aeroportos

Unha moza agarda no aeroporto de Vigo (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
ECONOMÍA

Os aeroportos galegos fecharon 2023 con 5,91 millóns de pasaxeiras, un 13% máis que antes de pandemia

A terminal de Santiago-Rosalía de Castro creceu o pasado ano até os 3,5 millóns de pasaxeiros

O persoal acusa a compañía de "vulnerar" o dereito á folga. (Foto: Ryanair)
Xustiza

O TSXG ratifica a condena a Ryanair a readmitir unha azafata despedida en Santiago durante a folga de 2022

O alto tribunal entende que a compañía vulnerou o dereito á folga desta traballadora, á que deberá abonar todos os salarios desde o seu despedimento e mais unha indemnización.
Luis Rubiales e a letrada Olga Tubau na Audiencia Nacional (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press).
Caso RFEF

Luis Rubiales, detido á súa chegada a Madrid desde a República Dominicana

O ex dirixente da RFEF chegou esta cuarta feira ao aeroporto Adolfo Suárez, onde foi retido por axentes da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil.
Unha moza agarda no aeroporto de Vigo (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
Agora

Facua critica o Ministerio por fechar expedientes de sanción contra varias aeroliñas

Facua lamentou esta segunda feira que o Ministerio español de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2023 fechase o expediente de sanción aberto o pasado verán a varias aeroliñas que non facilitaban teléfonos gratuítos para atender as persoas usuarias, que quedaron así sen sanción. Neste sentido, o propio Ministerio informou de que chegou a acordos con varias destas aeroliñas e que estas, sinalou, comprometéronse a facilitar este servizo.
Controis de acceso de Air Europa en Peinador. (Foto: Vic - stock.adobe.com)
SOCIAL

Un raio alcanza un avión en plena aterraxe en Vigo

O incidente provocou que se atrasase sete horas a saída do seguinte voo.
Aeroporto de Compostela.
Agora

O aeroporto de Santiago rexistra o mellor dato de pasaxeiros da súa historia en febreiro

O Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro rexistrou o pasado mes de febreiro o mellor dato de pasaxeiros da súa historia nun segundo mes do ano, con 202.439, un 4,1% máis que en febreiro de 2023. Os tres aeródromos galegos rexistraron cifras positivas de viaxeiros en febreiro, co que continúan coa súa senda de crecemento. Máis en concreto, as tres terminais recibiron no segundo mes do ano 373.602 pasaxeiros, un 4,7% máis que en febreiro de 2023, cifras que xa foran récord no seu momento. O Aeroporto da Coruña recibiu 92.396 viaxeiros, un 7,3% máis que hai un ano e un 1,6% máis que en febreiro de 2019, e o de Vigo subiu un 3,4% a súa cifra de pasaxeiros en febreiro, con respecto ao ano anterior, até os 78.767. Con relación aos datos prepandemia, a alza foi de 10,5%.
A terminal 1 do aeroporto de Frankfurt baleira pola folga, hoxe. (Foto: Lando Hass / DPA)
Agora

As folgas en Alemaña baleiran aeroportos e paralizan 80% dos trens de longa distancia

Catro de cada cinco trens de longa distancia en Alemaña quedaron parados hoxe pola folga de maquinistas que se estenderá até a tarde de mañá, e que tamén afectou ao resto dos servizos ferroviarios, para demandar unha suba dos salarios. Coa mesma motivación, a greve do persoal de terra de Lufthansa impactou en tres aeroportos, entre eles o de Frankfurt, o máis transitado do país, causando a cancelación dun millar de voos.

Un avión no aeroporto coruñés de Alvedro. (Foto: Imaxepress)
Agora

O temporal obriga a desviar a Madrid dous voos con destino A Coruña e outro que debía aterrar en Santiago

A borrasca Karlotta, que afecta Galiza desde a madrugada desta quinta feira, provocou varias incidencias no tráfico aéreo nos aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela. En concreto, segundo informaron fontes de Aena citadas pola axencia Europa Press, no caso de Alvedro esta mañá non puideron aterrar dous voos procedentes de Madrid e que, por mor do vento, tiveron que regresar á súa orixe. Do mesmo modo, o vento tamén impediu que aterrase en Santiago de Compostela unha aeronave procedente de Bilbao, que foi desviada tamén a Madrid. O aeroporto de Vigo, polo de agora, opera con normalidade.
Avións estacionados na pista do aeroporto de Madrid-Barajas-Adolfo Suárez. (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press)
star
Análise

Os galegos pagamos Barajas dúas veces

Xosé Antonio Pena Beiroa é economista.
Carro con equipaxe no aeropuerto Internacional de Santiago de Compostela-Rosalía de Castro. (Foto: José R. Pizarro).
SOCIAL

Os aeroportos galegos abeiran os seis millóns de persoas viaxeiras en 2023

Por primeira vez, e de forma conxunta, superaron os datos de persoas usuarias rexistrados antes da pandemia da Covid.
Traballadores do 'handling' de Iberia. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

Folga en Iberia: sindicatos rompen o diálogo e pararán do 5 ao 8 de xaneiro

UXT e CCOO instan Iberia a realizar un ERE se existen excedentes de persoal que supoñan un sobrecusto.

