Opinión

Flagrante Rivera

Albert Rivera non precisa demostración, por iso é tan flagrante. Os seus xuízos son, parafraseando a Castelao, palabras coma chumbos. Decidiu ir a Venezuela para, en palabras de Cristina y los Stop (1967) dar «salud, dinero y amor… y gracias a dios».

Cando chegou a Caracas, declarou colaborar coa democracia (opositora), ofrecerse a un diálogo construtivo (coa oposición), a que non haxa presos (da oposición) e tamén para rematar coa escaseza de «alimentos, menciñas e a crise humanitaria». Despois virían máis «ofrecementos» e declaracións apoloxéticas dos opositores presos.

Comparou o chavismo con ETA (faltaría máis) cando asegurou que «a dignidade das mulleres dos presos (da oposición, supoño) lembra as vítimas de ETA»

A cereixa da torta foi que, en 48 horas de viaxe, xa tiña unha visión clara do que acontecía no país. Sen querer querendo, «repetiu» o que lle «contaban» os políticos opositores venezuelanos sobre Podemos e o chavismo, é dicir, que son o mesmo.

Comparou o chavismo con ETA (faltaría máis) cando asegurou que «a dignidade das mulleres dos presos (da oposición, supoño) lembra as vítimas de ETA». Falou das torturas e do maltrato que sofren os presos (da oposición, supoño) e, unha vez paseado e feitas as declaracións esperadas, colleu o avión de volta.

Os actuais monicreques, valedores da democracia venezuelana, non apareceron por ningures en abril de 2002… agora braman por unha «democracia» á súa medida.

Comentarios