andaina

Esta será a décimo primeira edición do certame (Foto: Vilas Termais).
DEPORTES

Andaina solidaria contra a distrofia muscular de Duchenne e Becker en Baños de Molgas

O certame está programado o próximo 29 de outubro.
Un intre da andaina reivindicativa no Courel. (Foto: Plataforma Eiquí Eólicos Non)
SOCIAL

Andaina reivindicativa para “defender a Serra do Courel e evitar a instalación dos macro parques eólicos”

A Plataforma Eiquí Eólicos Non impulsou unha andaina con recital poético para dar a coñecer os lugares máis afectados polos proxectos eólicos en Folgoso do Courel.
Praia de Areas, de 350 metros de lonxitude e area fina.
star
Andar e Ver

De Sanxenxo a Areas

Unha andaina polo concello de Sanxenxo para descubrirmos amplas zonas de enorme valor ambiental e cunha importante biodiversidade. Para gozar da paisaxe, da presenza do mar, ou da observación de especies de interese nos ecosistemas mariños e terrestres.
Pozo Azul no río do Conho ('conho', en portugués, é un penedo redondo illado no medio do río).
star
Andar e Ver

Coñecendo O Gerês. Río do Conho e Rocalva.

Unha camiñada para coñecer un dos moitos e fermosos lugares da Serra do Gerês (dentro do Parque Nacional e Reserva da Biosfera), o espazo Rocalva, Roca Negra, Coucão.
 
Praia de Area Grande, en San Román. Mide case un quilómetro de lonxitude e conta cun importante sistema de dunas que obstaculiza a saída ao mar dos ríos Rendo e do Vilar.
star
Andar e Ver

A costa do Vicedo

O concello do Vicedo forma parte do Arco Cantábrico, chamado tamén Rías Altas, á beira do mar Cantábrico. O litoral abrangue a banda esquerda da parte exterior da ría de Viveiro, unha zona aberta ao Cantábrico, a illa Coelleira e toda a banda dereita da ría do Barqueiro. 

 

 

Vilanova
star
Andar e Ver

Litoral de Vilanova de Arousa

A costa de Vilanova de Arousa está conformada por un litoral típico do fondo da ría: baixo, con tramos areosos e rochosos, mar tranquilo e de pouca fondura, e terreo areoso lamacento do que, coa marea baixa, quedan en seco grandes superficies que son áreas de produción nas que se desenvolve unha importante actividade marisqueira que, na beira de terra, teñen praias que se empregan como lugares de lecer.

 

Vista xeral dos cumes da Faladoira desde o alto do Caxado. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Serra da Faladoira

A serra da Faladoira forma parte da Dorsal Galega. É unha aliñación case recta de cumes achairados, con alturas arredor dos 600 metros, entre o Caxado –o pico de máis altitude con 752 metros– e o Alto da Faladoira, que se estende polos territorios dos concellos das Pontes, e Ortigueira e Mañón entre os que fai de linde natural. 
Vista de Cabanas coa praia da Madalena e a desembocadura do Eume. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Cabanas, do Eume ao rego do Castro

Olitoral de Cabanas ten dúas partes de características totalmente diferentes: unha a frecha da desembocadura do Eume e a coñecida praia que se asenta nela, e a outra de cantís moi recortados de até 20 metros de altura. 
Cabo Vilán e illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra, declarado Sitio Natural  de Interese Nacional en 1933. O faro foi o primeiro do Estado en funcionar  con corrente eléctrica (desde 1896) (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Do Cabo Vilán a Santa Mariña

Olitoral de Camariñas acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico e está protexido no LIC/ZEC e ZEPA Costa da Morte e no Sitio Natural de Interese Nacional Cabo Vilán.
A carballeira, disposta cunha zona de merenda. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Pola ribeira de Arcade

No fondo da ría de Vigo atópase a enseada de San Simón, e ao fondo desta sitúase Arcade, xusto na desembocadura do río Verdugo, pouco despois de este confluír co Oitavén.
Miradoiro con vistas ao canón do Sil. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Vilachá de Salvadur: contraste harmonioso

