Anxo Rei Ballesteros

Rei Ballesteros
star
Laiovento reedita a novela 'Loaira'

Rei Ballesteros volve, por fin, ás librarías

Edicións Laiovento vén de reeditar Loaira, de Anxo Rei Ballesteros, unha novela cuxa radicalidade revolucionou a literatura galega, mais que a pesar diso -ou talvez a causa diso- estaba ausente dos andeis de librarías e bibliotecas. Esta nova edición, a cargo de Manuel Castelao Mexuto, tenta responder á pregunta de como foi posíbel esquecer unha obra que foi tan eloxiada como ignorada e, quizais, devolverlle o lugar que lle corresponde.