Covid-19

Koldo García e José Luis Ábalos, chegando ao Congreso en xaneiro de 2020. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
Xustiza

O ex asesor de Ábalos négase a declarar ante o xuíz polas presuntas 'mordidas' en contratos que superan os 50 millóns

Koldo García e outras 13 persoas foron detidas esta terza feira pola presunta comisión dos delitos de organización criminal, tráfico de influencias e suborno derivados da compra de material durante a pandemia da Covid-19.
Koldo García e José Luis Ábalos, chegando ao Congreso en xaneiro de 2020. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
POLÍTICA

Detido o asesor Koldo García, 'man dereita' do ex ministro Ábalos, por presuntas 'mordidas' en contratos durante a pandemia

O asesor foi nomeado por Ábalos conselleiro de Renfe Mercadorías, entre outros cargos, unha das empresas que dependen do Ministerio de Transportes e cuxos contratos durante a pandemia son obxecto agora de investigación polas presuntas mordidas que cobrarían algúns intermediarios.
A profesora de Economía Aplicada da USC e colaboradora de 'Nós Diario' Carmela S. Carreira. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Carmela Sánchez Carreira: "Os grupos máis vulnerábeis son os que máis sufriron os efectos da Covid"

Carmela Sánchez Carreira asina xunto a José Manuel Amoedo o traballo de investigación 'Os efectos iniciais da Covid-19 nas desigualdades de renda na Galiza e a súa distribución na sociedade', galardoado co Premio Valentín Paz Andrade de Economía; un traballo con implicacións políticas e sociais que  achega coñecemento ás políticas públicas.
A máscara, obrigatoria en servizos de urxencia. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Xunta limita o uso obrigatorio de máscara aos servizos de urxencia

A partir da vindeira terza feira a máscara deixará de ser obrigatoria en hospitais e centros de saúde.
Entrega do Premio Paz Andrade. (Foto: Santi Alvite)
Investigación

Sánchez-Carreira e Amoedo reciben o Premio Paz Andrade polo estudo que evidencia como a Covid-19 incrementou a desigualdade

Este galardón que recoñece a investigación en economía distingue un traballo de José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira no que se constata unha “fenda xeracional” na distribución da renda que afecta ás persoas menores de 35 anos.

'Por que chegou a tripledemia?', por Francisco Peña

A ministra de Sanidade, Mónica García, hoxe, en rolda de prensa. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
Sanidade

O Ministerio flexibiliza a obrigatoriedade da máscara e elimina a proposta da 'autobaixa'

A obrigatoriedade das máscaras en centros sanitarios será de carácter "indefinido" e poderá pasar a ser "recomendación" naquelas comunidades que presenten datos de descenso nas dúas últimas semanas de infeccións respiratorias agudas.
Unha muller vacinouse no Instituto Feiral de Vigo o 26 de outubro. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
Agora

Sanidade amplía por segunda vez a campaña de vacinación contra os virus de gripe e da Covid

A Consellaría de Sanidade acordou unha segunda ampliación, até o 26 de xaneiro, da campaña de vacinación contra a gripe e a Covid-19, que estaba prevista para concluír o día 12. Desta maneira, o sistema de autocita permanecerá habilitado tanto para as persoas de entre 12 e 59 anos que presenten algunha condición de risco, como aquelas de 60 e máis anos e de entre 6 meses e os 11 anos. As persoas que só queiran recibir a vacina da gripe poden solicitala nos seus centros de saúde. 
Corredor das Urxencias do CHUS. (Foto Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS)
Sanidade pública

Continúa o colapso nas Urxencias do CHUS pese baixar a demanda

Sanidade amplía de novo a campaña de vacinación.
A vacinación contra a gripe e a Covid segue a ser chave no primeiro outono-inverno sen restricións. (Foto: María José López / Europa Press).
SOCIAL

O DEBATE | Debería ser obrigatorio vacinarse nas vagas de virus contaxiosos ou perigosos?

A vacinación non é obrigatoria mais hai voces que optan porque, en determinados casos, si o sexa. Algo no que existe discrepancia.
SOCIAL

ENQUISA | Cres que a máscara debe ser obrigatoria en determinados casos?

A ministra de Sanidade, Mónica García, recomendou esta sexta feira "levar sempre a man unha máscara nestas datas", sobre todo en situacións de aglomeracións en interiores e, "moi especialmente", nos hospitais, centros de saúde e residencias de maiores, ante a repunta de casos de infeccións por virus respiratorios.

E ti, que opinas? Debe ser obrigatoria de novo a máscara en determinadas circunstancias?

máscara farmacia (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
Saúde

Volve a máscara: o Ministerio chama a "levala sempre enriba" e usala en aglomeracións, centros sanitarios e residencias

"Apelamos ao sentido común ese mesmo espírito resiliente demostrado durante a pandemia", di a ministra Mónica García. No País Valencià xa volve ser obrigatoria a máscara nos hospitais.
Pacientes amoreados nos corredores de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago. (Foto: Asociación de Pacientes do CHUS)
VÍDEO

Pacientes amoreados nos corredores nun novo colapso das Urxencias do CHUS

Nos hospitais públicos galegos atendéronse 2.898 urxencias de adultos nas últimas 24 horas, das que 19,4% derivaron en ingresos en planta.
Paxlovid está dirixido a persoas cunha sintomatoloxía aguda da Covid-19. (Foto: C. Luján. POOL / Europa Press).
Saúde

Paxlovid, o tratamento oral de Pfizer para a Covid-19 que finalmente non se usou e que causou perdas milmillonarias

Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia e o Estado español foron os países que máis desperdiciaron este fármaco ao ser a súa prescrición e consumo moito menores do esperado. Até 3,1 millóns de doses caducarán a finais de febreiro.
Os sinais do último ano e medio levan a unha ralentización na economía galega (Foto: Arxina).
star
Análise

A Galiza post-Covid

Adrián Dios é profesor de Historia Económica na USC.
Unha muller colocaunha máscara. (Imaxe: Iñaki Berasaluce / Europa Press)
SOCIAL

Volve a máscara: Estes son os lugares nos cales será preciso volver colocala

“Faise necesario reforzar as medidas de prevención nos centros sanitarios entre as cales está o uso da máscara", salientan desde a Dirección Xeral de Saúde Pública.
A poboación xeral xa pode vacinarse contra a gripe e a Covid-19. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Sanidade chama a poboación galega a se vacinar contra a gripe e a Covid-19

Tanto as persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 59 anos -con algunha condición de risco-, como as persoas de 60 e máis anos, poden facer uso do sistema de autocita para seren vacinadas no seu hospital de referencia.

Prohibido ter gripe

Infeccións respiratorias

Colapso esta terza feira no CHUS (Foto: Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS).
star
Sanidade pública

"Non damos feito": a vaga de infeccións respiratorias satura un sistema sanitario feble após anos de recortes

A combinación da vaga de infeccións respiratorias propia desta época e a falta de recursos e dun plan de continxencias satura Atención Primaria e sitúa Urxencias ao bordo do colapso, segundo denuncian usuarios e profesionais. E o pico desta vaga aínda está por chegar.