Aberto o prazo de inscripción para a acampada do Festigal
O Festigal disporá, un ano máis, dunha zona de acampada para dar acubillo a toda a mocidade que acuda a Compostela para ver os concertos do Día da Patria Galega. As persoas interesadas xa poden inscribirse cubrindo o formulario dispoñible na súa web.