Alfageme

Comarcas

Condenan a 1 ano de prisión o veciño de Coia prendido nos protestos contra o Alfageme

Xurxo Romero foi condenado por delitos de "resistencia" á autoridade e "lesións" a un axente da policía local. A sentenza tamén exixe o pagamento de 1.135€ de indemnización ao policía. 

Comarcas

Cultura non proporá musealizar o barco que Caballero colocou na rotonda de Coia

Declina colocar no Museo do Mar o buque alegando que "o propietario" é o Concello de Vigo e a esta institución corresponde, dixo Anxo Lorenzo, determinar o futuro deste ben patrimonial. 

Alfageme
Comarcas

Cargas policiais e 6 persoas con lesións no traslado nocturno do Alfageme a Coia

Un desproporcionado dispositivo policial permitiu ao alcalde Abel Caballero cumprir a súa ameaza. Na noite da cuarta feira, o barco Bernardo Alfageme foi trasladado á rotonda de Coia, contra a vontade da veciñanza. Houbo cargas policiais e até 6 persoas feridas.VÍDEO NO INTERIOR.

Alfageme
ECONOMÍA

A CIG apresenta unha querela por prevaricación e malversación contra os cargos da Xunta que venderon Alfageme

A CIG apresentou no TSXG unha querela por prevaricación e malversación de fondos públicos contra os cargos da Xunta que participaron na venda da conserveira Alfageme, engtre eles os conselleiros de Industria, Francisco José Conde, e de Facenda, Elena Muñoz, así como o exconselleiro Javier Guerra.
ECONOMÍA

Conserveiras: a loita obreira das mulleres

As traballadoras da conserva están en pé de guerra. Para alén do conflito en Cuca, empregad@s de Alfageme pecháronse tres horas na consellaría de Industria. O 20 de decembro de 2012 a Xunta adquiriu as naves e a marca Miau en poxa xudicial. Porén, a finais desta semana a maquinaria podería ser vendida directamente polos administradores concursais, o cal impediría a continuidade da actividade. Contámosche o conflito nesta reportaxe

Operarias de Alfageme
ECONOMÍA

Operarias de Alfageme acusan á Xunta de "engano" e anuncian que seguirán as mobilizacións

Para as operarias a conserveira, a saída da subasta de Alfageme amosa a responsabilidade da Consellería de Industria en fanar unha solución para 150 postos de traballo
Alfageme
ECONOMÍA

Operarias de Alfageme voltan a se fechar para exixiren unha solución para a conserveira

Traballadoras do grupo Alfageme protagonizan un novo fechamento na factoría de Ribadumia para exixiren a venda da conserveira a El Consorcio, grupo que garante actividade e empregos, e denunciar as dilacións da Xunta, que poñen en perigo o futuro da empresa
Operarias de Alfageme
ECONOMÍA

As operarias da conserva, cansas dos incumprimentos da Xunta

Cunha sentada simbólica perante o concello de Cambados, as traballadoras de Alfageme exixen á Xunta solucións xa para garantir os empregos e a actividade desta factoría