Opinión

Escaseza

Se o Estado español, e moitos dos europeos, son febles e están indefensos ante as agresións do capital, que podemos dicir de Estados coma Arxentina, Bolivia, Cuba, Brasil ou Venezuela?


Se o Estado español, e moitos dos europeos, son febles e están indefensos ante as agresións do capital, que podemos dicir de Estados coma Arxentina, Bolivia, Cuba, Brasil ou Venezuela?

Artellar unha situación de escaseza en Estados con pouca ou escasa produción é cousa doada. En Venezuela, por poñer un exemplo, só hai dúas marcas de cervexa e dúas de tabaco, dúas de leite, dúas de iogures, etc…  todas en mans privadas. Se a situación é así nos produtos máis consumidos, de primeira necesidade, que podemos esperar dos outros para os que non hai produtor senón un único importador?

"En Venezuela, por poñer un exemplo, só hai dúas marcas de cervexa e dúas de tabaco, dúas de leite, dúas de iogures, etc…  todas en mans privadas".

Abonda que unha das produtoras, ou a importadora, pare para que haxa escaseza. Se levamos iso a todos os produtos e a unha situación de cártel, que así funciona a oposición empresarial venezuelana, teremos a situación ideal para crear un estado de caos e desánimo entre a poboación. 

Así, pola escaseza de produtos de primeira necesidade, xustificaron o golpe e asasinato de Pinochet en Chile. De nada serve que 20 ou 30 anos despois soubésemos a verdade. Pinochet está morto e a oportunidade histórica do pobo chileno perdida nun país que na actualidade non ten seguranza social nin ensino público universal e de calidade.

"A batalla que o goberno venezuelano libra contra os intereses foráneos disfrazados de nacionais desde 1998 é única na historia".

Foi na Caracas dos 90, nunha das súas reiteradas visitas, cando ouvín a  Felipe González asegurar que «o Estado non estaba para fabricar pantalóns vaqueiros»; eu engadiría que tampouco iogures, nin leite nin papel hixiénico.

A batalla que o goberno venezuelano libra contra os intereses foráneos disfrazados de nacionais desde 1998 é única na historia. Se estivésemos na década dos setenta abondaría cun golpe de Estado… xustificado pola intento do Estado de «matar de fame a cidadanía » pero hoxe cóidanse moito as formas, aínda que non o contido.

Comentarios