Anuario 2022

Escena de 'N.e.v.e.r.m.o.r.e.', o último espectáculo teatral de Chévere. (Foto: Tino Viz / Chévere).
star
Reportaxes

Sobrevivir ao cataclismo

Pasou a pandemia. Pasou a pospandemia. Pasou, case, o Xacobeo máis longo das nosas vidas. E a nosa cultura segue aquí. Nin mellor, nin peor, nin distinta. Poderiamos poñernos tremendas e lamentar as oportunidades perdidas. Pero tamén poderiamos poñernos estupendas e celebrar que sobrevivimos ao cataclismo.
Un cartel coa cara de Rosalía de Castro nas rúas de Lugo.
star
Reportaxes

O galego en 2022: a sociedade demanda unha lingua viva

A consciencia lingüística medra entre a sociedade galega mentres cae o número de galegofalantes e as crianzas teñen menos competencia para expresárense en galego.
Balón oficial do Mundial de Catar. (Foto: Mohamed Ali Aabdelwahid)
star
Reportaxes

Deporte, manifestacións políticas e identidades colectivas

Anda a FIFA moi ocupada perseguindo reivindicacións políticas e sociais de motivos diversos nos estadios de fútbol, como se no mesmo eixo da maioría das competicións que este organismo internacional organiza non estivese implícito ou explícito o elemento político -e económico, por suposto-. En realidade, se fiamos un pouco fino, este elemento social e político de manifestación   -e, por ende, de reivindicación se fose 
necesario- de identidades colectivas é inseparable da práctica deportiva na maior parte, por non dicir na totalidade, das ocasións. 
Apertura do ano xudicial 
no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG).
star
Reportaxes

Xustiza e igualdade

Xustiza: “Conxunto de pautas e criterios que establecen un marco axeitado para as relacións persoais e institucionais autorizando, prohibindo e permitindo accións especificas na interacción”. 
As anduriñas teñen mudado os seus patróns de chegada por mor do cambio climático. (Foto: Ramsés Pérez)
star
Reportaxes

Avisos para conservar a vida. Cambio climático e biodiversidade

Hai un conto popular galego no que un home fai un pacto coa morte. No relato, o home pídelle que o avise cando vaia ir por el. Chegado o día, recrimínalle non ter dado sinais, respondéndolle a morte que claro que o advertira, e de varias maneiras: o vello perdera boa parte dos dentes, camiñaba con dificultade e o pelo branqueáralle e caera. Certamente, apercibírao de numerosos xeitos.
Manifestación en defensa da sanidade pública o 12 de maio de 2022, en Vigo. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
star
Reportaxes

Sanidade pública e entropía

Entropía (ἐντροπία) é un termo grego que significa transformación; defínese como a medida da desorde que existe nun sistema, de modo que canta máis desorde existe, maior entropía temos. Aínda que é un concepto propio da termodinámica, aplícase en numerosos eidos do coñecemento, mesmo para explicar leis do universo ou en economía. E iso é o que está a acontecer coa sanidade pública, pois vemos que camiña cara ao caos, aplicando o símil.
Selección de fabas para envasado nunha planta da Mariña. (Foto: Europa Press)
star
Reportaxes

A nova orde alimentar

O modelo agrario vixente no mundo a día de hoxe procede da Segunda Guerra Mundial. Tras a sangría daquela contenda global, os gobernos adoptaron como obxectivo salvar a humanidade da fame. Cos medios de produción arrasados e a clase traballadora decimada, o risco de morrer por falta de alimentos representaba unha grave ameaza para os superviventes. 
Unha muller pega un cartaz contra a invasión eólica en Meira, o 11 de decembro. (Foto: Europa Press)
star
Reportaxes

O desenvolvemento eólico, epicentro do debate social

Cada época, e cada ano, teñen os seus propios focos de debate social. Sen dúbida, neste ano 2022 o desenvolvemento eólico na Galiza situouse no epicentro dese debate. Nun país que non é precisamente dado ás mobilizacións, no ano que esmorece non só revivimos o nunca visto hai vinte anos co Prestige, senón que os incrédulos ficamos abraiados ao ver miles de persoas mobilizarse fronte á quixotesca invasión dos muíños de vento.
Alberto Núñez Feijoo saúdando ao ex presidente do goberno español, M. Rajoy, o 2 de abril, día en que foi proclamado presidente do PP estatal. (Foto: Europa Press)
star
Reportaxes

Galicia, comunidade de propietarios

A plácida sucesión de O Noso Alberto, que vivimos este ano e teremos o pracer de poder contarlle ás nosas fillas e netos cando esteamos xubilados, representa ó tempo o mellor e o peor dos catorce anos de Pax Albertina que tanto debe estar botando de menos o ex presidente da Xunta no seu exilio interior no Madrid de Díaz Ayuso e Jiménez Losantos, xente que sabe como se debe pór no seu sitio as xentiñas de provincias.
O presidente dos EUA, Joe Biden, e o seu homólogo chinés, Xi Jinping, o pasado 14 de novembro. (Foto: Europa Press)
star
Reportaxes

A guerra que apenas comeza

Despedimos un 2022 que sacudiu definitivamente o mundo tal e como o coñeciamos. As mudanzas telúricas que hoxe vivimos supoñen a constatación da transformación profunda que altera o ámbito xeopolítico a nivel mundial. Xa non podemos falar de tendencias cara a unha multiporalidade que comeza a concretarse, senón da verdadeira consolidación dunha realidade que se manifesta en diferentes áreas e que é perceptíbel até para o observador menos habituado.
Detalles do Anuario 2022 de 'Nós Diario'.
SOCIAL

O 'Pitanxo', a guerra de Ucraína, a inflación, as eivas na sanidade... O mellor resumo de 2022, no Anuario de 'Nós Diario'

Á venda este sábado xunto ao xornal, ao prezo habitual de 3 euros. Tamén se entregará o libro 'Dar que pensar. Entrevistas irrepetíbeis'.