Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O facsímile do número 139-144 da revista “Nós”, de 100 páxinas, entregarase esta sexta feira, 31 de decembro, co xornal. Só 2 exemplares deste número, que non chegou a ser distribuído no seu día como consecuencia do golpe de Estado de xullo de 1936, sobreviviron á queima dos fascistas que asaltaron a editorial de Ánxel Casal.
Desde camisolas a cadernos pasando por xornais, alimentos, xogos e decoración. A Mesa pola Normalización Lingüística edita un catálogo en que recolle máis de cen propostas de compras e agasallos en galego.
Publicamos unha nova entrega do noso crítico de cinema Andrés Castro, que debulla O agasallo.
O agasallo é duplo mais nun produto único. Libro máis cd. O formato imponse na oferta editorial para estas festas dedicada á cativada. Desde sons tradicionais até propostas innovadoras. Pablo Díaz, Xurxo Souto e Lalo Carnota, Uxía, Xiana e Xosé Lastra, Mamá Cabra, Luís Prego, Suevia Sobral ou Migallas teñen novidades para ler, escoitar, xogar e bailar.
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) anuncia que para mediados desta semana estará xa operativa a plataforma Agasallo.eu, unha proposta de regalos en galego, dirixida a quen produce e tamén a quen consume.