A parroquia de Vilachá, na Terra de Lemos, é un deses lugares que semellan viviren disociados do transcorrer do río. 
A maior parte das plantas endémicas da Galiza atópanse nas montañas e na costa. Nos cantís da Capelada podemos ver a Centaurea borjae, que ten nesa área toda a súa poboación mundial.36 (Foto: Nós Diario).
star
Andar e Ver

Costa de Galiza, concello a concello II

No noso camiñar pola beira do mar vimos e gozamos das formas, das cores, das alturas, do vento e da forza do mar…, mais non só. 
A Casa dos Mouros, en Candeán, nunha área próxima ao Monte Penide (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Arqueoloxía e miradoiros do monte Penide

É o monte Penide unha penechaira de certa extensión, situada no alto das parroquias de Candeán, Chapela, Trasmañó, Cedeira, Negros, Cabeiro e Vilar.
Este ano os fiúnchos, as xestas e os pampullos, materiais cobizados para as celebracións tradicionais de maio, seguen a medrar vizosas. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Cousas destes días

Estes días que, obrigadas polas circunstancias, andamos a camiñar preto da casa, son boas ocasións para ver e recoñecer as cousas coas que compartimos todos os días. 
Ponte medieval do Burgo, no inicio da ruta, sobre a desembocadura do río Mero, entre os concellos de Cambre e Culleredo. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

No curso do Mero, da ponte do Burgo a Cecebre

Unha camiñada duns 10 quilómetros, 21 se a facemos de ida e volta, por unha ou outra beira do río, por un camiño de bo andar, amplo e con bo firme que compartimos peóns e ciclistas, sen dificultades, cunha única subida, e a súa baixada, na contorna da fábrica de nutrimentos animais, e con pontes de madeira ou de estrada que permiten cambiar de beira e mudar ou cortar o percorrido á vontade. 
Moitos dos vellos castiñeiros presentan os toros ocos. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Castiñeiros senlleiros de Ríos

O concello de Riós atópase nas terras surorientais da Galiza, linda con Portugal polo Sur e está conformado por varias serras, o que dá lugar a paisaxes amplas e espectaculares, entre as que corren, por vales moi encaixados, numerosos ríos, con poco caudal, pertencentes á rede fluvial do Mente, que logo vai xuntarse co Douro en terras portuguesas.
Enseada de Vilavella. Ao fondo a casa das Algas, unha antiga factoría. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Ribadeo: da illa Pancha ás Aceas

A fenda pola que sae ao mar o río Eo racha a chaira da rasa Cantábrica e escava nela unha canle creando, a unha e a outra beira, unha liña de cantís de entre 10 e 20 metros de caída, recortados e con numerosos pequenos seos, puntas e rochas soltas, na zona de máis influencia do mar (até pasar a ponte dos Santos) que seguen a conservar a verticalidade e incluso a gañar altura até máis alá da vila. 
Panorámica desde o miradoiro da Aguieira, na punta de Tabuído. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

A costa de Cabana de Bergantiños, litoral con sorpresa

Cabana de Bergantiños, na banda sur da ría de Corme e Laxe, ten un litoral con dúas partes diferentes: unha abrigada e baixa, detrás da Barra do río Anllóns, e outra de cantís expostos, un tramo que habitualmente é pouco visitado porque non ten camiños que o percorran nin demasiados puntos aos que achegarse desde o interior.
Vista do istmo da Lanzada desde A Siradella (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

O litoral do Grove

O concello do Grove acolle un dos litorais máis amplos (case 50 quilómetros lineais), variados e valorados da Galiza.
Fraga de Catasós. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Fraga de Catasós

Tempo de outono, tempo das árbores, tempo das masas forestais de folla caediza, e dos xardíns, que, diante da uniformidade permanente de piñeiros e eucaliptos, mudan para adaptarse aos cambios ambientais e debullan as follas dándolle á contorna na que se insiren un aspecto novo, no que cada día cambian a luz e as cores.