Opinión

A demanda de mercado

No Congreso anual de la Confederación Española de Directivos y Ejecutivos (CEDE),

No Congreso anual de la Confederación Española de Directivos y Ejecutivos (CEDE), levado a cabo na Coruña baixo o título Valores del directivo para una agenda global, despacháronse ao seu gusto Isidro Fainé (Caixabank), César Alierta (Telefónica), Pablo Isla (Inditex) e a segunda maior fortuna do mundo, Carlos Slim.

Destes catro só Slim é un home feito por si mesmo... os outros son simples empregados vidos a máis. Entre os poñentes do primeiro día, e para decatarnos do nivel de ideas de tan brillantes executivos, estaba Amparo Moraleda, ex presidenta e responsábel da fundación IBM, quen declarou que:  «España nunca progresará realmente mentres non abordemos o problema do noso sistema educativo. É urxente acometer unha reforma estrutural que adecúe as capacidades ensinadas á demanda do mercado».

Esa «adecuación do ensino» ás necesidades do mercado é a que aplicaron os enxeñeiros alemáns trucando os motores de varios millóns de Volkswagen

Pouco aprendeu Moraleda e os empresarios corifeos que en pleno 2015 non se decatan que esa «adecuación do ensino» ás necesidades do mercado é a que aplicaron os enxeñeiros alemáns trucando os motores de varios millóns de Volkswagen; gañaba millóns a compañía alemá, gañaban os compradores con máis prestacións, máis potencia, máis velocidade nos seus automóbiles... iso si, a custa da destrución da confianza na boa fe, no compromiso, nos valores humanos trasladados á produción e non dos requirimentos de mercado convertidos en valores que pouco saben de valores, senón mais ben de intereses.
 

Comentarios