Agrupación Cultural O Galo

Para moitos investigadores mesmo detrás do parteluz do Pórtico da Gloria, atópase a tumba do gran arcebispo Pedro Muñiz.
star
MEMORIA E HISTORIA

Unha ducia de galegos da Idade Media

A Agrupación Cultural O Galo presenta este sábado, no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, 'Personaxes da Galiza medieval', un volume que reúne doce perfís biográficos doutras tantas figuras relevantes do Reino medieval da Galiza que, en moitos casos, son descoñecidos para a inmensa maioría da cidadanía galega. O volume é unha invitación a afondar nunha historia ocultada.
A palestra desta quinta feira sobre Pardo de Cela en Compostela (Foto: Arxina).
MEMORIA E HISTORIA

Unha palestra en Compostela analiza a figura de Pardo de Cela

Un coloquio que serviu como presentación do número monográfico do semanario Sermos Galiza que acompañará o xornal o vindeiro sábado 10 de decembro e que levará por título Pardo de Cela na Galiza do século XV.
Gravado de Xosé Blanco.
MEMORIA E HISTORIA

Pardo de Cela revive esta quinta feira en Santiago

O centro sociocultural do Ensanche de Santiago de Compostela acolle o 1 de decembro ás 20.30 horas [foi adiado media hora para falicitar a asistencia á concentración contra o asasinato da muller luguesa de 42 anos] unha palestra arredor do tempo histórico e a figura de Pardo de Cela. No debate, organizado pola Agrupación Cultural O Galo, van intervir recoñecidas e recoñecidos especialistas na figura do mariscal e na Galiza do século XV.

Colocación da bandeira galega no cumio do Pico Sacro este 23 de xullo (Foto: Nós Diario).
CULTURA

O ‘Alba de Gloria’ de Castelao escoitouse de novo no Pico Sacro

As asociacións O Galo, de Santiago, e Vagalumes, da Estrada, izaron outro ano máis a bandeira galega no seu cumio.

O dramaturgo Manuel Lourenzo (Foto: Ollo de Vidro-ACAB).
CULTURA

Galiza Cultura homenaxeará Manuel Lourenzo

O vindeiro 14 de xuño, o dramaturgo Manuel Lourenzo será o protagonista dun acto no que se lemabrará a súa traxectoria e verán a luz as súas Obras Completas. O evento está organizado pola Fundación Galiza Cultura e a A.C. O Galo. 
Xusto Beramendi (Foto: Arxina).
MEMORIA E HISTORIA

Xusto Beramendi: "No provincialismo empézase a pensar Galiza doutra maneira e a través dunha prensa propia"

Xusto Beramendi (Madrid, 1941), catedrático de Historia Contemporánea e especialista na historia das ideoloxías e dos nacionalismos, ofreceu a pasada semana a palestra titulada Galiza, provincialismo. 1840-1846. A actividade, organizada pola Asociación Cultural O Galo, tivo lugar no Museo do Pobo Galego, unha institución da que Beramendi foi cofundador e presidente do seu Padroado até o mes de abril en que anunciou a súa retirada. Nós Diario conversa con Beramendi da importancia do provincialismo na orixe do galeguismo e do futuro do proxecto museístico compostelán.
Subida ao Pico Sacro o sábado 24 de xullo de 2021 (Foto: Xoán Carlos Garrido).
CULTURA

“Mil anos antes da nosa era xa nos creáramos como pobo”: Un canto desde a cima do Pico Sacro 

O Pico Sacro acolleu na mañá do sábado unha nova subida ao seu cume, revivindo o ascenso que Castelao realizara en 1924 a canda outros membros das Irmandades da Fala, como antesala ao Día da Patria Galega. 

Ascenso ao Pico Sagro [Imaxe: Xan Carlos Garrido]
MEMORIA E HISTORIA

Un novo ascenso ao Pico Sagro para reafirmar a nación galega

Como cada sábado previo ao Día da Patria Galega terá lugar a subida ao Pico Sagro, revivindo así o ascenso que Castelao realizara en 1924 canda outros membros das Irmandades da Fala. Após a subida realizarase un xantar e visitaranse distintos puntos da zona.

c57a8fd8-9505-426b-98da-d98fee409a51
CULTURA

Roteiro de Rosalía en Compostela

Hidroavións sobre o encoro de Cabril 1
CULTURA

Sobre os avións que voan os ceos da Galiza

Xerardo Rodríguez Arias estará a segunda feira 26 de novembro ás 20.30 horas en Vide, Vide! (Compostela) falando sobre A aviación na provincia da Coruña 1900-1936.
Iraitz Agirre 3
Entrevista coa activista Iraitz Agirre

"As soberanías, de corpos e de territorios, son retos globais con respostas locais"

As xornadas Noutrén: Feminismo Poscolonial, que organiza a agrupación cultural O Galo, celebran esta tarde a súa derradeira palestra, centrada nas estratexias para unha soberanía feminista. En Sermos Galiza falamos con Iraitz Agirre, membro da organización Euskal Herriko Bilgune Feminista e parte integrante do grupo que presentou en 2015 o Relatorio de Soberanía Feminista de Euskal Herria, do que dará conta durante o encontro. 
marías
SOCIAL

