Aí vén o maio

anxo gonzalez guerra
'Aí vén o maio!'

Anxo González Guerra: “De catro a catro' é o exemplo máis claro e logrado da poesía de vangarda”

Anxo González Guerra é o autor do fascículo número sete da colección Aí vén o maio. Catedrático de Lingua e literatura, con varios premios á innovación educativa, a súa web ogalego.eu, mantida en colaboración con Vitoria Ogando, segue a ser un referente para a docencia do galego.
Retrato de Daniel Castelao, en 1946. (Foto: Nós Diario)
star
CULTURA

Cousas

Cousas é un libro composto de relatos publicados en prensa, que o propio Castelao compila. Cunha linguaxe clara, lonxe da artificialidade formal, procuran desde o inicio chegar a ese público lector, destinatario das publicacións. A súa brevidade, a narración concisa, traza a súa maxistralidade. Unha obra singular en que o seu autor crea un xénero literario propio: simbiose entre narración e ilustración, unha non se dá sen a outra, píntase con palabras o que di a imaxe. De novo, desde a prensa, convídasenos a ler estas 'Cousas', tan actuais como hai cen anos, historias de seres e da súa contorna, vidas e presenzas, narradas e ilustradas con tanta beleza que volverán perturbar conciencias. 

Marga do Val1
CULTURA

Marga do Val: “Cousas' significa un paso adiante na narrativa galega”

Marga do Val é escritora, crítica literaria e profesora de Lingua e literatura. Preparou para Nós Diario o fascículo seis do coleccionábel Aí vén o maio!. Falamos con ela sobre o libro Cousas.

 

Retrato de Ramón Cabanillas en Cuba no 1913. (Foto: Arquivo Vidal Cabanillas)
star
CULTURA

Da terra asoballada

O poemario 'Da terra asoballada' (1917) de Ramón Cabanillas é froito do redencionismo do sindicato agrario Acción Gallega e do movemento cultural e político das Irmandades da Fala. Trátase dun libro social e político, o máis compacto de poesía civil da literatura galega. Nos versos agraristas chama os labregos a queimaren pazos e triparen na tumba dos caciques, mentres que nos da xeira irmandiña pretende educar e concienciar o pobo galego para achegalo ó nacionalismo. Os dous poemas máis populares son dous himnos de loita patriótica e revolucionaria, o agrarista “Acción Gallega” e o irmandiño “En pé!”. En 1926 editouse a segunda edición, que case constitúe un libro novo, con só catro poemas da primeira.
2020-09-21 F. Fdez. Rei
'Aí vén o maio!'

Fernández Rei: “Cando regresa de Cuba, Cabanillas asume o papel de poeta cívico"

Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica na USC,  é o autor do fascículo número cinco do coleccionábel Aí vén o maio, centrado na obra de Ramón Cabanillas Da terra asoballada. Falamos con el sobre este libro.

Pondal no ano 1859. (Foto: Luis Sellier)
star
Aí vén o maio!

Queixumes dos pinos

Eduardo Pondal (1835-1917), coetáneo, compañeiro e amigo de Murguía e mais de Rosalía (nados en 1833 e 1837, respectivamente), comeza a súa vida pública galega participando no Banquete de Conxo cando era aínda estudante na Universidade de Santiago, onde se licenciará en Medicina e Cirurxía en 1860. Nese Banquete (2-3-1856) pronunciou un fervente e radicalmente democrático brinde poético xunto con Aurelio Aguirre e Luís Rodríguez Seoane. A partir dese momento, a súa presenza nos medios literario-culturais galegos foi constante e crecente, con participación en actos democráticos e con frecuente publicación de textos e obras poéticas até se converter nun dos referentes fundamentais, xunto con Rosalía e Curros, da literatura galega renacente.
manuel ferreiro
'Aí vén o maio!'

Manuel Ferreiro: “A grande liña poética é a patriótica, pois é a idea fundamental que moveu a creación pondaliana"

Manuel Ferreiro é profesor na UDC desde onde desenvolveu importantes estudos de gramática histórica, lexicoloxía e crítica textual.  É o autor do novo fascículo da colección Aí vén o maio! que está a publicar Nós Diario. Falamos con el sobre Pondal e Queixumes dos pinos.

Curros Enríquez en debuxo de J. Fernández Cuevas para 'La ilustración gallega y asturiana'. 1881. (Foto: J. Fernández Cuevas)
star
Aí vén o maio!

