Ana Peleteiro representa mellor que ningún outro nome a xigantesca evolución do atletismo feminino galego, que non fixo acto de presenza nos Xogos Olímpicos até Barcelona 1992. 30 anos despois de que as pioneiras Ángeles Barreiro e Estela Estévez esnaquizasen ese teito de cristal, as deportistas da Galiza non só son fixas en numerosas modalidades, senón que ocupan postos de privilexio e son temidas e respectadas no plano internacional.
A boa forma do atletismo galego certificouse estes días no Campionato de España de pista cuberta realizado en Ourense. O evento deportivo confirmou figuras como Ana Peleteiro, Belén Toimil e Adrián Ben ademais de mostrar a recuperación de Saleta Fernández e o futuro que marca en presente a lucense Xela Martínez.
O porvir está garantido. Se Ana Peleteiro representa o presente do triplo salto galego, o futuro leva o nome de Alba Cuns (Negreira, 2004), que a pesar da súa xuventude xa asoma na categoría absoluta. Orgullosa das súas orixes e coa cabeza moi ben asentada sobre os ombreiros, 2022 promete ser o seu grande ano.
Tardou en chegar, pero de que modo! Facendo historia, Ana Peleteiro abriu a conta das medallas da Galiza en Toquio 2020, e a festa ameaza con seguir, pois a vela, o piragüismo, o fútbol ou o propio atletismo con Adrián Ben ofrecen opcións moi reais de elevar o país nun medalleiro no que ocuparía o posto 75 de 204.
Os Xogos Olímpicos de Toquio avanzan inexorabelmente, e a pesar de que aínda non chegou a primeira medalla galega, continúan habendo grandes opcións, especialmente na vela -da man de Támara Echegoyen, Nico Rodríguez e Iago López- e na atleta Ana Peleteiro, que rachou co récord da Galiza nas cualificacións.
Pode que o medalleiro da Galiza aínda siga a cero nos Xogos Olímpicos de Toquio, mais a afección galega non vai escasa de alegrías, que na xornada de hoxe chegaron da man do Diploma olímpico do remeiro Cetano Horta e da vela, onde o sonense Iago López Marra marcha segundo clasificado no 49er masculino.
Ana Peleteiro, campioa de España e mellor marca ao ar libre. O viveirense Adrián Ben, ouro en 800 metros, Belén Toimil en peso e Leticia Gil en lonxitude.