AECT Rio Minho

Conclúe en Vigo o II Encontro AECT Ibéricas, organizado pola Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

As AECT reivindican a eliminación de "obstáculos físicos e burocráticos" entre fronteiras e impulsar proxectos comúns

Reivindican o seu papel como institucións "chave" para a cooperación e o desenvolvemento transfronteirizo.
Uxío Benítez, esta sexta feira (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A AECT Rio Minho reclama un tren de proximidade Vigo-Viana do Castelo

Conclúe o Foro de Mobilidade Transfronteiriza.
Un dos pasos transfronteirizos entre a Galiza e Portugal. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

O AECT Rio Minho exixe a Portugal que aclare a situación real da 'raia' fronte á Covid

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Rio Minho vén de reclamar ao ministro da Administración Interna de Portugal unha reunión para que aclare cal é a situación da fronteira entre a Galiza e Portugal. Considera que é “imperioso” aplicar o estatuto das persoas traballadoras transfronteirizas.

Fronteira da ponte internacional Tui-Valença (Foto: Marta Vázquez / Europa Press).
SOCIAL

Preocupación na 'raia' pola decisión portuguesa de pedir test de antíxenos para entrar no seu territorio

O vicedirector Uxío Benítez pide que traballadores e traballadoras transfronteirizas estean exentas de ter que presentar as probas negativas

Cooperación 7 rafa estévez
SOCIAL

Os territorios da Raia piden axudas polos prexuízos que supuxo o feche

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño) e o  Goberno portugués foron os promotores do evento, 'Encontro de cooperación transfronteiriza'.
CULTURMINHO2
CULTURA

Culturminho, o foro da cultura transfronteiriza decorre en maio

Cada sexta feira do mes de maio e até o 18 de xuño decorre o II Foro Culturminho, de cultura transfronteiriza, que se desenvolverá alternativamente nos concellos de Paredes de Coura e O Rosal.
Probas do coronavirus en Portugal. (Foto: Pedro Fiuza / Zuma Press)
SOCIAL

Concellos e Cámaras da 'raia' instan a Xunta a non impedir a mobilidade transfronteiriza

Mentres o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho demanda que se levante o fechamento perimetral para os núcleos con intereses comúns, o Goberno galego xa pediu ao Executivo do Estado español que “garanta” o control na fronteira para evitar que a reapertura de Portugal provoque saídas e entradas inxustificadas na Galiza.

O primeiro ministro portugués, nunha imaxe de arquivo. (Foto:  Pedro Fiuza / Zuma Wire / Dpa)
INTERNACIONAL

O AECT Rio Minho critica Antonio Costa por visitar 'a raia' sen ofrecer compensacións polo fechamento transfronteirizo

O vicedirector do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho, Uxío Benítez, lamentou que o primeiro ministro portugués visitara o entorno do Miño sen chegar con propostas de apertura da fronteira. Ou polo menos ideas para compensar polas perdas económicas derivadas desta clausura temporal de pasos nunha zona que comparte servizos e mercado de traballo, entre outras cuestións.

Imaxe dun acto reivindicativo na fronteira. (Foto: Deputación de Pontevedra)
ECONOMÍA

Centos de usuarias denuncian as colas e o tempo perdido no control de tráfico na "raia"

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Río Minho (AECT Miño) vén de denunciar que nesta terza feira recibiron numerosas chamadas para queixarse da situación -vinculada ás restricións pola Covid-19 no paso transfronteirizo. Desde a organización critican que após meses con esta problemática non exista unha maior previsión.
Un axente da Policía Nacional nun control na fronteira da Ponte Internacional Tui-Valença, o pasado 31 de xaneiro de 2021 (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

Os controis na fronteira con Portugal prorróganse até o 17 de abril

Até o 17 de abril, como mínimo, continuarán os controis na fronteira entre a Galiza e Portugal, segundo a orde publicada este sábado no BOE. 
 
Imaxe dunha das operarias afectada pola situación. (Foto: Deputación de Pontevedra)
TRABALLO

As mulleres que traballan na industria son as máis prexudicadas polo feche da 'raia'

Os datos, que agora fai públicos a Deputación de Pontevedra, foron recollidos pola AECT (Agrupación Europea de Cooperación Territorial) Río Minho coas achegas voluntarias do seu rexistro de afectadas e afectados. Máis do 75% das queixas chegan de persoal de orixe galega.
Confinados no Río Miño (Trailer)
SOCIAL

Confinados no Río Miño (Trailer)

AECT Rio Minho lanza o documental ‘Confinados no río Miño’ para visibilizar o problema do peche da fronteira con Portugal durante a pandemia. A peza recolle testemuñas de persoas afectadas obrigadas a dar rodeos de centros de quilómetros ou que non podían ver á familia

open ther border 2
POLÍTICA

‘Open the border’: os concellos da raia exixen compensacións polas perdas xeradas polo fechamento de fronteiras

 

Alcaldes e alcaldesas galegas e portuguesas protestaron de novo hoxe –por separado ao impedir a GNR e a Garda Civil un acto simbólico conxunto- para criticar “o maltrato de Madrid e Lisboa”

EuropaPress_3575709_jesus_gamallo_reunion (1)
INTERNACIONAL

Simplifican o trámite para obter a obrigatoria 'Guía de Circulação'

Actualmente obtense en liña e ten que renovarse anualmente.
EuropaPress_3541900_frontera_puente_internacional_tui-valenca_cortada_paso_pontevedra_galiciassss
star
SOCIAL

O fechamento das fronteiras duplica os tempos das viaxes

O fechamento das fronteiras terrestres entre a Galiza e Portugal está a causar un gran malestar entre as traballadoras e os traballadores fronteirizos que teñen que gastar máis tempo e diñeiro para poder chegar aos seus empregos do outro lado da raia. Veciñanza e alcaldías dos dous lados do Miño contan a 'Nós Diario' os problemas que se volven repetir despois do fechamento de fronteiras que xa se dera durante a primeira vaga da pandemia.
EuropaPress_3547763_alcalde_tui_enrique_cabaleiro_4i_alcalde_valenca_manuel_lopes_5il
POLÍTICA

Portugal deixa en aberto a ampliación de horarios e número de pasos con Galiza

A AECT Rio Minho acolle con “satisfacción” a posibilidade esbozada polo ministro portugués da Administração Interna, Eduardo Cabrita.

O río Miño marcando a fronteira (AECT).
POLÍTICA

Rio Minho urxe un plan transfronteirizo que unifique criterios de xestión da ‘Rede Natura 2000'

No caso do Miño son varias as administracións (galega, española e portuguesa) que deben interpretar esa lexislación europea de protección o que, na práctica, deriva en criterios diferentes
AECT Río MInho alcaldes e alcaldesas de ambas as beiras do Minho
POLÍTICA

Unha “tarxeta cidadá transfronteiriza” para a veciñanza de ambas beiras do Miño

O director do AECT Rio Minho solicita aos Gobernos “medidas económicas compensatorias” para reactivar o territorio miñoto con fondos europeos, estatais e galegos.