Aí vén o maio

CULTURA

Un maio de obras escritas galegas imprescindíbeis

O mes de maio remata cunha "boa acollida" ao coleccionábel 'Aí ven o maio!', unha selección de 16 obras galegas imprescindíbeis de ler. 
Celso Emilio Ferreiro, nos anos 70 do século XX. (Foto: Cedida) #longanoitedepedra #celsoemilioferreiro #celanova #literatura #literaturagalega #aívénomaio #xoáncarlosdomínguezalberte
star
CULTURA

Longa noite de pedra

'Longa noite de pedra' (1962), de Celso Emilio Ferreiro, é un feito singular na poesía galega. A súa repercusión, contundente e duradoira, contribuirá a visibilizar os paredóns de atraso e represión da ditadura franquista. Esgotada logo a importante tirada da primeira edición, pronto circularán copias dos poemas, convertidos en cancións de protesta, entre o estudantado universitario compostelán. A edición bilingüe de 1967 divulgou os seus versos no ámbito peninsular. A gran popularidade acadada determinou que este título se convertese en símbolo da falla de liberdades de todo aquel período. A proxección do poeta, dunha ampla obra e múltiples rexistros, ficou moi identificada coa denuncia social.
Xoan Carlos Domínguez
'Aí vén o maio!'

Xoán Carlos Domínguez Alberte: “Celso Emilio é ben consciente do poder –e do deber– da palabra poética”

Xoán Carlos Domínguez Alberte é escritor e profesor de Lingua e Literatura. Preparou para Nós Diario o fascículo sobre Longa noite de pedra, o derradeiro do coleccionábel Aí vén o maio.

Xosé Neira Vilas . (Foto: Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB)) #xosé-neira-vilas #escritor #memoriasdunnenolabrego #literaturagalega
star
CULTURA

Memorias dun neno labrego

Após sesenta anos da primeira edición, cada páxina das 'Memorias dun neno labrego' segue a ser unha tatuaxe colectiva da identidade galega. O marco da aldea vital retratado polo ollar, pensar e sentir de Balbino, un neno da aldea, un ninguén invisíbel a ollos da outra parte do mundo inalcanzábel, o Manolito, o neno do señor. Dous mundos contrapostos no sabor da boroa fronte ao pan de trigo, do caldo fronte ao leite; na lingua propia da casa e na outra allea da escola; no traballo arreo cuxas regras veñen determinadas pola loita de clases. Mais non cabe no horizonte de Balbino o conformismo e a resignación. O refuxio é o pensamento, a observación e a reflexión, para entender e aprender, porque a xente non pode andar “polo mundo como andan as vacas e os burros: percurando somentes pesebre”. Por iso son tan precisas sempre as renovadas lecturas destas Memorias de Nós.
mercedes queixas-min (1)
'Aí vén o maio!'

Mercedes Queixas “Memorias dun neno Labrego é recoñecido como o gran bestseller da literatura galega”

Mercedes Queixas é profesora de Lingua e Literatura e escritora. Falamos con ela como autora do fascículo que Nós Diario dedica no seu coleccionábel Aí vén o maio! a Memorias dun neno labrego.

Retrato de Eduardo Blanco Amor. (Foto: Cedida)
star
CULTURA

A Esmorga

'A Esmorga' ten unha elevada significación simbólica, en todas as ordes, na literatura galega da segunda metade do século XX. Foi orixinada polo asunción consciente dunha realidade nacional negada da que, con desacougo, Blanco Amor fuxira, de mozo, cara á emigración bonaerense. Após unha catarse desexou o regreso á patria, abandonada na procura de salvación nun mundo cosmopolita, e a contribuír ao acervo da nosa narrativa. Na súa xestación xogou un papel moi importante a distancia física e a ollada retrospectiva, dotando de memoria un pasado capaz de revelar os mecanismos de opresión, violencia e destrución nunha sociedade colonial, especialmente contra as clases populares, desde dentro da súa mentalidade. A intensidade compacta esta crónica de 24 horas nunha cidade galega, entre o XIX e o XX, con tres personaxes, no gume da navalla, e o desenlace das súas vidas. 
[Imaxe: Xaquín Soliño] Francisco Rodríguez
'Aí vén o maio!'

Francisco Rodríguez: "A esmorga é unha novela filosoficamente materialista”

Francisco Rodríguez é ensaísta. As súas aportacións ao coñecemento, interpretación  e valoración da nosa literatura son referenciais. Preparou para o coleccionábel Aí vén o maio! de Nós Diario o fascículo correspondente á obra de Blanco Amor A esmorga.

