Opinión

Galeano: o deus dos idiotas

A cousa máis fantástica que se contou, co gallo da morte de Eduardo Galeano, está no seu suposto arrepentimento do escrito en Las venas abiertas de América Latina.

A cousa máis fantástica que se contou, co gallo da morte de Eduardo Galeano, está no seu suposto arrepentimento do escrito en Las venas abiertas de América Latina. Esta «nova bomba» vén do xornalista cubano-estadounidense Carlos Montaner que, xunto ao fillo de Mario Vargas Llosa, Álvaro, e o escritor colombiano Plinio Apuleyo Mendoza, escribiron aquel triste ensaio Manual del perfecto idiota latinoamericano.

"Obama, se cadra, pareceulle unha ofensa que lle regalasen Las venas abiertas de América Latina, xa que é a «biblia dos idiotas». Los cuadernos de don Rigoberto é máis entretido e está escrito por un Nobel".

A biblia do idiota era, segundo estes tres homes de letras, o famoso libro de Galeano. O terceiro capítulo do Manual titulábase La biblia del idiota e, en palabras de Montaner, «está dedicado a explicar lo que ahora confirma el propio Galeano: que su autor sabe muy poco de economía, y lo poco que cree saber es totalmente erróneo».

Esa aseveración de Montaner tamén é aplicábel a todos os economistas e ministros de economía do  mundo occidental (o outro non chega nin a mundo) se nos atemos as súas previsións, receitas e políticas.

Las venas abiertas de América Latina non é un libro de economía, ciencia por certo inexistente durante a conquista de América, senón unha narración de feitos históricos nunca antes escritos. 

Latinoamérica non precisa definir a súa miseria, dependencia, explotación ou exclusión histórica que se define como periférica, como se esa periferia fose inventada. O mellor exemplo da existencia desa periferia témolo hoxe nos países mediterráneos e balcánicos e na súa relación de servidume na Unión Europea.

A Obama, se cadra, pareceulle unha ofensa que lle regalasen Las venas abiertas de América Latina, xa que é a «biblia dos idiotas». Los cuadernos de don Rigoberto é máis entretido e está escrito por un Nobel.

Comentarios