de paz e tranquilidade como eles mesmos gostan de pregoar en consonancia coa súa profusión de catolicismo. Desde medios como Libertad Digital defínese o Apalpador como un invento "de los nacionalistas", que quere "robar la Navidad" tradicional e que, atentos, é "un sobador de niños". E, aliás, un borracho.
Imaxe de Leandro Lamas
Okapi no Courel

O Apalpador continúa a súa ruta e visita Barreiros

O domingo ás 18.30 o Apalpador compartirá contos do Courel coa cativada de Barreiros e agasallaralle unha pranta dunha árbore autóctona. O vello carboeiro chegará á Mariña xa pola mañá convidado polo Colectivo Cultural Ollomao que trae tamén para facerlle compaña a Pablo Díaz e o seu espectáculo “Tic-tac”.
O Apalpador canta e baila
Galiza

O Apalpador canta e baila

O Apalpador | A canción e o baile
CULTURA

Zamarra, barba, pipa, castañas... chega o Apalpador!

A zamarra vai remendada, fuma pipa, leva un saco pendurado e as barbas son grandes e mestas. Por volta destas datas baixa da montaña o carboeiro máis agardado, con castañas para repartir entre as crianzas. O Apalpador xa está aquí de novo e cada ano vén máis cargado, gañando forza diante doutras fi guras máis vinculadas ao consumo que o humilde carboeiro das montañas galegas.
E há de vir o apalpador
CULTURA

E há de vir o apalpador

Eis aquí o vídeo do Apalpador, elaborado por activistas do centro social A Gentalha do Pichel
LINGUA

Queremos Galego exíxelle á Xunta "que non abdique" nin das competencias nin da defensa da lingua

Ducias de persoas concentráronse ás portas da consellaría de Educación para reclamaren a volta do galego ás aulas, exixindo a derrogación do decreto de Feijóo e que o goberno galego lle faga fronte á lei de Wert. O Apalpador repartiulles noces e mandarinas, após deixarlle a Jesús Vázquez algúns sacos de carbón e un feixe de libros de texto iguais aos que o PP tirou por estaren redactados no idioma propio, gastando nesta medida máis dun millón de euros