Opinión

FIFA

A renuncia do presidente da FIFA, Joseph Blatter,  é un acontecemento mundial que diría Leire Pajín. Acabo de decatarme pola cobertura e o tempo que lle dedican todas as canles de noticias internacionais, xornais e outros medios.

A renuncia do presidente da FIFA, Joseph Blatter,  é un acontecemento mundial que diría Leire Pajín. Acabo de decatarme pola cobertura e o tempo que lle dedican todas as canles de noticias internacionais, xornais e outros medios. Raros países onde o fútbol non é nin fútbol  (en Estados Unidos chámanlle soccer) polo seu baixo interese e pola preeminencia doutros deportes enchen as pantallas da historia da renuncia e da detención previa en Zürich de varios dirixentes da FIFA, por corrupción.

"A FIFA reflicte á perfección o espírito do noso tempo. O boato, o diñeiro e o poder de institucións alleas ao control da xente que mobiliza vontades e non atende nin entende de dereitos nin de xustiza".

A FIFA reflicte á perfección o espírito do noso tempo. O boato, o diñeiro e o poder de institucións alleas ao control da xente que mobiliza vontades e non atende nin entende de dereitos nin de xustiza.

Son benvidos ditadores e torturadores que queiran lavar a imaxe. Amaños con xeques e cristiáns e millóns sen control. Blatter era recibido como un xefe de Estado. A organización que presidía move máis diñeiro que moitos países do mundo e a realización ou non dun Mundial pode significar a vida ou morte de moitos seres humanos.

Valedor de situacións esperpénticas, como o si á selección de fútbol de Xibraltar e o non á catalá e á vasca (a galega xa nin o non), sempre soubo moverse silandeiramente levantando e enterrando todas as sospeitas de corrupción que o sinalaban a el e a FIFA.

Dicíalle eu a un amigo colombiano, adicto ás apostas hípicas, que deixara de apostar pois as carreiras estaban amañadas. Desde logo que están amañadas, dicíame, por iso xogo.

Así acontece coa FIFA. A súa «graza» reside na súa falcatruada e todos os seus membros son, uns máis e outros menos, uns trampóns.

Comentarios