Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A poeta “arrasou os marcos” e “desbotou as imaxes para quedar coas palabras”. “A treboada apoiada no permanente espello”. Transgresora e transcendete. Así é a poeta Xela Arias para a plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que a honrará este ano coa distinción Galega nas Letras.
A plataforma de crítica literaria feminista A Sega e a libraría compostelá Chan da Pólvora, especializada en poesía, organizan o vindeiro 26 de febreiro unha homenaxe á poeta Xela Arias.
O parque da Milagrosa, en Lugo, converteuse no epicentro da actividade da plataforma de crítica literaria A Sega para homenaxear Marica Campo (O Incio, 1948) no V Día das Galegas nas Letras. Un acto lúdico e reivindicativo do papel da muller na literatura.
Nos primeiros meses do 2005 decidimos enviar a novela Donde el aire no era brisa ao X Premio de Novela Corta Manuel Díaz Luís do concello de Monleón, en Salamanca. Cando a miña esposa recibiu a chamada telefónica anunciándolle que resultara gañadora do premio, encheuse de xúbilo. Había moito tempo que non a vía tan leda e axiña comezamos a preparar a viaxe: ela, a súa filla e máis eu.
A plataforma de crítica literaria feminista A Sega organiza este domingo na Fundación Seoane da Coruña unha xornada gratuíta para todos os públicos.
A escritora vén de ser elixida como Señora das Letras 2018, a celebración argallada pola Sega para salientar a figura dunha muller que contribuíse de forma destacada á cultura en xeral e á literatura en particular. Podes ler o manifesto no interior.
A protagonista será Patricia Janeiro, Señora das Letras 2017, e a xornada discorrerá entre roteiros, lectura de manifesto, xantar popular, obradoiros e espectáculos variados.
A escritora compostelá vén de ser elixida como Señora das Letras 2017, a celebración argallada pola Sega para salientar a figura dunha muller que contribuíse "de forma sobranceira" á cultura en xeral e á literatura en particular.
Este ano celébrase a terceira edición do Día das Galegas nas Letras, e a escritora escollida é a viguesa María Xosé Queizán. Incluimos manifesto no interior.