A Limia

O deputado do BNG Mini Rivas durante unha intervención no Parlamento.
POLÍTICA

O BNG critica a xestión ambiental da Xunta na Limia

Interpelada polas zonas contaminadas por nitratos, a Xunta aduce que para proceder a esa declaración "necesítase previamente" unha declaración estatal.
Aspecto do río Limia ao seu paso polo encoro das Conchas. (Foto: Nós Diario)
star
Reportaxes

A ameaza de macrogranxas na Limia

O cambio de ano trouxo unha nova polémica que segue aberta a día de hoxe. A raíz das declaracións que o ministro de consumo Alberto Garzón realizou nunha entrevista ao medio británico The Guardian, na que criticou o modelo de explotación gandeira de carácter intensivo, comunmente coñecido por "macrogranxas", volveuse pór o foco no debate sobre a problemática da dificultade de convivencia entre as granxas industriais e as tradicionais.

Miguel Fernández Grande: fé e Terra

Encoro das Conchas, afectado pola contaminación de nitratos. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

As Conchas, baixo o xugo da contaminación pola proliferación de cianobacterias

O último reconto de cianobacterias no encoro das Conchas, na Limia, confirma unha alta concentración de toxinas que obriga a suspender o baño e as actividades acuáticas en dúas localizacións dos concellos de Bande e Muíños ante a elevada probabilidade de efectos adversos para a saúde.
Imaxe dunha matogueira no monte de Zapeaus, en Rairiz de Veiga, antes dunha roza intensiva no mes de abril.
SOCIAL

Ecoloxistas da Limia e apicultores avalan o valor das matogueiras ante as rozas de Medio Rural

Censuran o negocio das "supostas rozas preventivas" fronte ao lume e pídenlle á Consellaría de Medio Rural que deixe de subvencionar prácticas silvícolas que atentan contra a riqueza do monte galego. O valor das matogueiras debe ser prioritario, advirten.
Portada meridional de Santa María de Zos. (Foto: José Antonio Gil Martínez CC BY 2.0)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: Santa María de Zos

A igrexa de Santa María de Zos (Trasmiras), construída en estilo románico, de finais do século XII, consta dunha soa nave e cabeceira rectangular, destacando na súa fábrica a portada da súa fachada principal, con arquivoltas semicirculares decoradas con motivos xeométricos e vexetais con fortes paralelismos noutras igrexas da zona; o tímpano da porta sur aparece tallado cun singular motivo de entrelazo, de afastada orixe castrexa, sen parangón nas obras románicas coetáneas, só relacionable cos motivos de rodas de radios curvos presentes nas igrexas de Seoane de Oleiros e Santo Tomé de Morgade (Xinzo de Limia).
antela
SOCIAL

A recuperación parcial da lagoa de Antela terá que agardar ao ano 2030

O Ministerio para a Transición Ecolóxica comprométese a restaurar a zona húmida da Limia.
photo_2021-01-14_20-27-342222
SOCIAL

As augas da comarca da Limia, "altamente contaminadas" por nitratos

Ecoloxistas en Acción denuncian a situación das augas da comarca da Limia e esixen á Xunta da Galiza que a declare Zona Vulnerábel aos Nitratos.
388 Andar e Ver
star
Andar e Ver

Da Fírveda ao río Limia

O concello da Porqueira ocupa un estreitamento do val do río Limia, na parte sur da chaira, e elévase cara ao sur, acadando as máximas altitudes no linde cos concellos de Calvos de Randín e Os Blancos. 
Manuel García, terceiro pola esquerda durante unha protesta do Movemento Ecoloxista da Limia (Imaxe: Europa Press).
SOCIAL

Greenpeace denuncia "as prácticas abusivas do Grupo Coren na Limia"

A comarca é un dos puntos da Galiza máis contaminados “por mor da inxente cantidade de residuos xerados pola gandería industrial”.