'Aires da miña terra'

'Aires da miña terra', que acadou tres edicións en vida do autor -algo insospeitado nunha sociedade decimonónica maioritariamente iletrada-, foi o libro co que Curros chegou a se converter nun dos referentes da nosa literatura clásica e nun símbolo universal. O autor, que repartiu a súa vida entre a Galiza, Madrid e A Habana, desfrutou dunha formación cultural e literaria extraordinaria que a proxectou libro. As súas profundas conviccións na defensa do débil e do seu país, convertérono en adaíl da loita contra os abusos do Poder estabelecido, naquela altura representados pola Igrexa, os caciques e os reaccionarios.
Lñopez Varela
CULTURA

López Varela “As ideas políticas e de compromiso co país converten Curros por excelencia no poeta civil da Galiza"

Elisardo López Varela, especialista na obra de Curros Enríquez, sobre a que desenvolveu a súa tese de doutoramento, é o autor do terceiro fascículo da colección “Aí vén o maio!” que está a publicar Nós Diario. Falamos con el sobre Curros e sobre Aires da miña terra.
O pontevedrés Alberto Oubiña está á fronte das Concellarías de Xuventude e Normalización Lingüística (Foto: Xaquín Soliño)
LINGUA

Alberto Oubiña: "A literatura galega é chave para gañar novos falantes"

O futuro da lingua está nas novas xeracións e a literatura galega é chave para que a mocidade dea o paso a comunicarse en galego no día a día. Así o considera o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Alberto Oubiña. O seu departamento colabora con Aí vén o Maio!, o novo coleccionábel que até final de mes acompaña Nós Diario debullando 16 obras esenciais da literatura galega.
Rosalía e a familia en 1884. (Foto: Nós Diario)
star
Aí vén o maio!

'Follas Novas': Cume das nosas letras

'Follas Novas' (1880) é o segundo volume que Rosalía de Castro publica en galego logo de 'Cantares Gallegos' (1863), libro co que se inaugura a renacida expresión literaria na nosa lingua. Estamos ante un cume das nosas letras posto que, como é ben sabido, nestas composicións de tema tan universal como íntimo, patrióticas, comprometidas, ousadas e radicais, está reflectida non só a mestría da autora senón tamén a nosa propia e particular idiosincrasia como nación. A inusitada profundidade que contén, a valentía da poeta e o extraordinario dominio da expresión lírica farán que hoxe 'Follas Novas' provoque tanto abraio como sorpresa causou no seu tempo.
Foto Xela Celia Armas
'Aí vén o maio!'

Celia Armas: “Follas Novas representa a consolidación do empeño consciente de Rosalía de Castro por escribir en galego”

Neste 4 de maio Nós Diario inicia un novo coleccionábel sob o título Aí vén o maio!. Celia Armas García, escritora e profesora de Lingua e Literatura Galega, é a autora do fascículo centrado en Follas Novas. Falamos con ela sobre este título.

Retrato de Rosalía de Castro cando era moza. (Foto: María Cardarelly)
star
Aí vén o maio!

'Cantares gallegos' (1863), a obra que funda a literatura galega contemporánea: un clamor de albedrío nacional

'Cantares gallegos' (1863) é a obra fundacional da literatura galega contemporánea. Non nace do nada. Está precedida dunha lenta recuperación da lingua galega na escrita, que comeza, no século XIX, por unha literatura utilitaria que recolle temas do debate político da altura, e mais por publicación de poesía, en xornais e revistas. Francisco Añón, Alberto Camino e, sobre todo, Xoán Manuel Pintos son nomes relevantes deste afán rehabilitador. Mais é Rosalía de Castro a que consolida de vez estes meritorios precedentes e a que garante a consolidación dun movemento iniciático que, sen ela, podería apagarse ou esmorecer. Dótao dunha obra maxistral que é, ademais, un manifesto en defensa do povo galego.
PILAR GARCIA NEGRO
ESCRITORA E PROFESORA
'Aí vén o maio!'

Pilar García Negro: “A virtude do xenio rosaliano é quen de converter estes primeiros ensaios e tentativas en obra feita e dereita"

Neste 4 de maio Nós Diario inicia un novo coleccionábel sob o título Aí vén o maio!. María Pilar García Negro, escritora e profesora honoraria da UDC, é a autora do primeiro fascículo centrado en Cantares Gallegos. Falamos con ela sobre a este título e o contexto en que o libro ve a luz.

Imaxe da reportaxe sobre o maio. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Sermos Galiza rende homenaxe ao "maio", unha festa tocada pola pandemia

O semanario, que atoparás mañá nos quiosques co teu 'Nós Diario' de sempre, tamén aborda as leas sindicais nos EUA e entrevista a académica da RAG, Ana Boullón. Aliás, se estás a procurar recomendacións para o tempo de lecer, este é o compañeiro que buscas. Non esquezas mercalo!
livros_web
CULTURA

Un maio de libros cuberto da man de 'Nós Diario'

A partir do 4 de maio os lectores e lectoras de Nós Diario atoparán nos quiosques un novo coleccionábel que lle dá a benvida ao mes das flores e das letras: "Aí vén o maio!" O coñecido verso de Curros Enríquez é o fío que tece as 16 entregas nas que diferentes autores debullarán outros tantos libros esenciais da literatura galega. Unha nova achega para ler e reler.