A Toxa

Intervención do líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, no Foro 'La Toja' de 2023. (Foto: Agostime / Europa Press)
LINGUA

O Goberno estatal sentencia que a única forma válida e oficial dos topónimos é a galega

O deputado nacionalista Néstor Rego preguntara a Moncloa a raíz de casos como a deturpación anual do topónimo A Toxa.

É A Toxa

A Toxa e o himno galego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a entrevista (Foto: César Arxina / Europa Press).
SOCIAL

Rueda di reivindicar un "galeguismo non nacionalista" mentres lexitima a deturpación do topónimo da Toxa

Rueda participou na inauguración deste evento que decorre até este sábado en Illa da Toxa (O Grove) e que contou coa presenza de Felipe VI; a ministra de Xustiza en funcións, Pilar Llop; o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices; o delegado do Goberno na Galiza, Pedro Blanco; e os ex presidentes Mariano Raxoi e Sebastián Piñera (Chile).
Mobilización da Mesa en defensa do topónimo lexítomo da Toxa (Foto: A Mesa pola Normalización Lingüística).
LINGUA

"En defensa da toponimia galega e oficial": A Mesa mobilízase contra a deturpación do nome da Toxa

A Mesa pola Normalización Lingüística volveu concentrarse outro ano máis no Grove (comarca do Salnés) en defensa do "idioma, da toponimia e da oficialidade". O Foro A Toxa, cuxos organizadores nomean coa forma deturpada 'La Toja', deu comezo onte na Galiza con convidados como o monarca Felipe VI ou Mariano Raxoi.
O rei emérito, Juan Carlos I, saudando a bordo do 'Bribón'. (Foto: José Oliva / Europa Press)
SOCIAL

Juan Carlos I voltará a vindeira a semana a Sanxenxo, a 15 quilómetros de Felipe VI, que estará na Toxa

O rei emérito visitará Galiza por cuarta vez desde que fuxiu aos Emiratos Árabes e coincidirá na comarca do Salnés co seu fillo, o actual xefe do Estado, que participará do acto inaugural do 'Foro La Toja', na illa da Toxa.
O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, durante a súa conferencia no Foro A Toxa (O Grove) o 30 de setembro de 2022 (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
SOCIAL

O quinto Foro A Toxa volve ao Salnés, deturpando o topónimo, con Mariano Raxoi e Sebastián Piñera

O ex presidente Felipe González ausentarase do evento
Intervención do presidente de Hotusa, Amancio López Seijas, no Foro da Toxa do pasado ano. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
ECONOMÍA

A Xustiza embarga unha nova propiedade do Grupo Hotusa, organizador do Foro A Toxa

A reclamación dunha contía que rolda os 20.000 euros en concepto de débedas tradúcese no embargamento dun inmóbel a Dahab Properties, tras a que se atopa Amancio López Seijas, presidente de Hotusa e cabeza visíbel do foro económico e político, cun marcado carácter neoliberal, que cada ano decorre, botando man do topónimo deturpado, na illa da Toxa.
Mobilización en protesta polo uso deturpado do topónimo A Toxa, en 2021. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

TVE defende o uso de 'La Toja' fronte ao topónimo oficial ante a queixa dunha espectadora

A defensora da audiencia da canle pública asegura que nos informativos estatais deben empregar sempre os topónimos en castelán, ignorando a lexislación autonómica e a xurisprudencia do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo ao respecto.
Amancio López Seixas (segundo pola dereita, en primeira fila) na inauguración do Foro A Toxa de 2022. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A xustiza embarga unha sociedade do grupo Hotusa, organizador do Foro A Toxa

A xustiza vén de acordar o embargo do inmóbel do antigo balneario da Toxa. O edificio pertence a unha sociedade do grupo hoteleiro Hotusa, propiedade do empresario Amancio López Seixas, quen precisamente destaca polas súas importantes conexións entre as elites políticas e a súa amizade con Raxoi.

Eles

Mariano Raxoi e Felipe González no Foro A Toxa. (Europa Press)
POLÍTICA

Os ex presidentes españois González e Raxoi comparan Putin cos zares e piden dar asilo á cidadanía rusa

"Se Putin lese ben os zares, falaría francés", bromeou Felipe González.

Caspa, españolismo e machismo na Toxa

Manifestación da Mesa na Toxa. (Foto: Carlos Vieito)
LINGUA

A Mesa mobilízase contra a deturpación do nome da Toxa

O Goberno español intentara evitar a concentración da entidade
Persoeiros participantes no Foro da Toxa. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Felipe VI reivindica a OTAN e que a UE asuma "máis responsabilidades" en defensa durante a apertura do foro da Toxa

O monarca foi o encargado de abrir a cuarta edición do Foro A Toxa-Vínculo Atlántico.
Concentración en defensa da lingua na illa da Toxa decorrida o pasado ano. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

O TSXG dá a razón á Mesa e autoriza a concentración na Toxa contra a deturpación do topónimo

Para prohibir unha concentración "non abonda coa mera sospeita ou posibilidade" de que se vaian producir alteracións de orde pública, lembra na sentenza o tribunal.
Concentración da Mesa no Foro da Toxa de 2021. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

A Mesa recorre perante o TSXG a prohibición da protesta convocada na defensa do topónimo da Toxa

A entidade volve exixir á organización que empregue a única forma do topónimo amparada pola lei, en lingua galega.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

O BNG urxe o Goberno do Estado a rectificar e permitir a mobilización convocada na Toxa en defensa dos dereitos lingüísticos

Tras coñecer a prohibición, por parte da Subdelegación do Goberno, da concentración convocada por A Mesa, o BNG rexistra iniciativas de urxencia exixindo que se garanta o exercicio de dereitos fundamentais como o de manifestación ou expresión

Concentración da Mesa no Foro da Toxa de 2021. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

O Goberno español veta a concentración da Mesa contra a deturpación da Toxa no foro económico

Marcos Maceira asegurou que “[o Executivo español] non quere que se vexa que hai persoas protestando para que se cumpra a legalidade”.
Concentración en defensa da lingua na illa da Toxa decorrida o pasado ano. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

A Mesa impulsa un manifesto para exixir a fin da deturpación do topónimo A Toxa no foro económico

A asociación concentrarase na illa o vindeiro 29 de setembro.