Aeroporto de Peinador, en Vigo (Foto: Pedro Davila / Europa Press).
SOCIAL

Malestar entre os pasaxeiros dun voo Vigo-Madrid que foi cancelado para cederllo ao Sevilla FC

O voo con código IB8869, operado por Air Nostrum e que xa ía saír con atraso cara a Madrid, foi finalmente cedido ao corpo técnico e xogadores do equipo andaluz porque o seu sufrira unha avaría. Finalmente, partiu sobre as 23.30 horas cara á cidade hispalense deixando en terra os pasaxeiros.
Terminal do aeroporto coruñés de Alvedro (Aena)
Agora

Aena gaña 1.139 millóns até setembro 71,3% máis e os seus ingresos crecen 20%

O xestor aeroportuario Aena rexistrou un beneficio neto de 1.139 millóns de euros nos nove primeiros meses do ano (con extraordinarios financeiros) o que supón 71,3% máis que o rexistrado no mesmo período de 2022 (664,7 millóns de euros), e unha cifra similar á rexistrada en 2019 (1.114,2 millóns de euros), segundo informou esta quinta feira a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Os ingresos totais consolidados aumentaron 19,9% fronte a 2022, até os 3.779,1 millóns de euros e as vendas totais das actividades comerciais superan xa os niveis prepandemia 15,6%.

O peirao do Marqués, en Noia, desbordado este sábado. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Estradas cortadas, inundacións, voos cancelados... a borrasca 'Celine' deixa numerosas incidencias na Galiza

As previsións para o domingo non son mellores. Hoxe Santiago volveu ser unha das cidades máis prexudicadas, con varias chamadas de particulares informado sobre todo da presenza de balsas de auga nas estradas.
Militares no exterior do aeroporto de Toulouse-Blagnac, esta cuarta feira. (Foto: Charly Triballeau / AFP / DPA)
INTERNACIONAL

Evacúan ao longo de Francia seis aeroportos por "ameazas de ataque"

Por terceira vez en cinco días o Palacio de Versalles foi desaloxado.
Pista do aeroporto de Alvedro, na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Os tres aeroportos galegos gañaron viaxeiras en agosto

O número de pasaxeiras incrementou 7,2% con respecto a 2022
Duan persoas con equipaxe no aeroporto de Vigo (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
SOCIAL

Consumo abre expediente sancionador a varias aeroliñas por cobraren a equipaxe de man

Segundo Facua, estas prácticas infrinxen o artigo 47 do Texto Refundido da Lei Xeral de para a Defensa de Consumidores e Usuarios e son competencia do Ministerio de Consumo ao amparo do disposto no artigo 52bis apartado 5.
O aeroporto vigués de Peinador (Foto: Europa Press).
Agora

O aeroporto de Vigo xa opera con normalidade tras desviar tres voos por mor da néboa

O aeroporto de Peinador, en Vigo, xa opera con normalidade despois de que, na mañá desta teza feira, tres voos foran desviados ao aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, por baixa visibilidade por mor da néboa. Segundo confirmaron fontes de AENA, os voos, os primeiros en aterrar na cidade olívica, eran procedentes de Barcelona e dous de Madrid. Con todo, a partir das 10 horas desta terza feira a situación restabeleceuse e os voos procedentes de Londres e Tenerife Norte puideron aterrar con normalidade.

Panorámica da AP-9 ao seu paso pola ponte de Rande sobre a ría de Vigo. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

A quen benefician as infraestruturas?

Aleixo Vilas é economista, profesor da especialidade de Formación e Orientación Laboral.

Un Airbus A400M das Forzas Aéreas alemás durante as manobras da OTAN na base aérea de Wunstorf, Hannover. (Foto: Julian Stratenschulte / DPA)
INTERNACIONAL

A maior despregadura de forzas aéreas da OTAN provocará o desvío de 800 voos diarios en Europa

Eurocontrol estima que unhas 300 operacións diarias terán roteiros máis longos por mor destas manobras militares.