O Sermos analiza o crecente mundo dos 'podcast' en galego
Ana Romaní: "O acto de radical rebeldía é abrir os labios"
Organismos exhaustos. Sometidos ao control, aos "mecanismos diarios de vixilancia e de explotación". Corpos expulsados. Vidas fronteirizas, excéntricas, expulsadas dos centros de poder. Consideradas refugallo, resto. Son os protagonistas de A desvértebra, (Chan da Pólvora), o libro que representa a volta de Ana Romaní á poesía tras dez anos de silencio. Atravesan esta obra, tamén, as alianzas contra o "ecocidio" e a orde patriarcal. O saberse "liques", "corais", organismos codependentes dispostos a resistir as estratexias de dominio.
Do canto do cisne á entomoloxía forense.
Ana Romaní ingresa na Academia e reivindica o carácter comunal da súa voz
“Debo avisar de que esta voz que vos fala vibra na resonancia doutros corpos e outras bocas, restos que son presenza, emoción que me acompaña. Do seu pulo é esta garganta”, comezou a poeta Ana Romaní (Noia, 1962) o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. O Teatro Coliseo de Noia acolleu este sábado, 6 de abril, un acto en que Romaní reivindicou o carácter comunal da súa voz.
“Escribir ela así no seu tempo é unha acción contra os grillóns da escravitude”
A Asociación de Escritoras en Lingua Galega (AELG) levou ao Panteón de Galegos, e Galegas, Ilustres a súa ollada sobre Rosalía de Castro. Este domingo, cando se fixeron 182 anos do nacemento da poeta, Ana Romaní leu o manifesto das autoras na igrexa de San Domingos de Bonaval en Compostela: “Escribir ela así no seu tempo é unha acción contra os grillóns da escravitude”.
“Os medios públicos galegos teñen aínda pendente ser os medios galegos”
Conversamos coa poeta e xornalista Ana Romaní (Noia, 1962) cando vén de recibir o Premio Nacional de Xornalismo Cultural. “Foi unha sorpresa moi emocionante”, admite. Ademais chegaba nun intre difícil para a súa carreira xornalística: antes do verán, a dirección da Radio Galega decidía suprimir o formato do Diario Cultural, o espazo que, durante 28 anos, se ocupou da materia na emisora pública. “Non comparto nin o criterio nin os obxectivos nin a fórmula actual”, di, en referencia á partición e reparto da información cultural ao longo da grella radiofónica. Eis un extracto da entrevista publicada no número 316 de Sermos Galiza.
A RG rexeitou manter o formato actual do 'Diario Cultural' e abrir outros espazos durante a semana
A directora do 'Diario Cultural', Ana Romaní, propuxo á xefa de Programas da Radio Galega, Tania Lombao, manter a emisión no seu formato actual e ao tempo facer outros espazos de cultura durante a semana. Lombao declinou a oferta. A Radio Galega confirmou esta cuarta feira a eliminación do "Diario Cultural" nas condicións en que se viña emitindo desde hai 28 anos, tal e como informou Sermos.
Ana Romaní, académica numeraria eleita
Ana Romaní, unha das voces de referencia do xornalismo cultural e da poesía galega, foi nomeada académica numeraria eleita na sesión plenaria celebrada o sábado, 17 de marzo, na sede da Real Academia Galega. Romaní lerá o seu discurso de ingreso na RAG nos próximos meses.