Destrúen a marteladas o escudo franquista da rúa Michelena de Pontevedra
Unha persoa subiu por unhas estadas até onde está o escudo para bater nel cun martelo.
Unha persoa subiu por unhas estadas até onde está o escudo para bater nel cun martelo.
Diferentes colectivos da comarca de Eume participaron na xornada organizada polo BNG municipal e a Fundación Galiza Sempre.
Hai 50 anos, falamos daquel decembro de 1972 onde a ditadura franquista segou a vida do estudante de Medicina Chema Fuentes, nacía a vida política e social da Galiza Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA). Sen a súa loita e a entrega da súa militancia non se entende o capítulo contemporáneo do nacionalismo galego.
“A Garda Civil díxonos que nos presentáramos en Ordes. Metéronnos nun camión e chegamos a Soria. Eu traballei nunha casa de comidas, outros na terra, de sol a sol”. María Penedo Villaverde, desterrada
Entre 1945 e 1949, mentres que os guerrilleiros antifranquistas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro se batían a morte contra as forzas represivas da ditadura, as autoridades decidiron aplicar un mecanismo represor sobre as familias dos combatentes: o desterro forzoso a terras castelás. O obxectivo do réxime era duplo: por un lado, culpar e castigar os guerrilleiros co sufrimento das súas familias e, por outro, privalos da posíbel axuda dos seus.