star
Entrevistas
Alberte Blanco: "A contradición principal está entre o imperialismo e o nacionalismo"
26/mar./21
O pasado 11 de marzo publicouse o último libro de Alberte Blanco Casal, Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo, unha análise concienciuda das relacións de poder entre as elites e as potencias en loita pola hexemonía mundial. O autor verinense, despois de tres anos de traballo, expón na súa obra a estratexia do capitalismo financeiro así como a evolución das elites que controlan o mundo demostrando que o que ocorre no noso país e en diferentes partes do planeta non é alleo ás manipulacións duns grupos que controlan os resortes do poder global.