Opinión

España: historia negra

Como un «fenómeno editorial» foi cualificado Imperofobia y leyenda negra, de María Elvira Roca. Nunha entrevista no suplemento Fugas, La Voz de Galicia 9/7/2017, a autora asegura que a lenda negra non é outra cousa que os ataques externos contra o imperio español, tal e como se fai hoxe contra Estados Unidos.

Un complot de inmensas proporcións que empeza co "vergonzoso texto de Bartolomé de las Casas, que aún hoy tenemos que refutar, cuando sabemos que es una creación de Guillermo de Orange, que utiliza su libro para una gran campaña propagandística contra España. De las Casas es como Chomsky, que no es nada como filósofo, como lingüista es menos y su fama se debe a ser el Pepito Grillo del imperio norteamericano"…. asegura a autora María Elvira Roca.

Xenocidio de América

O xenocidio de América, segundo a autora, aínda hoxe lastra a historia de España. …"es una creación de Guillermo de Orange, que 25 años después de su publicación utiliza los textos de Bartolomé de las Casas y añade los atroces grabados de De Bry…Lo cierto es que no se sabe cuánta gente murió porque no había ningún censo. En América hubo epidemias devastadoras, pero la Corona tomó medidas…Toda conquista lleva aparejada alguna violencia, pero los españoles eran muy pocos y tuvieron que pactar con los pueblos indígenas… Esos pactos los hubo en toda América y se mantuvieron durante 300 años de paz".

O certo é que a tal lenda negra é máis ben a historia negra da coroa castelá, nun principio, e da española despois. Non é unha lenda, senón a verdade histórica que a chegada dos españois trouxo a desaparición mediante a violencia ou o traballo de millóns de seres humanos e dos seus gobernantes. Así o asumen todas as repúblicas latinoamericanas na súa historia menos España, que nun se sentiu afectada por esa verdade histórica, desprezando as repúblicas independentes como Estados inferiores, e pretendeu celebrar fastosamente o V Centenario da chegada de Colón a América.

Non é unha lenda, senón a verdade histórica que a chegada dos españois trouxo a desaparición mediante a violencia ou o traballo de millóns de seres humanos e dos seus gobernantes

 

Cómpre achegarse a Las venas abiertas de América Latina e abrir calquera páxina ao chou: "Aos conquistadores e colonizadores encomendábanselles indíxenas para os catequizaren. Pero como os indíxenas debían ao encomendeiro servizos persoais e tributos económicos, non era moito o tempo que quedaba para introducilos no cristián camiño da salvación. En recompensa aos seus servizos, Hernán Cortés recibiu vinte e tres mil vasalos; repartíanse os indios asemade que terras mediante mercés reais ou obtíñanse polo roubo directo. Desde 1536 os indios eran outorgados en encomenda, xunto coa súa descendencia, polo termo de dúas vidas: a do encomendeiro e a do seu herdeiro inmediato; desde 1629 o réxime foi estendéndose, na práctica. Vendíanse as terras cos indios dentro. No século XVIII, os indios, os sobreviventes, aseguraban a vida cómoda de moitas xeracións por vir" (2).

A conquista rompeu os alicerces daquelas civilizacións (azteca e inca). Peores consecuencias que o sangue e o lume da guerra tivo a implantación dunha economía mineira. As minas esixían grandes desprazamentos da poboación e desartellaban as unidades agrícolas comunitarias; non só extinguían vidas innumerábeis a través do traballo forzado, senón que, ademais, indirectamente, abatían o sistema colectivo de cultivos. Os indíxenas eran conducidos aos foxos, sometidos á servidume dos encomendeiros e obrigados a entregar por nada as terras que obrigatoriamente deixaban ou descoidaban. Na costa do Pacífico os españois destruíron ou deixaron extinguir os enormes cultivos de millo, iuca, feixóns, pallares, cacahuete, pataca doce; o deserto devorou axiña grandes extensións de terra que recibiran vida da rede incaica de irrigación. Catro séculos e medio despois da conquista só quedan rochas e matogueiras".

Descoñezo que lenda negra, que complot antiespañol pretende demostrar a autora. Sobre todo cando o español foi un pobo con "pensadores" afoutos da súa ignorancia. Cando Unamuno propuxo o "que inventen ellos" proseguía cunha cumprida tradición de pensamento produtivo baseado nas rendas, no traballo alleo, e en pasar a tarde no café no faladoiro, unha sociedade aburguesada, parasitaria que hoxe podemos ver de perto na clase política española, na súa chulería, prepotencia e falta de ética.


 

Leituras recomendas:

Eduardo Galeano, Las venas abiertas de América Latina, Ediciones El Chanchito, Montevideo, agosto, 1988.

J.M. Ots Capdequí, El Estado español en las Indias, México, 1941.

Comentarios