PP e PSdeG impiden parar o "pelotazo" en Labañou
PP e PSdeG tomban no Parlamento a proposta do BNG para frear de forma express o proxecto de "pelotazo urbanístico" do Plan especial de Labañou (A Coruña), coñecido como As Percebeiras.
PP e PSdeG tomban no Parlamento a proposta do BNG para frear de forma express o proxecto de "pelotazo urbanístico" do Plan especial de Labañou (A Coruña), coñecido como As Percebeiras.
A ex deputada de En Marea-Unidas Podemos no Congreso expresa nas redes a súa esperanza de que a representación nacionalista en Madrid “sirva para que en Galiza se recupere o pulso e o debate político”.
Alexandra Fernández (Vigo, 1988) vén de anunciar o seu retiro da primeira liña política após tres anos como deputada no grupo de Unidos-Podemos, En Comú-En Marea no Congreso. Un retiro que se produce despois da fenda interna exteriorizada no debate dos orzamentos do Estado, que a parlamentar, tal e como decidira a dirección de En Marea, rexeitou, ao contrario que Antón Gómez-Reino, Yolanda Díaz, Ángela Rodríguez e Miguel Anxo Fernán Vello.
A través das redes sociais, a parlamentar de En Marea Alexandra Fernández, a única do grupo que votou contra os orzamentos do Goberno de Sánchez ao considerar que prexudicaban Galiza, anuncia que se retira da primeira liña política.
“A ver se se aclara con vostede mesmo”. Así respondía a ministra de Facenda, María Jesús Montero, á pregunta formulada polo deputado Antón Gómez-Reino para saber se o Goberno central “cumpriu con Galiza e coas maiorías sociais do conxunto do Estado.
“Nunca votarei cun PP que na Galiza tortura sanitariamente a xente”. Así xustifica o deputado de En Marea no Congreso Miguel Anxo Fernán Vello o seu voto a favor dos orzamentos xerais do Estado. Sobre Alexandra Fernández, a única das parlamentares galegas de En Marea que votou en contra, fala de “deslealdade”.
Xosé Manuel Beiras sae en defensa das deputadas e deputados de En Marea-Podemos que desoíron a chamada da dirección e votaron a favor dos orzamentos xerais do Goberno de Pedro Sánchez. O cofundador de Anova emprega as súas redes sociais para xustificar o si de Miguel Anxo Fernán Vello.
Alexandra Fernández (Vigo, 1988) é a deputada galega da que máis se fala no Congreso por ser a única das que se presentaron baixo a marca de En Marea que acatou a orde da Coordinadora do partido instrumental e votou en contra dos orzamentos xerais do Estado.
Votará contra a proposta actual de orzamentos xerais presentada polo goberno español: "Non cumpre nin as necesidades nin as expectativas para Galiza". Luis Villares afirma que é a dirección da formación "a que fixe a posición definitiva" sobre as contas xerais do Estado.
A parlamentar de Anova —aliñada con Luís Villares na frente interna— saíu ao paso dunhas declaracións realizadas por Íñigo Errejón en que este dirixente chamaba non a quebrar o modelo constitucional de 1978, senón a actualizalo.
Non foi o discurso propio do portavoz dun grupo confederal. Foi o discurso dun político español que só ve dous problemas sobre o taboleiro: o catalán e o vasco. Así o interpretan dirixentes de En Marea, próximos a Luís Villares, que o exteriorizaron nas redes.
O ministro de Fomento fai abstracción de que a segunda das proposicións de lei aprobadas por unanimidade polo Parlamento galego excluía o cenario do resgate da concesión, si presente na primeira das iniciativas. De acordo coa literalidade do texto, a AP-9 pasaría a control da Xunta sen ningún gasto para o Estado.
Alexandra Fernández, a portavoz da confluencia no Congreso, mantivo unha reunión con representantes da Plataforma pola Integración das Ensinanzas Artísticas Superiores.
Foi un dos rostos de En Marea durante a brevísima lexislatura do 20D e volta a selo nesta campaña fría, estraña e átona cuxa recta final xa albiscamos. Entrevisto por telefone a Alexandra Fernández (Vigo, 1988), esta segunda feira de campaña por Pontevedra e A Estrada. Militante de Anova, afirma que non é socialdemócrata: "O noso programa vai máis alá".
O documento guía de Podemos, En Comú Podem e En Marea para a negociación co PSOE defende a refundación do Estado español nunha chave plurinacional. Invocan o "dereito a decidir" para aquelas "nacións" que o plantexasen con "especial intensidade". Só especifican un nome: Catalunya.