Alexandro Raimúndez

Plácido Castro, un dos principais artífices do programa da BBC, con Cunqueiro, quen colaborou nel.
O Consello da Cultura Galega analiza hoxe o programa realizado por galeguistas

75 anos das emisións en galego do 'Galician Programme' na londiniense BBC

O Consello da Cultura galega organiza hoxe, no Pazo de Raxoi,unha xornada para analizar os programas en galego que a londiniense BBC emitiu desde 1947 até 1956. O CCG quere, ao mesmo tempo, homenaxear aos seus artífices. A cita é presencial pero pode seguirse en directo a través da web da institución.