Nenas literarias aventureiras
Manuel Veiga, escritor: "As revolucións, cando nacen, sofren un asedio moi grande"
A parte queimada. Stalin & Robespierre (Aira, 2020) é a novela coa que o escritor Manuel Veiga explora a cerna dos totalitarismos e tamén o emprego da violencia, nas súas múltiples faces, como unha suposta vía política revolucionaria. Esta quinta feira, 4 de novembro ás 20 horas, estará nun encontro na Libraría Pedreira, en Compostela, para presentar a obra no marco dunha conversa histórico-literaria sobre as revolucións francesa e rusa con César Lorenzo Gil, o seu editor.
Sakura, sakura, noyama mo sato mo
Poesía, banda deseñada e clásicos, nas novidades editoriais de Aira
A comida galega conta coa súa propia biblia
Dourada, ourizo, rodaballo. Nécora, voandeira ou rosca. A lectura do Dicionario da Comida Galega, de Xavier Rodríguez Baixeras, produce fame, mais tamén ten a capacidade de saciar a sede de coñecemento, pois nas súas 590 páxinas combina os datos sobre alimentación e gastronomía coa erudición filolóxica e a historia, ofrecendo así un produto de dimensións monumentais que redescobre clásicos como Cunqueiro e compila nun só volume a milenaria cultura arredor da cociña galega.
Aira das Letras premia con “Sermos Galiza” a lectura en galego
Catro subscripcións de Sermos Galiza é o premio do concurso que a libraría “Aira das Letras” de Allariz bota a andar neste mes de maio. Catro categorías para participar no propio establecemento ou a través da rede.