A Gala do Libro Galego rebautízase baixo o título Premios 'Follas Novas'
As mil frontes do libro galego
A "potencia creativa" do libro reclama o recoñecemento da Administración
Suso de Toro, Paula Carballeira, Emma Pedreira e a libraría Chán da Pólvora entre as gañadoras da V Gala do Libro Galego
O xurado da quinta edición dos premios da Gala do Libro Galego, organizada organizada pola Asociación Galega de Editoras (AGE), Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), deu a coñecer as obras e autoras gañadoras nesta convocatoria que, pola situación causada pola pandemia da COVID19, viuse na obriga de ser adiada ao outono.
O sector do libro galego urxe á Xunta concretar as axudas fronte á crise do Covid-19
Os gremios de Editoras e Librarías galegas mais a Asociación de escritores e escritoras en lingua galega demandan do Goberno galego que aclare os orzamentos e un calendario de execución.
Anova tamén renuncia ás estatais do 10N
“Publicar para a infancia tamén supón opcións políticas e ideolóxicas”
Kalandraka é, talvez, a máis internacional das editoras galegas. Fundada hai 20 anos por un monllo de traballadores editoriais, libreiros e afeccionados ao teatro, creou o máis recoñecido catálogo de libros e albumes ilustrados dirixidos á infancia. Entre aqueles pioneiros estaba Xosé Ballesteros (Vigo, 1956), actual director da empresa e presidente da Asociación Galega de Editoras (AGE). Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 296.
"Se no seu momento hai unha proposta para continuar en Bruxelas, valorareina"
Lidia Senra foi eleita en 2014 eurodeputada pola Alternativa Galega de Esquerdas en Europa (AGEe), unha confluencia que xa non existe. Explica que ela continúa co seu traballo na Eurocámara para dar voz en Bruxelas, indica, ás loitas que se están a dar na Galiza en diferentes frontes: da defensa da terra á pesca artesanal, da preservación do patrimonio ao sector leiteiro. Sobre o seu futuro, coas eleccións europeas no horizonte de 2019, indica: "Se no seu momento hai unha proposta para continuar [en Bruxelas], valorareina".
Antón Sánchez: "Lidia Senra continúa a representar AGE en Bruxelas"
"Está a facer un traballo por Galiza en Bruxelas", afirma en declaracións a Sermos o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez.
Polémica pola pergunta de Lidia Senra á Comisión sobre a obrigatoriedade das vacinas
A eurodeputada de AGEe interpelou o executivo comunitario sobre a súa opinión a respeito de as vacinas seren de prescrición obrigatoria para as populacións. Senra foi desautorizada por Anova, En Marea e EU. A confluencia afirma que Senra non está vinculada organicamente a ela e o secretario de Organización de EU chámaa tránsfuga.
Denunciarán en Bruxelas a destrución do patrimonio pola industria do eucalipto
A proposta da eurodeputada Lidia Senra, 34 persoas de 18 colectivos diferentes de defensa do monte viaxarán ao Parlamento Europeo para dar a coñecer o “desleixo da Xunta, que en conivencia cos intereses da industria celulosa, non está a protexer os xacementos arqueolóxicos”.
Lidia Senra denuncia que o retroceso nos direitos das mulleres atinxe tamén a esquerda
A eurodeputada eleita nas listas de AGEe (Alternativa Galega de Esquerdas para Europa) organizou este sábado en Cangas unha xornada intitulada "O empoderamento das mulleres na esquerda política social".
O empoderamento das mulleres na esquerda, a debate este sábado en Cangas
Cangas de Morrazo acollerá este sábado no seu Salón de Plenos municipal a xornada ‘O empoderamento das mulleres na esquerda política e social’. O evento, organizado pola eurodeputada galega Lidia Senra (AGEe), terá lugar en sesión de mañá e tarde e non precisará de inscrición previa.
Lidia Senra advirte dun avance do autoritarismo no Estado español
A parlamentaria de AGEe reclamou unha reflexión desde a esquerda “nun momento en que as loitas son comúns en varios lugares do mundo” e chamou a facer fronte ao avance do autoritarismo no Estado español que exemplificou na represión xudicial e policial do referendo en Catalunya.
“As forzas neoliberais intentan a cada paso máis perverter o termo sustentábel”
Pontevedra acolle este sábado unhas xornadas sobre xestión sustentábel do territorio que reúnen activistas e expertos, organizadas pola eurodeputada Lidia Senra.
"A edición en galego descende porque cada vez hai menos falantes"
Os datos do ISBN trouxeron un ano máis malas novas para a edición en galego, unha nova redución da edición en galego en 2016, cun 13,1% menos de libros editados que no ano anterior, facendo un total de 1.211 títulos. Buscamos a razón desta mingua co presidente da Asociación de Editoras e director de Kalandraka, Xosé Ballesteros.
“Na esquerda queda aínda moito por facer para conseguir a igualdade entre homes e mulleres”
Unhas xornadas en Ourense debaten sobre a importancia do feminismo para construír outra Europa. Organizadas por AGEe e o grupo GUE/NGL do Parlamento europeo. Contará coa presenza de diversas relatoras para falar de cuestións como o ecofeminismo ou os micromachismos.
Lanzan o “Manifesto pola recuperación dos centros sanitarios privatizados”
As xornadas organizadas por Lidia Senra, eurodeputada de AGE-Europa, en colaboración coa Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo, finalizaron co lanzamento do “Manifesto pola recuperación dos centros sanitarios privados”. Formaron parte das palestras decenas de expertos e expertas do sector sanitario galego e internacional.
“A privatización da sanidade empeora a calidade e encarece as prestacións”
O médico Manuel González Moreira, portavoz de SOS Sanidade Pública Vigo, é un dos relatores que participan esta sexta feira e o sábado na xornadas organizadas por AGE-Europa “A privatización da sanidade na Unión Europea”. Nesta entrevista, dá conta do estado de saúde da sanidade pública na Galiza.