Uxío Novoneyra no Courel. (Foto: García Cabezón)
star
CULTURA

Os Eidos

Son os poemas d’'Os eidos' (1955) de Uxío Novoneyra os ecos poderosos da nosa montaña interior e dos seres que a habitan na paz de todo o vivo. A beleza irrepetible dunha voz que é revelación e música. A chave dos campos para abrir cada cancelo e comprender a inmensidade da existencia, a  profundidade do amor, a extrema condición do canto e os substratos infinitos dunha fala ancestral e futura: nela entendemos o canto do paxariño pousado no bicarelo do bico do brelo e con ela somos quen de lles tocar as mans aos antepasados. Unha tuba grandiosa que proxecta o estremecemento sutil do mínimo, cos pés postos en Parada do Courel, desde onde se contempla e comprende o universo. 
Olga Novo-min (1)
CULTURA

Olga Novo: “O mellor que se pode dicir de 'Os eidos' é que hai poesía profunda”

Olga Novo é profesora de Lingua e literatura. Especialista por profesión, mais sobre todo por paixón, na obra de Novoneyra, preparou  para o coleccionábel Aí vén o maio! de Nós Diario este este fascículo centrado na obra que é o cerne poético do noso autor. Falamos con ela sobre as chaves de 'Os Eidos'.


 

 

Retrato de Cunqueiro feito por Laxeiro. Cunqueiro quería que fose na primeira edición do 'Merlín e familia', tal como lle manifestou ao seu editor Fernández del Riego, pero que, finalmente, non figurou no libro. (Foto: Cedida)
star
CULTURA

O Merlín de Cunqueiro e outras historias

A aparición do 'Merlín e familia' de Álvaro Cunqueiro na Galicia de mediados do século XX viviuse como un acontecemento literario de primeira magnitude. A obra marcou un antes e un despois na historia das nosas letras e moi ben pode dicirse que con ela comezou o Rexurdimento pleno da Narrativa Galega de Posguerra, que tivo como precursor 'Á lus do candil', o título do seu fraterno compañeiro de tantas angueiras Ánxel Fole. Máis de medio século despois, o inimitable universo do Merlín e familia segue a fidelizar moreas de lectorado novo, o libro é reeditado unha e outra vez e vese traducido ás máis variadas linguas, por non falar das versións fílmicas e adaptacións teatrais ás que foi dando lugar e a inxente cantidade de estudos, exposicións e outras actividades que fixo agromar.
Armando Requeixo na Praza da Catedral de Mondoñedo (@Marcos Candia)-min
'Aí vén o maio!'

Armando Requeixo: “Merlín' é un clásico indiscutíbel da literatura galega do século XX”

Armando Requeixo Cuba é investigador, profesor, crítico literario e coordinador de actividades e publicacións da Casa Museo Alvaro Cunqueiro. Con el falamos, ou mellor, damos voltas, arredor de 'Merlín e familia'. No coleccionábel 'Aí vén o maio'. 

 

Manuel María nunha conferencia en 1950. (Foto: Arquivo Casa Museo Manuel María)
star
CULTURA

Terra Chá

'Terra Chá' é o libro máis representativo de Manuel María (1929-2004). Traballou nel ao longo de medio século pasando, en sucesivas achegas, dos 55 poemas da primeira edición aos 144 da definitiva. Manuel María abandona a poética intimista, existencial e irracionalista dos libros anteriores ('Muiñeiro de Brétemas', 'Morrendo a cada intre' e 'Advento') e ábrese a unha poesía étnica, antropolóxica e social, ollando a realidade circundante e expresándoa dun xeito directo e intelixíbel. 
xulio valcárcel
'Aí vén o maio!'

