Adif

Entrada aos xulgados nos que decorre o xuíxo do Alvia na Cidade da Cultura en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
VÍDEO | Xuízo do Alvia

Dous pais que perderon o seu fillo denuncian o "escurantismo" das autoridades: "Foi engadir á dor moito sufrimento"

Nova xornada de declaracións de vítimas do descarrilamento do tren Alvia en xullo de 2013. "Prefería non sobrevivir, tería sido moitísimo máis fácil", asegurou outro home, lesionado de gravidade.
Tren na liña Guillarei-Tui, nunha foto de arquivo (Foto: Adif).
TRABALLO

Persoal de Adif convoca folga para os vindeiros días 20 de marzo e 10 de abril

A implantación dunha xornada de 35 horas semanais ou a compensación da perda de poder adquisitivo pola inflación son algunhas das demandas.
Accidente ferroviario de Angrois, en xullo de 2013. (Foto: Europa Press)

#tren #alvia
Xuízo do Alvia

"A sensación de pánico é tan forte que non se vai durante anos"

Prosegue a rolda de declaracións das vítimas e familiares de falecidos no sinistro do tren Alvia de 2013. Un sobrevivente conta que, pouco antes do descarrilamento, moita xente comezou a erguerse. "Estou hoxe aquí porque eu non me levantei", afirma.
O tren Alvia accidentado en Angrois en 2013. (Foto: Europa Press)
Xuízo do Alvia

As vítimas do accidente de Angrois toman a palabra no xuízo: "Haberá sentenza? Por suposto. Xustiza? Dubídoo"

Unha vítima e a súa filla foron as primeiras en declarar esta terza feira, no inicio da fase de responsabilidade civil, ante a xuíza, visibelmente emocionada polo testemuño: "É a primeira e xa estou a chorar".
Andrés Cortabitarte, á súa saída da Cidade da Cultura. (Foto: Arxina)
Xuízo do Alvia

"É imprescindíbel que saia toda a verdade para reparar tanto sufrimento"

As vítimas do accidente do Alvia encaran o inicio da fase de responsabilidade civil do xuízo con "moitas cuestións claras", como que, "alén do maquinista, sempre ten que haber unha segunda barreira de protección".
Primeira sesión do xuízo polo accidente de Angrois. (Europa Press)
Xuízo do Alvia

Vítimas e avogado do maquinista coinciden en ver "claro e meridiano" que Adif non analizou os riscos

O perito maquinista Ángel Sanz Cubero. (Foto: Europa Press)
Xuízo do Alvia

Un perito afirma que a curva de Angrois quedou "espida": "Se se respectase o regulamento, hoxe non estariamos nesta sala"

Ángel Sanz Cubero, maquinista experto en sinalización, asegura que o punto no que descarrilou o tren en 2013 estaba máis seguro coa sinalización anterior á alta velocidade.
Trens afectados con saída desde a estación de Ourense. (Foto: @Nopy99 / Twitter)
SOCIAL

Unha incidencia provoca novos atrasos na liña de tren A Coruña-Ourense

Varios trens afectados a primeira hora desta segunda feira por mor dunha incidencia na infraestrutura que Adif deu por solventada ás 7.25 horas.
Miguel Yunquera, autor dunha peritaxe para o avogado do maquinista no xuízo do Alvia. (Foto: Europa Press)
Xuízo do Alvia

Un perito da defensa afirma que o maquinista foi "autodidacta" e critica "o irregular" da sinalización

O maquinista Miguel Yunquera apunta como causa do accidente á "falta de medidas de control dun posíbel exceso de velocidade á chegada á curva de Angrois", dado que "o maquinista necesita que lle anticipen as cousas, e máis circulando a esta velocidade".
A directora xeral de seguridade, procesos e sistemas corporativos de Adif, Esther Mateo. (Foto: Europa Press)
Xuízo do Alvia

Adif cre que Renfe debía evitar que se "molestase" ao maquinista no que recoñeceu como "punto crítico"

