Afonso Eiré

O xornalista e escritor Afonso Eiré polas rúas de Chantada (Foto: Camilo Lorenzana).
CULTURA

Afonso Eiré: "A emigración non é só a xente que se vai, é un estado tamén dos que quedan"

O xornalista Afonso Eiré vén de presentar a novela Ausentes (Hércules de Edicións, 2022), un relato que tece experiencias e historias de emigración na procura de explicar o drama de tantas familias galegas. A obra serve de desculpa para afondar nun tema pouco tratado en profundidade, como explica o autor en conversa con Nós Diario.