INTERNACIONAL
Ricardo Suárez
22/abr./22
Os Estados do Triángulo do litio (Bolivia, Chile e a Arxentina) posúen 85% das reservas mundiais deste mineral. Bolivia ten as maiores reservas do mundo e nacionalizou a súa explotación en 2014, un paso que tamén vén de dar México esta semana. O debate da soberanía sobre este recurso natural tamén está moi presente na Arxentina e Chile. O pasado 13 de abril, estes catro Estados, xunto a representantes da Comisión Económica para América Latina e o Caribe (Cepal), participaron no Foro Internacional 'Perspectivas do Litio desde América Latina'. Bolivia e México xa nacionalizaron o mineral mentres seguen os debates en Chile e na Arxentina.