Opinión

Conselleiro Jesús Vázquez: a «banalidade» do mal

Camiñando polos arredores do edificio da Xunta en  San Caetano, vexo o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, falando con outra persoa. Penso «vou achegarme a ver en que fala», pero ese «experimento» non deixa de ser banal, pois aínda que non sabemos en que lingua falan, en privado, os conselleiros, o presidente, os secretarios xerais... da Xunta, estamos seguros, nun 99,99%, de que o fan en español.

Camiñando polos arredores do edificio da Xunta en  San Caetano, vexo o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, falando con outra persoa. Penso «vou achegarme a ver en que fala», pero ese «experimento» non deixa de ser banal, pois aínda que non sabemos en que lingua falan, en privado, os conselleiros, o presidente, os secretarios xerais... da Xunta, estamos seguros, nun 99,99%, de que o fan en español.

"Neste «experimento» meu co conselleiro Jesús Vázquez ese foi o esperado resultado: o conselleiro falaba en español". 

Neste «experimento» meu co conselleiro Jesús Vázquez ese foi o esperado resultado: o conselleiro falaba en español. 

Velaí as «asisadas» columnas dos nosos ex presidentes autonómicos, incluídas as de Gerardo (non Xerardo, que así non asina nunca) e as de Laxe e Touriño, todas en correcto castelán. A Laxe, que é veciño meu na Coruña, sempre o escoito falar castelán, pero iso non é tan abraiante coma que outro veciño meu, o anterior presidente da Real Academia Galega, fala normalmente en castelán na súa vida coruñesa diaria.

O galego fica reducido a un uso ritual, e agora cos «pimpíns» da Xunta (funcionarios-doutores vestidos á moda) fica reducido a un uso residual.

"O galego fica reducido a un uso ritual, e agora cos «pimpíns» da Xunta (fica reducido a un uso residual".

As explicacións da consulta aos pais para «coñecer» o uso da lingua materna por parte do conselleiro de Educación Jesús Vázquez son coma o «experimento» de saber na lingua na que falan os cargos políticos da Xunta do Partido Popular (PP). Unha vez tras outra  Núñez Feijoo lanza o seu dardo ao BNG dicindo que en ningún partido se fala máis galego ca no PP. Media verdade, pois en ningún partido, coa excepción se cadra do PSOE, se fala máis español que no PP. Pero o problema é que sabemos as respostas antes de formular as preguntas. Adobiadas de legalidade, sabemos o 100% o modelo de sociedade que quere o PP para Galiza, para o Estado e para o mundo. Acabar paseniñamente co galego, reducir o ensino das masas a un nivel básico. O Estado e a Administración, ao servizo dos poderosos, do ensino privado. A xudicatura, un tentáculo do poder, e a oposición política, cultural e social, satélites de, ou directamente, grupos terroristas.

Por iso ler unha entrevista ao conselleiro Jesús Vázquez, ou a calquera membro do Goberno galego, non deixa de ser un «experimento» que parte duna premisa falsa: el mesmo.

Comentarios