Esther Mateo, directora xeral de Seguridade de Adif, propón unha medida "organizativa" equivalente á que xa existe no sector aeronáutico.
O perito de Adif Antonio Puyol. (Foto: Europa Press)
Xuízo do Alvia

Un perito de Adif culpa o maquinista, "ben pago", porque "debe estar presente e non lendo a prensa"

Antonio Puyol apunta a unha "desatención prolongada" de Francisco Garzón, un dos procesados canda o ex director de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte.
Centos de persoas amoreadas na estación de Arcade, en Soutomaior. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Unha avaría nun tren deixa centos de pasaxeiros en Arcade durante unha hora

Partiu ás 7 horas da Coruña e os pasaxeiros tiveron que baixar no concello de Soutomaior.
Ismael Martín Maldonado, o perito que comparece no xuízo a petición de Adif. (Foto: Europa Press)
Xuízo do Alvia

Adif presenta un informe "que non achega nada" para esclarecer o sinistro e que extrae datos da 'Wikipedia'

Un cargo da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria admite que se producen máis descarrilamentos no Estado español que noutros países europeos da súa contorna, e tamén unha maior mortalidade.
Accidente tren en Lalín (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Exixen máis mantemento nas liñas tras outro descarrilamento en Lalín

O segundo accidente de tren nunha semana na mesma zona, entre Lalín e Silleda, reabriu o debate sobre a falta de mantemento destas liñas ferroviarias. Desde a CXT demandan máis equipos da mesma maneira que xa traballan nas liñas do Eixo Atlántico.  
Os peritos que elaboraron o informe para a aseguradora de Renfe. (Foto: Europa Press)
Xuízo do Alvia

"O accidente de Angrois era 100% previsíbel": dous peritos que investigaron o sinistro cargan contra a xestión de Adif

Frans Heijnen e James Robert Catmur ven "graves deficiencias" na análise de riscos de Adif.
Descarrilamento do tren en Lalín (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Descarrila un tren de mercadorías en Lalín, o segundo nunha semana

A pasada cuarta feira descarrilara outro tren na mesma liña ferroviaria á altura de Silleda.
O enxeñeiro de telecomunicacións César Mariñas, perito xudicial no xuízo do Alvia. (Foto: Europa Press).
Xuízo do Alvia

O terceiro perito xudicial critica Adif no xuízo do Alvia: "Non fixo ningún estudo específico do risco"

Ve "problemas" por compartimentación na empresa pública, que fixo un cambio "radical" e reduciu a seguridade ao desconectar o 'ERTMS'

O perito Juan Carlos Carballeira, declarando esta quinta feira no xuízo do Alvia. (Foto: Europa Press)
Xuízo do Alvia

Un perito xudicial, en contra do argumentario de Adif, apunta que a chamada ao maquinista formulaba "un problema de seguridade"

A chamada do interventor que desconcentrou o maquinista do tren e cuxo contido se consideraba intranscendente puido xerarlle unha "preocupación" en relación a un "problema de seguridade" na estación de Pontedeume, segundo un perito xudicial, que xustifica a duración desa conversa telefónica.
A xuíza, Elena Fernández Currás. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Xuízo do Alvia

"Adif entregou unhas regras de enxeñaría non vixentes", di a defensa do maquinista

A xuíza apuntou que "a primeira mala fe procesual é a da parte que fai este tipo de presentacións nestes termos cando do cuestionamiento das vixencias das transicións xa se falou neste xuízo".
Vista xeral da sala da Cidade da Cultura na que se está a xulgar o accidente do Alvia. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Xuízo do Alvia

Quince peritos comparecerán no xuízo do Alvia como feche da acción penal

O xuízo do accidente do tren Alvia chega á recta final da acción penal coas comparecencias de 15 peritos. A parte civil comezará o 14 de febreiro coas declaracións admitidas de 522 testemuñas.