Xulio Valcárcel: “Nesa vontade de ser voz do pobo para o pobo, 'Terra Cha' atinxe unha temática moi varia”

Xulio López Valcárcel traballa, como tamén traballou Manuel María, como procurador dos tribunais. Recebeu importantes premios como poeta e colabora en varios xornais. Preparou para o coleccionábel 'Aí vén o maio!' de  Nós Diario o fascículo sobre 'Terra Chá'.
Daniel Castelao nun retrato de Joaquín Pintos (ca. 1931). (Foto: Museo de Pontevedra)
star
CULTURA

Sempre en Galiza

'Sempre en Galiza' é un libro-caderno de bitácora que nos propón navegar unha singradura que cursa episodios de gran relevancia na historia de Galiza e na vida de Castelao. Desde o desterro a Badaxoz ordenado por Lerroux en outubro de 1934 como castigo á figura máis destacada do Partido Galeguista, pasando polos vaivéns da tramitación do Estatuto de Autonomía, os avatares da Guerra do 36, até chegarmos ao exilio definitivo en Bos Aires a comezos dos anos 40. Alén do episódico, os lectores e as lectoras han de encontrar da man de Castelao reveladoras e actuais análises sobre o status de Galiza como nación, os dereitos que como tal lle corresponden, interpretacións moi lúcidas sobre a nosa problemática lingüística e atinadas pescudas sobre a historia de Galiza.
manuel rei romeu 340
LINGUA

Rei Romeu: "Sempre en Galiza é exemplar como culminación patriótica dunha traxectoria vital"

Manuel Rei Romeu é profesor de Lingua e literatura. Grande coñecedor da obra de Castelao achéganos no fascículo 10 do coleccionábel Aí vén o maio! ao 'Sempre en Galiza'
Ramón Otero Pedrayo nos anos da segunda república. (Foto: Fundación Otero Pedrayo)
star
CULTURA

Arredor de si

'Arredor de si', unha das novelas máis relevantes da literatura galega do século XX, narra o difícil camiño de procura da propia identidade do seu protagonista, Adrián Solovio (en certo modo, unha imaxe de Ramón Otero Pedrayo e os seus compañeiros galeguistas), polo que foi interpretada tradicionalmente como a crónica da formación e experiencia intelectual do grupo Nós. Para alén disto, a novela ofrece outras posibilidades de lectura que fan que continúe a ser unha obra suxestiva pois, a partir do relato desa viaxe espacial e intelectual de Solovio, o relato lévanos da man a través dun proceso de reflexión e análise que nos obriga a reflectir sobre que é o que define unha identidade nacional.
Carme Fernández Pérez Sanjulián
'Aí vén o maio!'

Carme Fernández Pérez-Sanjulián: “Esta colaboración quere ser, sobre todo, un convite á lectura de 'Arredor de si'”

Carme Fernández Pérez-Sanjulián é profesora titular na UDC. Especialista na obra de Otero Pedrayo, preparou para o coleccionábel 'Aí vén o maio!' Nós Diario o fascículo número nove centrado en Arredor de si.

Vicente Risco. (Foto: Dominio Público)
star
CULTURA

O porco de pé

En 'O porco de pé', Vicente Risco ofrece ao público unha sátira contra o caciquismo en Galiza que a ditadura de Miguel Primo de Rivera non fixo máis que agravar. Na cidade de Oria transcorren os feitos que enfrontan a Don Celidonio Latas Tinajero, tendeiro maragato requirido pola política municipal cando se enriquece, e o doutor Bieito Alveiros, teósofo da vella fidalguía, que abandona a torre de almafí para participar nas eleccións empurrado polo demo de verdade. Os sucesos son comentados no parladoiro de escritores e artistas do café Novelty, aos que xa ninguén dá tino na nova era, simbolizada polo triunfo do porco de pé. Todos, mesmo o Alveiros, acaban rendéndose a el.
Olivia Rodríguez
'Aí vén o maio!'

Olivia Rodríguez: “O porco de pé' é a primeira novela urbana galega moderna”

Olivia Rodríguez é filóloga e ensaísta. Profesora titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na UDC, preparou para Nós Diario o fascículo número oito de Aí vén o maio!, centrado na obra de Vicente Risco, O Porco de pé.

Fotografía de Manoel-Antonio. (Foto: Nós Diario)
star
CULTURA

De catro a catro

Sen chegar a facer os 30 anos, cando en xaneiro de 1930 finou Manoel-Antonio ou Manuel Antonio, só tiña publicado en 1928 un libro de poesía, 'De catro a catro', con 19 poemas. Mais ese libro foi suficiente para inscribilo con letras maiúsculas na historia da literatura galega, para convertelo no poeta galego do mar e para facelo o referente da literatura de vangarda en Galicia. E todo porque é un libro novo, moderno, único, que serve aínda hoxe de exemplo, que non de modelo, para os e as poetas que queren facer algo diferente, algo seu. Un deses poemas, o titulado “Sos”, debe figurar entre os mellores da nosa poesía.