Mitin falanxista desde o domicilio do alférez Pinel. (Foto: Arquivo Edelmiro Martínez Cerredelo)
Unha aproximación ás vítimas e aos vitimarios

O que fixeron na Limia en xullo e agosto de 1936

O que tiña que ser soamente un golpe militar comezou ás 5 da tarde do 17 de xullo de 1936 en Melilla. Coa proclama que ía asinada polo xeneral Franco; este falido golpe de estado militar deu paso a un enfrontamento fratricida de tres anos. 
9M3A2294-1b 40x26
MEMORIA E HISTORIA

Memoria histórica: homenaxe na Limia a Benito Valencia Bouza e ao Sindicato Campesino de Souto

Manuel García, terceiro pola esquerda durante unha protesta do Movemento Ecoloxista da Limia (Imaxe: Europa Press).
SOCIAL

O activista denunciado por Coren rexeita retractarse e insiste en que hai vertidos "sen ningún tipo de control"

O acto de conciliación, no que a empresa esixiu unha rectificación pública, finalizou sen acordo entre as partes.

 

Manuel García, terceiro pola esquerda durante unha protesta do Movemento Ecoloxista da Limia (Imaxe: Europa Press).
SOCIAL

O activista ecoloxista denunciado polo Grupo Coren: "Rectificar sería unha traizón"

Un integrante do Movemento Ecoloxista da Limia foi denunciado polo Grupo Coren, que o acusa dunha intromisión ao honor por unhas declaracións nun programa de televisión. Este colectivo denuncia desde hai anos o impacto negativo da gandaría intensiva na comarca e a contaminación que provocou nas augas. 
A Sociedade Galega de Historia Natural liga a presión da industria gandeira á contaminación das augas (Imaxe: Agostiño Iglesias)
Niveis de nitrato por riba do límite legal

As augas da Limia, con altos niveis de contaminación

A Sociedade Galega de Historia Natural publica os datos de análises realizadas nos últimos cinco anos nos sistemas de abastecemento da chaira da Limia. Algúns dos puntos exceden o "límite legal" de nitratos.
A paisaxe da Limia, tras as chuvias, recuperou durante uns instantes a súa lagoa (Imaxe: CRTVG)
SOCIAL

A lagoa de Antela revive coa chuvia

Tras as fortes chuvias das borrascas Elsa e Fabien emerxeu na Limia a lagoa de Antela, secada durante a ditadura.
IMG_20191122_131912508
Denúnciano ecoloxistas da Limia

Mato de gran valor ecolóxico, vítima de rozas "masivas e incontroladas" para previr incendios forestais

O Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) critica a actuación interesada e descontrolada das empresas forestais que prestan os seus servizos ás xuntas veciñais. Segundo relata, levan meses arrasando o mato baixo que cobre os montes de Calvos de Randín, Bande e Xunqueira de Ambía, ecosistemas propios de alto valor ecolóxico.
Manuel Rivero (2) antropólogo e sociólogo. Memoria do Encoro das Conchas na Baixa Limia
Manuel Rivero, investigador

“Aquel drama do encoro parou o tempo”

Manuel Rivero (Vilela, Bande, 1953) é licenciado en Antropoloxía, Ciencias Políticas, Psicoloxía e Socioloxía. Traballou na banca comercial como especialista en recursos humanos. Desde sempre mantivo a curiosidade pola memoria e a historia daquel val asolagado que miraba desde a aldea, a cola do encoro. Onte sábado, en Muíños, ofreceu unha charla sobre As Conchas no setenta aniversario da inauguración (por Franco) do pantano. Mais a historia das Conchas empeza antes, conta, e cando menos, ten cen anos.

Elvira Lama (PSOE), alcaldesa de Xinzo de Limia.
Elvira Lama, acaldesa de Xinzo de Limia

“A magnitude do problema dos xurros está aí e a saúde das persoas é prioritaria”

Elvira Lama (Xinzo de Limia, 1963) é licenciada en Xeografía e Historia pola USC. A alcaldesa de Xinzo, a primeira muller, entrou na corporación por vez primeira en 2003 co PSOE. Leva apenas catro meses no cargo xestionando a pesada herdanza de dezaseis anos do PP, mais o asunto que a ten preocupada é outra cuestión que ten a ver co desleixo de todas as Administracións por riba da local: a contaminación en augas subterráneas e superficiais, empezando polo río Limia. 
mALAS AUGAS lIMIA
SOCIAL

A Xunta alega en contra da declaración de augas vulnerábeis en catro puntos da Limia

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias di no Parlamento respecto da “posíbel contaminación” das augas na Limia que gandeiros e agricultores “non son os únicos responsábeis da problemática”.