Fin das xornadas de feminismo poscolonial camiñando entre música, teatro e poesía

A asociación cultural O Galo organiza o 9 de novembro un roteiro guiado por Eli Ríos e Alba María

photo5895215189744267834
Entrevista coa activista Daniela Ferrández

"O feminismo ten que ser unha ferramenta que nos sirva para liberármonos a todas, sen restricións"

A quinta entrega das xornadas Noutrén: Feminismo Poscolonial, que organiza a agrupación cultural O Galo, centra esta cuarta feira a atención no 'feminismo transgresor’. A investigadora Daniela Ferrández, presidenta da asociación Amizando e unha das convidadas da sesión, fala con Sermos Galiza sobre as reivindicacións das mulleres trans, do traballo que fai a súa entidade para a súa visibilización ou dos debates que se dan dentro dos feminismos sobre o papel deste colectivo.
Feminismos
SOCIAL

O activismo transfeminista, protagonista da quinta sesión das xornadas de reflexión Noutrén

Baixo o epígrafe ‘feminismo transgresor’, a quinta sesión das xornadas Noutrén: feminismo poscolonial, que organiza a agrupación cultural O Galo, contará esta cuarta feira, día 30, coas voces da investigadora Daniela Ferrández, presidenta da asociación Amizando, a activista trans Laura Bugallo, e a docente Cristina Palacios, fundadora da Asociación de Familias de Menores Transexuales Arelas, co-impulsora da Lei Galega de Identidade de Xénero.
Erea Blanco
Entrevista coa activista Erea Blanco

“Precisamos un suxeito político propio, feminista, na Galiza"

As xornadas Noutrén: Feminismo Poscolonial, que organiza a agrupación cultural O Galo, centran a súa cuarta sesión no activismo e os coidados da vida. En Sermos Galiza falamos con Erea Blanco, activista na Marcha Mundial das Mulleres –MMM– e en Isca!, que compartirá palestra coa doutora en educación, xénero e igualdade Rebeca Raso, esta cuarta feira, día 23, para coñecer a súa experiencia e visión do feminismo galego. 

maria fidalgo
Entrevista coa activista María Fidalgo

"A nosa vivencia alimenta unha práctica e un pensamento político"

A psicóloga social María Fidalgo intervén nesta cuarta feira, día 16, nas xornadas Noutrén: Feminismo Poscolonial, que organiza a agrupación cultural O Galo, nas que compartirá palestra coa mediadora intercultural Rut León. Migrante e formadora en migracións e xénero, a activista fala con Sermos Galiza sobre identidades e territorios, fronteiras e migracións, nunha sesión que propón unha visión da interseccionalidade desde o vivencial. 
8M 2019 Coruña 3
SOCIAL

María Fidalgo e Rut León reflexionan sobre interseccionalidade nas xornadas feministas Noutrén

A terceira sesión das xornadas feministas Noutrén: feminismo poscolonial, que organiza a agrupación cultural O Galo baixo a dirección de Purificación Cabido, contarán esta cuarta feira, día 16, coas voces de María Fidalgo e Rut León para indagar sobre interseccionalidade desde o vivencial.
Lola Ferreiro
Entrevista á activista Lola Ferreiro

“Neste momento, a consigna é despatriarcalizar todos os aspectos da vida”

Lola Ferreiro Díaz, catedrática de Procesos Sanitarios e integrante no grupo de estudos de xénero Lúa Crecente, é unha das dúas activistas que guían esta cuarta feira a segunda sesión das xornadas Noutrén: Feminismo Poscolonial, que organiza a agrupación cultural O Galo. Xunto con Lupe Ces, fará unha panorámica do que foi o movemento feminista desde a súa orixe ata a actualidade, para proxectar despois as perspectivas de futuro.
Lucrecia Masson 1
Entrevista a Lucrecia Masson, activista transfeminista

"Todo feminismo que non se nomea como antirracista é racista"

Lucrecia Masson (Ombucta, 1981) abriu esta cuarta feira, xunto coa investigadora Jeane Costa, as xornadas Noutrén: Feminismo Poscolonial, que promove a agrupación cultural O Galo e que contarán, ao longo de sete sesións que se desenvolverán até o 9 de novembro, cunha escolma de voces expertas para reflexionar sobre a descolonización dos corpos e dos territorios. Activista, artista e investigadora multiformato sobre corpos, gordofobia, transfeminismos ou descolonización, Masson expón para Sermos Galiza algúns dos conceptos do seu relatorio nunha proposta que, como explica, formula o feminismo “desde fóra dunha matriz eurocéntrica”. 

67312950_10219534455301249_824067983444803584_n
CULTURA

Reivindicar a historia de noso desde o Pico Sagro

“Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares”. Máis un ano, e desde 2011, o Alba de Gloria, de Castelao, volveu pronunciarse desde o alto do Pico Sagro para recuperar o espírito nacional do autor do Sempre en Galiza e das Irmandades da Fala.