Sacyr vende a súa participación na empresa matriz da AP-9 por 202 millóns de euros
A operación deixaría Globalvía como minoritario e os fondos Corsair e APG como vencedores na pugna porfacerse co control da xestora da Autoestrada do Atlántico.
Tractores dirixen as súas accións contra Día
Após arrincar acordos a Carrefour, Lidl e Eroski, bloquean o centro loxístico da distribuidora francesa en Compostela.
Galiza súmase á xornada de mobilización xeral contra o TTIP o 18 de abril
Ese día terán liugar accións simultáneas en Europa e América do Norte. Organizacións e entidades como a CIG denuncian o ‘’secretismo’’ e ‘’escurantismo’’ das negociacións. Unhas xornadas de Ecoar debullarán o que supón o tratado.
Teresa Romero enceta accións legais contra a Consellaría de Sanidade de Madrid
A auxiliar de enfermaría exixe responsabilidades pola morte do seu can, Excálibur, e polas declaracións do conselleiro, Javier Rodríguez, a quen pedirán 150 mil euros de indemnización.
Mas avanza que a Generalitat estuda "accións legais" contra o Goberno español
O president de Catalunya asegura que Madrid incorre nun "abuso de poder e de dereito" recorrendo por segunda vez a consulta do 9-N.
Nacionalistas e esquerda estatal dialogan sobre un proceso constituínte na Galiza
Forzas soberanistas e de esquerda mantiveron esta cuarta feira un encontro para analisar a hipótese de lanzar iniciativas políticas conxuntas que aceleren a caída do réxime político no Estado.
A Xunta Xeral de Accionistas de Sermos Galiza reúnese este sábado, o día do segundo aniversario do dixital
O acto coincide co segundo aniversario da saída á rede do diario dixital -que se cumpre este sábado 26 de abril- e servirá para analisar a traxectoria da empresa desde a anterior Xunta xeral e presentar o plano de traballo para 2014
“Galiza sen peaxes”, novas accións do BNG polo “rescate” das autoestradas
Varios actos reivindicativos en distintos puntos da AP-9 esixirán este sábado ao longo do día unha “Galiza sen peaxes”. O BNG reclamará o cumprimento dos compromisos das concesionarias das autoestradas.
Amancio Ortega recibe en dividendos máis do que paga Inditex en impostos
O fundador do imperio téxtil cobrará 894 millóns de euros dos 1.371 millóns que repartirá Inditex entre o seu accionariado.
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto inicia accións cunha manifestación central en marzo
A Plataforma Galega polo dereito ao aborto non parará para conseguir que o anteproxecto de lei presentado polo ministro Gallardón non sexa definitivamente aprobado. Inicia distintas mobilizacións que terán o punto forte nunha manifestación central en marzo en Compostela.
BNG, EH Bildu e ERC acordan accións conxuntas a prol do dereito a decidir
Após unha xornada de traballo realizada en Bilbo, as tres organizacións políticas fixeron público un comunicado de imprensa conxunto en que, din, afondarán na súa relación e explorarán "vías máis efectivas" de colaboración entre as tres nacións para "facer posíbel que o dereito a decidir" e "a defensa dun novo modelo social estean no corazón do debate europeo".
Dúas accións a balón parado acaban co Celta en Getafe
Demasiado fráxil en defensa, especialmente nas xogadas de estratexia, o Celta sumou en Getafe a segunda derrota do curso.
BNG emprenderá accións xudiciais contra o conselleiro de Educación se non retira as súas "inxurias"
Asi o anunciou o portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, após solicitar recurso de amparo á presidenta da Cámara, Pilar Rojo. O Bloque denuncia que Jesús Vázquez acusara aos grupos da oposición e colectivos en defensa do idioma de "apoiar a terroristas".
28.000 [email protected] polas preferentes piden o Fondo de Garantía que merque as súas accións en NGB
Só 2.500 permutaron os produtos por depósitos a longo prazo
Sermos Galiza realizou xunta xeral de accionistas
O accionariado aposta pola consolidación como grupo de comunicación
Os directivos de Inditex embolsarán 91 millóns de euros en accións
A multinacional galega -denunciada por se beneficiar de man de obra barata, até en condicións semi-escravistas en estados como Bangla Desh- premia a súa cúpula directiva cun reparto de 900.000 accións, nun plan de incentivos que decorrerá até 2017.
O BNG pide a reprobación do delegado do Goberno e non desbota accións legais
Xavier Vence e Francisco Jorquera consideran que as declaracións de Samuel Juárez "bordean o legal” e son “impropias” dun cargo institucional. Entenden que se enmarcan na estratexia do PP de “criminalizar” calquera resposta ás políticas do PP. BNG, que non desbota accións legais, pedirá a reprobación do delegado do Goberno na Galiza con senllas iniciativas parlamentares no Parlamento galego e no Congreso. Juárez reiterouse nas súas acusacións
CNMV dá de baixa en Pescanova a dúas firmas que representan o 10% das accións
O supervisor entende que “existen irregularidades” que implican que estas sociedades (unha lusa e outra islandesa) deixen de ser accionistas da pesqueira.
Camiñatas, accións na rúa e 'queimar' a LOMCE nas cacharelas: Galiza rexeita a lei de Wert
A Plataforma galega en defensa do ensino público presentou esta terza feira un calendario de mobilizacións en contra da lei que recibiu o visto e prace no Consello de [email protected] do 17 de Maio e batizada como 'de mellora da calidade educativa'