África

O deposto presidente de Gabón, Ali Bongo, tras a súa captura. (Foto: Shi Yu / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

A Xunta Militar de Gabón libera Bongo e liderará a transición

A ONU ofrece asistencia ás novas autoridades.
António Guterres. (Foto: Lev Radin / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

A ONU insta aos países desenvoltos a cumprir os compromisos climáticos

Kenya propón comezar o debate para implementar un imposto mundial ao carbono.
O presidente francés, Emmanuel Macron, e Ali Bongo o pasado mes de xuño. (Nós Diario)
star
INTERNACIONAL

A oposición de Gabón pide volver a un Goberno civil

Aparecen as primeiras fendas entre o Exército gabonés e a oposición ao deposto presidente Bongo, que reclama a vitoria nas eleccións, poucos días despois do oitavo golpe de Estado con éxito en África occidental e central. Excepto o caso do Sudán, todos corresponden a ex colonias francesas.
Ali Bongo, presidente de Gabón. (Foto: Gabonese Presidency / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Os militares de Gabón fanse co poder e depoñen un aliado francés

O xa ex presidente Bongo gañara as eleccións con acusacións de fraude, de xeito similar aos anteriores comicios.
Captura de pantalla do discurso dado por un grupo de militares anunciando un golpe de Estado en Gabón. (Foto: Europa Press).
INTERNACIONAL

Golpe de Estado en Gabón: membros do Exército anuncian a toma do poder após a reelección de Ali Bongo

Bola Tinubu, líder de Nixeria. (Foto: Sodiq / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Níxer autoriza Burkina Faso e Malí a usar a forza para defendelo en caso de ser agredido por un terceiro país

Reunión rexional coa Xunta Militar nixerina, que intensifica os compromisos con Uagadugú e Bamaco.
Preparación en Exipto de paquetes de axuda para as persoas refuxiadas procedentes do Sudán no mes de maio. (Foto: Radwan Abu Elmagd / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

A ONU advirte dunha crise humanitaria de "proporcións épicas" no Sudán

Máis de catro meses despois de que soaran os primeiros disparos da terceira guerra civil sudanesa, a poboación que fuxiu do país e a que ficou está nunha situación humanitaria límite, nun conflito que malia as iniciativas diplomáticas non remite en intensidade.
Niamey a semana pasada. (Foto: Zheng Yangzi / Xinhua News / Contactophoto)
INTERNACIONAL

A maioría dos países africanos rexeita unha intervención en Níxer

Sábado comeza unha campaña para o recrutamento de voluntarios entre a poboación nixerina para colaborar co Exército na defensa do país perante unha hipotética intervención militar estranxeira.

Reunión da Cedeao. (Foto: Sodiq / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

A Xunta Militar de Níxer xulgará por traizón o presidente Bazoum

Intensifícanse os cortes de electricidade en Niamey como resultado das sancións coercitivas aplicadas por Nixeria a raíz dos acordos da Cedeao após o golpe de Estado.

África: fin do neocolonialismo?

Mohamed Bazoum. (Foto: Bernd von Jutrczenka / dpa Pool / dp)
INTERNACIONAL

A Unión Africana traslada o apoio a unha intervención militar en Níxer

Líderes dos Exércitos da Cedeao xúntanse en Ghana con posterioridade á aprobación dun consentimento para a intervención militar en Níxer por parte da entidade.
"Abaixo Francia, viva o CNSP", proclamaban manifestantes durante unha marcha en Niamey o pasado 30 de xullo (Foto: Djibo Issifou).
star
Análise

Inestabilidade no Sahel: golpes de Estado e guerra civil

Sara Álvarez Quintáns é graduada en Relacións Internacionais e Magister en Paz, Seguridade e Defensa.
Bola Tinubu, líder nixeriano. (Foto: Sodiq / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

África Occidental négase a descartar unha intervención militar en Níxer

A Xunta Militar nixerina conforma un Goberno e continúa enfrontando as ameazas da Cedeao, que rexeita desbotar a opción militar para tratar de restaurar o presidente Bazoum no posto.
Protesta a favor do golpe de Estado a pasada semana en Niamey, a capital de Níxer. (Foto: Djibo Issifou / DPA)
star
INTERNACIONAL

Os países de África Occidental frean polo momento a intervención militar en Níxer

A pesar da ameaza do órgano de integración de África Occidental de usar a forza ao rematar o ultimato aos militares de Níxer, calquera decisión foi atrasada até unha cimeira esta semana, entre alarmas pola posibilidade de que provoque unha guerra a grande escala.

'Smart power'

Abdel Fattah al Burhan, líder do Exército do Sudán. (Foto: Mohamed Khidir / Zuma Press / Contactophoto)
INTERNACIONAL

Amnistía Internacional denuncia crimes de guerra masivos no Sudán

Nenas de até 12 anos padeceron violencia sexual no contexto dos crimes durante a terceira guerra civil sudanesa, que deixan a poboación civil sen lugares seguros.

Reunión de seguimento da situación en Níxer do Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, a segunda feira. (Foto: Stefano Rellandini / AFP / DPA)
star
INTERNACIONAL

París evacúa a poboación francesa en Níxer no medio dunha escalada rexional

Burkina Faso e Malí trasladan o seu apoio á Xunta Militar de Níxer e considerarán unha intervención militar estranxeira como unha declaración de guerra contra eles, unha opción que Francia nega mentres impulsa a evacuación dos seus nacionais no país.
Manifestación a favor do golpe de Estado o domingo no centro de Niamey, a capital de Níxer. (Foto: Djibo Issifou / DPA)
star
INTERNACIONAL

O Exército de Níxer advirte de que París prepara unha intervención militar

A Xunta Militar que perpetrou un golpe de Estado contra o Goberno de Níxer, o principal aliado francés na zona e unha peza determinante para a súa seguridade enerxética, alerta dunha próxima intervención militar mentres veta as vendas de uranio a París.
out_28_july_2023_russia_saint_petersburg_general_view_of_the_plenary
star
INTERNACIONAL

África pide a Rusia abordar a fin da guerra en Ucraína

Ao final do cumio Rusia-África, O Cairo solicitou a Moscova que dea un paso adiante para reactivar o acordo de exportación de gran do Mar Negro, mentres distintos líderes destacan as consecuencias negativas do conflito bélico entre Rusia e Ucraína e apuntan á proposta de paz africana como unha potencial solución.
Protesta a quinta feira en Niamey a favor dos militares. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Os golpistas nomean líder en Níxer mentres o país recupera a calma

Os militares suspenden a Constitución e disolven as institucións da Sétima República nixerina, en paralelo, Francia insiste en que aínda non é definitiva a vitoria dos sublevados, no que constituiría o quinto golpe de Estado con éxito en Níxer desde a independencia de Francia.